Nado ó día 19 de abril de 1953 no lugar de Fontenlo.
Fillo do Garda Forestal Luís Manuel Ferro Cortes e de Manuela Pego Gómez, foi bautizado na igrexa parroquial de San Xurxo de Codeseda, sendo os padriños Jaime Rodríguez Cabada e Casilda Pego Gómez.
Fixo a comunión e confirmación na devandita igrexa.
Contrae esponsais na igrexa parroquial de San Martín de Luiña-Cudillero, Asturias, o día 9 de maio de 1976, con María Ángeles García Menéndez, filla de Iluminado García González e de Leonor Menéndez Rubio.
Teñen dous Fillos, Luís Ferro García, que segue a tradición do pai, Garda Civil, Guía de Explosivos destinado na Comandancia da Garda Civil de Almería, e Carolina Ferro García, que exerce de Traballadora Social no concello de Sanxenxo. Esta última fixos avós dándolle un precioso neto o que lle impuxeron o nome de Luís.
Na actualidade reside no lugar de Insuela.
Realiza os estudos primarios na escola de nenos das Quintas-Codeseda, facendo o exame de ingreso para o instituto no colexio Inmaculada Concepción da Estrada, onde realiza varios cursos (mal estudante dedicaba mais tempo o futbolín que os estudos) pasando no ano 1969 a estudar na Escola de Mestría Industrial de Pontevedra, onde se lle concede o primeiro ano unha Banda de Honor (pero os estudos non melloraron nos anos vindeiros).
Ingresa no exército como voluntario o día 15 de xaneiro de 1972, no Centro de Instrucción de Reclutas nº 13 de Figueirido-Pontevedra. Presta xuramento de fidelidade a Bandeira o día 26 de marzo de 1972, desde ese momento sigue a prestar servicio no C.I.R. nº 13 de Figueirido, como soldado na arma de infantería. O día 1 de setembro de 1972 ascende a cabo. Permanecendo no exercito do 15 de xaneiro de 1972, ata o 15 de setembro de 1973.
Con data 16 de febreiro de 1974, ingresa na Garda Civil, formándose como Garda na Academia de Gardas de Úbeda (Xaén). Declarado apto para o empleo de Garda Civil o día 15 de xullo de 1974. Con data 24 de xullo de 1974, alta no Posto da Garda Civil de Piedras Blancas- da Comandancia de Xixón.
Con data 1 de marzo de 1976 é destinado ó Posto da Garda Civil de Sanxenxo.
Con fecha 4 de xaneiro de 1982, realiza curso de Guía de Cans detectores de Explosivos, na Escola de Adestramento de Cans da Garda Civil obtendo o título de Guía de explosivos o día 15 de maio.
Foi destinado o 20 de maio de 1982 ó Grupo Especial de Desactivación de Explosivos da Garda Civil do aeroporto Reina Sofía de Tenerife.
E con data 5 de febreiro de 1986, pasa destinado o Servicio Cinolóxico pertenecente o Grupo Especial de Desactivación de Explosivos (G.E.D.E.X.) da Comandancia da Coruña. Facéndose cargo como Xefe do Grupo Cinolóxico ata ó seu pase a reserva con data 19 de abril de 2009, dende onde pasa a ser o responsable do Servicio de Seguridade das Sedes Xudiciais da Estrada, ata o día 19 de abril de 2018, que remata a súa etapa como militar e pasa a xubilado.
No diario Oficial do Exército nº 9 de fecha 13 de febreiro de 1985, na Orde 120/1781/85de fecha 4 de febreiro de 1985, por a que se lle concede a consideración de Suboficial.
Con data 30 de xuño 1992 (B.O.C. nº 18) se lle concede o distintivo de permanencia no Servicio de Desactivación de Explosivos.
Con fecha 10 de agosto de 1994, concédeselle o distintivo de permanencia na seguridade da EXPO´92 de Sevilla.
Despois de moitos anos fora do seu ámbito retorna a súa terra da Estrada, para prestar o servicio de seguridade nas Sedes Xudiciais da Vila. Estando destinado no Grupo Cinolóxico da Coruña xa mantiña amizade co Directora do Arquivo Municipal Chus Fernández Bascuas, e co Director do Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela, Juan Andrés Fernández Castro, estes poida que fosen os seus protectores. Sendo os seus mentores o grande mestre Don Olimpio Arca Caldas, Valentín García Gómez, Xosé Luna Sanmartín entre outros, e o mecenas era o Faro de Vigo, con esas grandes profesionais do periodismo Ana Cela e sobre todo Silvia Pampín, co que ten compartido moitas horas de traballo.
Desde o ano 2009 mantén unha estreita colaboración con Codeseda Viva, xunto a Carlos da Barreira e Jorge Fernández (Coki), onde están a traballar de arreo sobre “O Camiño da Geira Romana e dos Arrieiros”, que desde Braga (Portugal) pasando por Codeseda chega a grande catedral do Señor Santiago.
Tivo a sorte de coñecer e tratar a todo un personaxe polifacético un home co que se pode dialogar por que sabe escoitar, paciente, e razoable un home cargado de experiencia de sabiduría e que na actualidade desempeña entre outros o cargo de Director da Academia Xacobea, Xesús Palmou que sempre subo estar o seu carón.
– Diplomado en Heráldica Militar
– Membro da Asociación de Estudios Históricos de Galicia.
– Delegado Territorial da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, na provincia da A Coruña anos 2006 ó 2011, provincia de Pontevedra do 2011 ata a actualidade, e vocal da citada asociación desde o ano 2016.
-Tesoureiro do Seminario de Estudios Locais da Estrada.
– Membro asesor da comisión de heráldica do concello da Estrada, adaptación, seguimento, deseño e aprobación dos emblemas municipais, (escudo e bandeira), pola Xunta de Galicia.
– Membro do xurado do Padroado dos premios San Martiño de Normalización Lingüística 2016, 2017 do concello da Estrada.
– Vocal do padroado do Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela
-Pregoeiro da XIV Festa do Año o Espeto de Loimil- A Estrada 2017
Poñencias:
– Recreo Cultural da Estrada, Casas fidalgas da Estrada (abril de 2010)
-Recreo Cultural da Estrada. Xenealoxía, heráldica e nobiliaria do Pazo de Oca. (Novembro de 2010)
– MOME, Museo do Moble e da Madeira da Estrada. Torre de Guimarei. (maio de 2011)
– Biblioteca Xosé Luna de Guimarei. Casas fidalgas de Guimarei. (maio de 2013)
– Semana Cultural, San Pedro de Ancorados. Pazo de Oca. (abril 2014)
-MOME, Museo do Moble e a Madeira da Estrada. Reloxos de sol no concello da Estrada. (Febreiro 2015)
-Semana Cultural San Pedro de Ancorados. As Feiras no concello da Estrada. Marzo 2018)
-Conferencia na Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra en Poio.- XVIII Xornadas de Heráldica. Torres Pazos e Casas fidalgas da Estrada. (Venres 6 de abril de 2018.)
-Charla os alumnos do colexio Pérez Viondi, da Estrada, sobre O Camiño da Geira Romana e dos arrieiros (26 de maio de 2018)
-Lectura de comunicacións:
-Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria, Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra- Poio.- Torre de Guimarei (2012)
-Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria, escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra- Poio.- Pazo de Preguecido. (2013)
– Ideou e participou no documental titulado “A Virxe da Guadalupe. Pasado e presente da Romaría, 2016. Tendo un éxito rotundo o día da súa presentación o 28 de xaneiro de 2017, no Teatro Principal da Estrada.
-Organiza no Pazo de Oca, unha conferencia sobre a Historia do Pazo de Oca a través das pedras armeiras. O día 8 de abril de 2017, enchendo de público o Salón das Tullas.
-Organiza conferencia sobre os camiños Xacobeos, no MOME, impartida por Xesús Palmou. Fai a presentación do poñente. Éxito total.
-Guía do Pazo de Oca para a Compañía de Teatro de Braga-Portugal (8 outubro 2017)
-Participa na presentación en Codeseda, do libro de Clara Iglesias Cortizo, titulado “Os Nomes da Estrada” xunto a David Otero e Xesús Ameixeiras. (14 de abril de 2018)
-Participa na presentación do libro de Xoán Carlos García Porral, titulado “O último caseiro”, xunto con Celso Fernández e o Tenente Alcalde e concellal de cultura Juan Constenla. (9 maio 2018)
Autor ou coautor de diversos estudos publicados en:
– Autor colaborador da Serie de Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria do Proxecto Enciclopédico científico literario denominado “Galicia” que edita a Editorial Hércules de Edicións. (6 tomos)
– Boletín de “Estudios de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia”
– Pazo de Oca su heráldica (2007)
– Heráldica y genealogía de la casa de Sesto en Santa Mariña de Ribela (2008)
– El pazo de Monteagudo (2009)
– Los Leira en Correáns y Parada. A Estrada, (2011)
– Pazo de Xerliz y Casa Badía en Guimarei (2012)
– La torre de Guimarei (A Estrada) (2012)
– O pazo de Preguecido e casa de Valiñas. A Estrada. (2013)
– Símbolos Heráldicos e Vixilolóxicos do concello da Estrada (2016-2017)
– Boletín de “A Estrada. Miscelánea Histórico y cultural” do Museo do Pobo Estradense, con:
– La casa de Monteagudo en la feligresía de San Jorge de Codeseda (2008)
– Un conde de Pallares en Sta. Mariña de Ribeira. A Estrada. (2009)
– La “casa de Barcia” en San Miguel de Cora. (2010)
– La casa de A Silva en Vendexa. (2011)
– Propuesta de blasón del concello de A Estrada (2011)
– A rapa das bestas de Sabucedo. As súas denominacións e outros datos de interese (2012)
– Casa dos Mariño na vila de A Estrada. (2013)
– Farolas da Estrada, (2014)
-Catálogo de reloxos de sol no concello da Estrada. (2015)
-Ampliación catálogo reloxos de sol no concello da Estrada. (2016)
-O Camiño da Geira Romana e dos Arrieiros (2017)
-Pazo A Nugalla en Pousada. Curantes (2017)
– Revista “Nalgures”, de la Asociación cultural de Estudios Históricos de Galicia:
– Casa Grande Bermúdez de Castro, (2012).
– A casa dos Araújo en A Ponte (Ribeira. A Estrada). (2013)
– Pazo de Oca, (2014)
-Pazo de Vilasuso en Carral-A Coruña (2015)
-Tres Camiños Xacobeos pasan por o concello da Estrada (2016)
-Apelido Castro “Rosalia” (2016)
– Revista “Anuario Brigantino” do Concello de Betanzos
– A Casa de Silva – Arnois (2014)
Colabora con artigos de diversa índole en la Revista anuario de San Martín de Luiña- Cudillero (Asturias) titulada “Los Dolores” Homenaje al maestro de Oviñana D. José Ferro Cortés, número 26 correspondente o ano 2007. Centenario del fallecimiento del Reverendísimo Señor Arzobispo Don Valeriano Menéndez Conde y Álvarez 1916-2016. Número 36, año 2017.
– “Homenaxe a Olimpio Arca Caldas un mestre do pobo” 2016. Editado co colaboración da editorial Fervenza, concellos da Estrada e Cuntis e a Xunta de Galicia.-O Mestre da vida
– “ADN SABUCEDO, Anuario da Asociación da Rapa das Bestas”. Edición 1, ano 2016, Servizo de publicacións da Deputación de Pontevedra.
-A rapa das Bestas de Sabucedo. Algúns datos históricos.
