• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

O cruceiro da Ansán

Nun Ansán sempre deshabitado, cheo de misterio e lendas, atopouse un cruceiro relixioso froito de unha casualidade. Quizais a propia maxia do lugar foi quen de facer que o achado tamén fose especial, volvendo a enredar os recordos que a xente tiña sobre esta zona de Codeseda.

Subindo dende o núcleo de Codeseda á Grela, pola pista do Outeiro, despois do cruce de Trabadela, se seguimos cara este lugar precisamente, chegamos a un punto no que existe un camiño cara a dereita. Avanzando uns metros cara dentro do monte, nunha parcela privada aparece o granítico conxunto artístico.

localizacion-cruceiro-ansan-galicia

Localización do cruceiro da Ansán

Sendo o cruceiro unha mostra de identidade da paisaxe galega non resulta estraño atopalo alí, máis sendo unha parcela uniforme as hipóteses sobre o porqué da colocación do mesmo ábrense á imaxinación de cada quen.

O máis evidente sería que aquelo, nun tempo pasado, fose un cruce de camiños, pois sempre foi a primeira xustificación de localización dos mesmos por parte do pobo ou da propia igrexa católica. Sóubose tamén, despois de falar con párrocos afíns a esta comarca, que dende a propia comunidade cristián houbo varios intentos de poboar Ansán, pola diversidade de flora e fauna e pola proximidade de outros núcleos como Trabadela, A Grela ou o Outeiro, pudendo ser así o cruceiro boa mostra de estes propósitos.

Chégase a el a finais dos oitenta, por mor dun lume de consideradas magnitudes que deixara sen vexetación varias hectáreas. Entre elas, estaría a que contiña ó Cruceiro de Ansán, ou ó que no momento do achado quedaba do mesmo, pois o fenómeno natural fixo derrubarse varias árbores que caeron encima dos brazos do cruceiro, levando estas partes ó chan. A descuberta é cun século de diferencia respecto á súa inauguración, pois a data que figura na columna é: dun ano lexible dentro do século XIX.

Cruceiro-ansan-galicia-a-estrada-historia

O Cruceiro de Ansán no momento do achado. O capitel e os brazos repousan sobre a base para facer a fotografía testimonial

Na imaxe adxunta ó artigo, vese a natureza calcinada do redor, pois foi tomada no momento da descuberta. Vese como o cruceiro repousa sobre unha base de grandes dimensións, coa forma ben traballada por un canteiro. A columna permanece impasible ante as circunstancias, e o que puidera ser o capitel e os brazos horizontais da cruz, de formas bravas e menos traballadas que estaban espallados polo chan foron achegados á base para capturar o momento.

Por estar dentro dunha propiedade privada e polo nome e apelidos que tamén figuraban na columna, advírtese do estado do mesmo ós propietarios que son os encargados de poñer a peza de cantería nun lugar seguro.

O significado de protección do viaxeiro que outorga un cruceiro, puido ser o que levou a alguén a querer poñelo alí; e pode que esta teoría si que sexa a única 100% verdade, pois o concepto da viaxe é algo común a todas as hipóteses que se poidan manexar sobre o porqué da colocación do Cruceiro de Ansán. A protección na viaxe é algo que aínda lle da vixencia a estes conxuntos de pedra, pois cada un de nos está a percorrer unha viaxe que é a nosa propia vida, cuns principios ou con outros, pero sempre buscando estar protexidos ante as adversidades do destino.

Lara Porto

sidebar

SITIOS

  • IGLESIA PARROQUIAL
  • CAPILLA DE A GRELA
  • CAPILLA DE SAN BLAS
  • ERMITA DE SAN ROQUE
  • CASTRO das CERCAS
  • CASTRO TROCASTELLO
  • CASTRO de MARCENLOS
  • PAZO DE MONTEAGUDO
  • CRUZ DA GRELA
  • CRUCEIRO DA ANSÁN
  • RÍOS
  • FERVENZAS AS QUINTAS
  • MOLINOS
  • FUENTES
  • FÁBRICA DE LUZ
  • RELOJES DE SOL
  • CARBALLEIRA DA FEIRA
  • PRESA DE LEIRA
  • A PONTE do CASTELO
  • CRUCEIROS
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR