Entre os obxectivos previstos para este ano, a Asociación Codeseda Viva ten programada a creación de contidos de promoción enfocados á posta en valor do importante patrimonio artístico e paisaxístico da parroquia e tamén, por suposto, para a súa dinamización.
O primeiro destes contidos foi a preparación dun puzzle de 1000 pezas, para o que barallaron diferentes motivos, entre os que finalmente escolleron, pola súa potencia, unha imaxe da parte posterior do conxunto eclesial tomada dende o antigo camiño que accedía dende o lugar de Barro e que corresponde á primeira impresión que terían os peregrinos xacobeos ó entrar en A Sagrada.Leer más