– Xornal, “Faro de Vigo”:
-Casa e Capela dos Reimóndez Figueroa en Castrotión, (maio 2014)
-Nos orixenes de Rosalía de Castro, (xuño 2014)
–Novas aportacións á Torre de Guimarei, (xuño de 2014)
-A Virxen da Granada, dende Arnois á Estrada (outubro 2014)
–A matanza (decembro de 2014)
–A importancia de cubrir a cabeza (decembro2014)
–Da historia e xenealoxía do Pazo de Oca. (febreiro 2015)
– A cruz da Grela (maio 2015)
–Domingo de Corpus en Codeseda (xuño 2015)
–A Rapa das Bestas I: Lembranzas (xuño 2015)
–A Rapa das Bestas II: Denominacións, títulos e outros (xuño 2015)
–A Rapa das Bestas III: O curro e os aloitadores (xuño 2015)
–San Bieito en Montillón de Arriba I (xullo 2015)
–A ermida de San Bieito en Montillón de Arriba. Souto II (xullo 2015)
–Nosa Señora do Amparo de Berres (xullo 2015)
–Santuario da Nosa Señora da Guadalupe. A Grela (agosto 2015)
–Ermida da Asunción, Arca (agosto 2015)
– Ermida de San Antonio de Padua, Codeseda (agosto 2015)
–Capela de San Bartolomé en Chamadoira (agosto 2015)
–Un día de luz para Codeseda (setembro 2015)
–Os tesouros da capela de San Salvador (outubro 2015)
–Ermida da Consolación na parroquia de Tabeirós (novembro 2015)
-O persoeiro da inscrición de Codeseda (decembro 2015)
– Serie de artigos titulados Tabeirós – Montes, De onte a hoxe: Os Fillos (xaneiro 2015), Fillos non desexados (xaneiro 2015), Bautismos (febreiro 2015), Primeiros coidados (febreiro 2015), A escola (febreiro 2015), A Escravitude (Febreiro 2015), Santos e remedios (marzo 2015), Médicos (marzo 2015), A Parella (marzo 2015), As podas (abril 2015), As herdanzas (maio 2015), A morte (xuño 2015)
-A Estrada, berce de xente nobre (xaneiro 2016)
-Lembrando a San Amaro (xaneiro 2016)
-Festa de San Brais de Monteagudo en Codeseda (xaneiro 2016)
-Concello de Estrada-La Estrada- A Estrada (febreiro 2016)
-O léxico dos nosos maiores na administración de xustiza (febreiro 2016)
-Cousas da capela da Grela de Codeseda (marzo 2016)
-Xornais da Estrada dos séculos XX e XXI (abril 2016)
-A Confraría da Guadalupe da Grela (maio 2016)
-Sabucedo e a Rapa das Bestas (maio 2016)
-Innovacións para a festa da Virxe de Guadalupe da Grela (maio 2016)
– A Rapa das Bestas é ecoloxía (xuño 2016)
-A Rapa das Bestas e a solidariedade (xuño 2016)
-Unha virxe mariñeira no interior de Galicia (agosto 2016)
-Nosa Señora do Castro de Presqueiras (agosto 2016)
-A Ermida de Nosa Señora de Aránzazu (agosto 2016)
-As neveiras de Fixó (novembro 2016)
-Adenda ás neveiras de Fixó (decembro 2016)
-Nosa Señora da Grela (xuño 2017)
-Xa chega a Rapa das Bestas (xullo 2017)
-Os Franceses en terra de Montes e Trasdeza en 1809 (agosto 2017)
-O Tesouro de Beariz (agosto 2017)
-A primeira escola do Concello da Estrada (decembro 2017)
-O boticario de Ponte Sarandón (18 marzo 2018)
-As feiras no Concello da Estrada I (marzo 2018)
-As feiras no Concello da Estrada II (marzo 2018)
-Xornal “La Voz de Galicia”: O Escudo do Concello de Forcarei en evolución desde 1845 ata o 2008 (Febreiro 2015)
– Xornal “El Correo Gallego”: Unha Virxe mariñeira no interior de Galicia, na Grela. (agosto 2016)
– Xornal “Capicúa” (publicación quincenal) de A Estrada. Publicación de 26 artigos entre maio 2012 e xuño 2013 sobre outros tantos pazos, torres e casas fidalgas do concello de A Estrada. Posteriormente colaborou con 3 artigos sobre outros temas: O pazo de Monteagudo (xuño 2012), O pazo da Mota (xuño 2012), A casa de Arauxo en Ponte-Sarandón-Ribeira (xullo 2012), A casa de Sesto en Rivela (xullo 2012), Pazo de Valiñas (agosto 2012), A Casa Grande de San Paio de Figueroa (agosto 2012), Casa de Barcia en San Miguel de Cora (agosto 2012), A Casa Grande de Parada (setembro 2012), Casa da Condesa en Santa Mariña de Ribeira (setembro 2012), A casa de “Os Muros” en San Pedro de Parada (outubro 2012), Casa de Badía (outubro 2012), O pazo de Preguecido (novembro 2012), Pazo de Correáns (novembro 2012), A torre e pazo de Guimarei (decembro 2012), Casa de A Silva en Vendexa (decembro 2012), Casa de A Silva en Ribadulla. Arnois (xaneiro 2013), Pazo de Xerliz (xaneiro 2013), Os Mondragón de Vilasusán. Remesar (xaneiro 2013), Casa de Vilanova en Remesar (febreiro 2013), O pazo do Outeiro de Maindo.Couso (febreiro 2013), Casa de Miranda-Santeles (marzo 2013), Casa de Recarei-Curantes (marzo 2013), Casa e capela de San Ildefonso na Algalia-Guimarei (abril 2013), A Torre da Barreira (abril 2013), Casa Varela en Pereiras. Curantes (maio 2013), O Pazo de Oca (maio 2013), As orixes estradenses de Rosalía de Castro (xuño 2013), O mestre Canitrot (xullo 2013), Casa de Vilancosta. Berres (decembro 2013),
Condecoracións, nomeamentos e premios:
En posesión de seis condecoracións, tres Cruces do Mérito o Servizo. Dúas Cruces do Mérito da Garda Civil. Medalla Centenario Virxe do Pilar, ademais de ter anotado na súa folla de servizos catro felicitacións individuais.
