• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • 1835 NOTICIAS PRENSA
    • 1928 NOTICIAS PRENSA
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Pretroglifos – Insculturas arte rupestre A Estrada e Cuntis

Información sobre os de petroglifos e insculturas de arte rupestre de Codeseda

Petroglifo de Chan de Lamas

O petróglifo do Chan de Lamas, situado a 665 m. de altitude, conta con dous paneis insculturados de diferente factura, tipoloxía e pode que diferente cronoloxía.
Están situados nunha gran peneda de 14×11,50 metros orientada ó leste e con gran dominio visual da braña onde nace o regato do Soutiño.

petroglifo-chan-de-lamas-souto-sabucedo

Panel superior (Foto de Colectivo A Rula)

Na parte superior da laxe localízase o primeiro panel insculturado con unha combinación circular de 3 aneis e coviña central de 39 cm de diámetro. Na parte superior da combinación e unida a ela por un pequeno trazo curvo, figuran 18 coviñas aliñadas en 3 fileiras e algúns outros elementos.

Na parte inferior da mesma laxe está representado un gran cervo de 83 cm de longo (do fuciño ó rabo) por 40 cm de altura (da pezuña dianteira á testa).  A pesar de carecer de falo e de gran cornamenta, considérase que se trata dun cérvido polas súas características estilísticas, concretamente unha femia ou un exemplar novo con cornos aínda pouco desenvoltos. O deseño do cervo coincide co denonimado “canon do Lérez medio” (Vázquez Rozas, 1997) ou “estilizado curvo” (Santos Estévez, 2008) cun tronco ancho e cuartos traseiros moi esaxerados.

(Colabora: Colectivo A Rula, podes ver máis datos na súa páxina web)

 

A Laxe do Guerreiro (monte das Quintas)

Situada no grupo de penedos más ó sur, dos tres que conforman o Outeiro das Quintas, o petroglifo da Laxe do Guerreiro presenta un antropomorfo sobre o que parece simular unha pedra circular cos brazos abertos, portando na man dereita o que parece ser unha espada e, nas esquerda, o que puidera representar outra arma ou mesmo un escudo. Na parte superior da laxe podemos albiscar unha cruz grega e, á dereita do antropomorfo, unha marca triangular.
Cómpre salientar que a parte dereita do petrgoglifo está esnaquizada e presenta restos doutras posibles figuras.
(Está pendente a súa datación).

petroglifo-o-guerreiro-das-quintas

Petroglifos no Castro de Trocastello (Entrecastrelo)

a-estrada-petroglifo-antropomorfo-casto

Grabado antropomorfo

Nas proximidades do castro Castro de Entrecastrelo, no límite entre as parroquias de Codeseda, Parada e Ribela,  en maio de 1935 Fermín Bouza Brey xa fala da existencia de petroglifos con caracteres alfabétiformes e outro tipo de represantacións.

No ano 2015 foron redescubertos por membros de Codeseda Viva os citados, e outros inéditos, destacando os dunha laxe orientada á posta do sol. Nela aprécianse más de 150 microcazoletas, un antropomorfo que domina todo o panel e unha más que interesaente representación dun zigzag punteado con cazoletas; moi raro na arte rupestre galega.

 

a-estrada-arte-rupestre-petroglifos-castro-bouza-brey

Petroglifos citados por Bouza Brey

 

O petroglifo do Castro das Quintas ou das Cercas

Mención aparte merece o petroglifo atopado no Castro das Cercas, en As Quintas (Codeseda) no ano 1938 por Jesús Romar Castro. Nun primeiro momento, un fragmento extraído foi destinado a ser elemento decorativo nunha vivenda, e posteriormente foi trasladado ó Museo de Pontevedra.

petroglifo-castro-cercas-a-estrada-museo-pontevedra

Fragmento do petroglifo do Castro das Cercas

 

petroglifo-a-estrada-codeseda-arte-rupestre

Interpretaciones del petroglifo realizadas por Fermín Bouza Brey y Antonio de la Peña

a-rula-santiago-petroglifo-castro

Interpretación del petroglifo realizada por la asociación A Rula

Petroglifos no Castro de Marcenlos

calco-petroglifo-castro-marcenlos-a-estrada

Calco do petroglifo do Castro de Marcenlos

No castro de Marcenlos, Jorge Fernández localizou unha figura de forma cuadrangular e parcialmente aberta por un dos lados. Pudera representar un zoomorfo, antropomorfo ou mesmo a combianción de ámbolos dous, pero necesítase profundizar  no seu estudo.

 

Fontenlo

No lugar de Fontelo, tamén en Codeseda, Jorge anda a seguir a pistas das referencias dadas polos maiores do lugar sobre a existencia dunha gran laxe na que abondaban as figuras e representacións circulares.

 —

Información sobre os de petroglifos e insculturas de arte rupestre do resto da parte sur do Concello de A Estrada e parte este do Concello de Cuntis.

Xa é sabido que, entre os vales dos ríos Umia e Lérez, concéntranse a maior parte das representacións de arte rupestre de Galicia. Ata o momento, a maior parte dos catalogados ubícanse nas zonas cercanas á costa.

Nos últimos anos, tanto os membros da asociación Codeseda Viva coma de outros colectivos, foron observando os conxuntos xa catalogados e recorrendo outras zonas co obxectivo de descubrir outros novos.

Jorge Fernández, de Codeseda Viva, xa leva descubertas  máis de 10 estacións de petroglifos en Cequeril (Cuntis), distintas das 4 xa coñecidas e descubertas a principios do século XX por D. Ramón Sobrino Buhigas, considerado o pioneiro no estudo da arte rupestre galega.

En Sabucedo contabiliza tres achádegos, o Trono da Moura, o Curuto e Porcate, anque este último pode que xa estivese catalogado.

cuntis-cequeril-petroglifo-outeiro-do-casal

Petroglifo do Outeiro do Casal (Cequeril – Cuntis)

En Souto, moi cerca do río Umia, localizou dúas estacións. A primeira delas composta por unha figura lineal e un antropomorfo con figura de cruz, que mesmo semella ter rabo. A segunda é unha composición no alto dun penedo composta por unha escultura tipo labirinto, un círculo con cruz inscrita, tres cazoletas e a representación do que parece ser unha serpe enroscada.

Voltando ó Concello de Cuntis, xusto no límite co Concello de A Estrada, no alto do lugar de Mesego, atopou outro petroglifo cuadrangular composto de varios elementos, pero nun estado moi erosionado e dificilmente visible.

Aínda que a datación destes conxuntos corresponde ós técnicos de Patrimonio da Xunta de Galicia, por analoxía con outros da mesma zona e mesmo tipo de representacións, poderían datarse fai uns 5.000 anos, sobre o período Calcolítico, no final da Idade de Pedra e principio da Idade de Bronce.

sidebar

INFORMES

  • ARTE RUPESTRE
  • OS CASTROS
  • 1835 NOTICIAS PRENSA
  • 1928 NOTICIAS EL EMIGRADO
  • CRONOLOGÍA DEL MONASTERIO
  • CAMINO DE SANTIAGO
  • CRONOLOGÍA DEL CAMINO
  • 16xx-2021 HISTÓRICO SACERDOTES
  • 1619 CONTRATO REP. IGLESIA
  • 1752 CATASTRO ENSENADA
  • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA AÑO
  • 1951 CARTEL SAN MAURO
  • 1948-1968 HISTORIA DEL CUARTEL
  • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
  • ROMERÍA Y PROCESIÓN DE A GRELA
  • EL CULTO A LAS FUENTES
  • LOS VIEJOS AUTOBUSES
  • CANTARES POPULARES
  • RAPA DAS BESTAS
  • IMPACTO RED CAMINOS PARCELARIA
  • EVOLUCIÓN DE LA POBLACIÓN
  • A FEIRA DOS CANS
  • O CEIBO
  • O MENHIR DA CASADEABAIXO
  • DATOS DE LA PARROQUIA
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR