Cando pensamos en poboados castrexos os primeiros que nos veñen á cabeza son aqueles que xa están consolidados como recursos turísticos, como poden ser estes tres:
Santa Tegra en A Guarda, que é un dos máis grandes e mellor conservados, con unhas impresionantes vistas da desembocadura do río Miño, xusto no límite entre España y Portugal.
O Castro de Baroña, situado na Punta do Castro, unha pequena península que se adentra no mar no concello de Porto do Son (A Coruña).
Castro de Viladonga, ubicado cerca da cidade de Lugo, é un dos máis espectaculares e mellor conservados de toda Galicia. Conta cun museo propio na que gardan moitas das pezas atopadas e as máis importantes están depositadas no Museo Provincial de Lugo.
En A Estrada, ademais dos da nosa parroquia dos que falamos máis adiante, temos outros que tamén parecen ser moi interesantes. Un dos máis destacados é o Castro de Barbude.
Moitos destes vestixios da cultura celta estiveron en uso durante máis de mil anos, entre os séculos VIII a.C. ata o V d.C.
En toda Galicia hai centos de castros ó descuberto e miles aínda sen descubrir ou desenterrar. Dise que, de media, en cada parroquia galega hai un castro, así que xa vos podedes imaxinar a cantidade total que nos podemos atopar.
Os castros máis antigos (800-400 a.C) están situados en lugares altos, son pequenos e teñen uns sistemas defensivos simples.
Os da época intermedia (400-60 a.C.) están situados en lugares un máis baixos e cerca de terreos fértiles, sobre os que manteñen un control visual. Os seus sistemas defensivos son máis complexos e os recintos xa presentan certa distribución urbanística.
Os poboados que van quedando habitados durante a romanización están en terreos baixos, con diversas liñas de murallas defensivas e varias portas de acceso. Teñen un urbanismo definido, con rúas , espazos públicos e áreas privadas. As casas agrúpanse en barrios.
Tres castros en Codeseda
Na nosa parroquia temos a sorte de contar con tres castros:
- O Castro das Cercas, tamén coñecido como Castro das Quintas, Castro do Carballiño ou A Eira dos Mouros e inventariado coa referencia GA36017018.
Está formado por un terreo llano, duns 100 metros de diámetro, que queda elevado uns 5 metros sobre un anel exterior que facía a función de foso defensivo.
Está situado entre o cauce dos regatos das Quintas e Fontefría, o que lle serviría ós poboadores para estar protexidos polo gran desnivel existente e abastecerse de agua.
Desde a parte baixa exterior aínda son visibles os restos da muralla de pedra, que parece ter polo menos un metro de espesor.
No seu contorno foron encontrados restos dun muíño de man romano, un petroglifo, dúas machadas e dous puñais de bronce datados sobre os anos 1500 o 1400 a. C.
- O Castro de Trocastrello ubicado nas proximidades do pobo de Entrecastrelo (Ribela), parece estar configurado por tres recintos escalonados, con dúas murallas defensivas e un foso. Ó estar situado no punto limítrofe entre as parroquias de Codeseda, Ribela e Parada, é frecuente que os veciños de cada unha das parroquias citadas o anoten coma seu, pero os mapas oficiais da Xunta de Galicia (e varios documentos máis) ubícano en terreos de Codeseda.
Este castro, rexistrado coa referencia GA36017038, é coñecido por varios nomes como Castro de Ribela, Castro de Entrecastrelo, Casto de Parada ou Castro da Eira dos Mouros.
- O Castro do Outeiro Grande en Marcenlos, está separado do Castro de Trocastello polo río Umia.
Aparece citado na bibliografía de Bouza Brei e, debido á gran cantidade de vexetación que o rodea, nos últimos años ninguén accedeu a el para desvelarnos os seus segredos.
Fonte das imaxes: Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e elaboración propia.