Ó 5 de setembro de 2009, recibiu unha homenaxe pola Asociación Cultural Virxe de Guadalupe – A Grela-Codeseda, en colaboración co Concello da Estrada, xunto aos escritores Manuel Cabada e David Otero, o acto acudiron o Alcalde da Estrada José Antonio Dono e o Concelleiro de cultura, Manuel Sanmartín que fixeron entrega os homenaxeados de placas conmemorativas.
Con data 19 de setembro de 2012, o Colexio Heráldico de España e das Indias, procedeu a concesión do I Premio Extraordinario Marqués de Ciadoncha, a Asociación de Xenealoxía Heráldica y Nobiliaria de Galicia, mediante a su participación no Proxecto Galicia, efectuado unha meritoria labor de investigación, catalogación e divulgación do patrimonio heráldico de Galicia (autor e coautor de varios traballos).
Con data 26 de setembro de 2014, Premio Xornalismo Manuel Reimóndez Portela 2014, concedido por a Fundación de Congresos e Exposicións da Estrada. O premio foi compartido co catedrático de grego José Manuel Bértolo Ballesteros, entregado por o Alcalde da Estrada José López, o acto acudiron entre outras personalidades, o Concelleiro de Contas da Xunta de Galicia, Jesús Palmou, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o Catedrático de Dereito Francisco Puy Muñoz, o Escritor e Galeguista José Neira Vilas, a Poetisa Rosalia Morlán, o Presidente do Centro de Iniciativas e Turismo José Luis Reimóndez Fernández, os Ediles de Cultura Juan Constela, e de Turismo Oscar Rancaño, etc.
Data 18 de xuño de 2016, Asociación de Fillos e Amigos de A Estrada, acordou concederlle a Insignia de Ouro con Diploma de Honra, xunto con Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística e escritor; José Ángel Gestoso Saborido, Xerente de Ibericar Gestoso S.L. e Presidente do C.D. Estradense; Manuel Martín Gómez, Avogado, Profesor Universidade de Santiago, escritor e ex-xogador do C.D. Estradense; José Manuel Vázquez Núñez, Garda Civil 1ª en reserva e Director de Cáritas Parroquial de A Estrada; e Miguel Villar Costoyas, Co-fundador do Grupo de Empresas Hnos. Villar, Director Xerente de Ausama e Presidente da Fundación Amigos de Galicia. O acto estaba presidido por o Alcalde José López Campos e por o Presidente da Asociación Fillos e Amigos da Estrada, Alfonso Varela Duran, Concelleiro de cultura Juan Constenla e a concelleira de servizos sociais Amalia Gondar.
O 30 de xuño de 2016, Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, dentro dos actos a celebrar na Gala en Honra e Louvanza dos Aloitadores, premio Aloitador, xunto con Fátima Fernández Areán, rexenta o teleclube de Sabucedo, o aloitador José Manuel Touriño, o recoñecido fotografo vigués Javier Teniente. No acto atopábase presidido por o Alcalde da Estrada José López e do Presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal, o concelleiro de cultura, Juan Constenla, e a concelleira de servizos sociais Amalia Gondar, e concelleiros da oposición membros do PSOE de Galicia.
Luis Ferro é un dos colabroadores máis activos de Codeseda.com e Socio de Honor da Asociación Codeseda Viva.