• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Fotógrafo Xosé Ramos Garrido de Codeseda

Xosé Ramos Garrido «O Fotógrafo de Codeseda» (Barro, 1887 – A Sagrada, 1967)

Na pequena aldea de Barro, o dia 13 de decembro de 1887 nace un neno, ó que lle poñen o nome de Xosé, quinto fillo do matrimonio formado por Anxo Ramos e Xosefa Garrido coñecidos no lugar polo alcume “os da casa do herdeiro”.

 Fotografo Ramos CodesedaEste neno, coma outros, andaría ó redor dos irmáns maiores, aprendendo e facendo algúns traballos propios coma recoller herba, paus para o lume etc, pero sempre moi atento a todo o que pasaba ó seu redor, e a pesares de non vivir preto da escola, non por eso deixou de aprender a ler coas persoas da casa.

Os anos van pasando, e xa é un mociño que podía ter uns pequeniños gastos, pero non chegaba a ter diñeiro, polo que xuntouse cunha cuadrilla de homes que ían na procura da cera polos pobos adiante e ata chegaron ás terras de Bergantiños, na provincia de A Coruña, na busca dese elemento necesario para facer velas.

Este traballo era moi duro e dáballe poucos rendimentos, e na súa cabeza comenzou a calentura de marchar para as Américas, porque un amigo lle contara que alí se estaba ben e gañanbanse cartos. Concretando a viaxe, tomou un vapor e despois de 22 días de navegación sen comodidades coma hoxe, chegou á Arxentina.

Nas terras do tango, fixo un pouco de todo. Era mañoso e tiña capacidade de abondo para enfrentarse ó que fora, pero os miolos fóronse-lle para aprender un novo oficio: o de fotógrafo, e mans á obra: decideu tomar esa profesión e mercou unha máquina de retratar e con ela voltou para España.

Ó chegar á súa aldea comezou a traballar nese novo oficio, pero non tivo mais remedio que ir ó centro, á Sagrada, onde falando coa xente podía ter clientes e dándose a coñecer.

Nos intres que pasaba sen facer nada, achegábase a un pequeno bar, que había preto da fonte, e alí tomaba café e charlaba cos paisanos, pero tamén tomou conversación cunha rapaza que estaba servindo na barra, e parece que foi unha atención mútua, porque en pouco tempo trataron o casamento.

04i_f_xosefa_e_ramos_fotografoA moza chamábase Xosefa, e era filla dos donos Xesús Pérez e Perfecta Paz, que tamén o eran doutra nena mais pequena á que lle chamaban Ofelia. En pouco tempo de noivos, trataron o casamento. Xa casados, Xosé trasladou o seu pequeno equipo para á Sagrada, e agora nesta casa, tiña un bo sitio para traballar tranquilo.

O primeiro que fixo foi cunhas táboas crear un espacio totalmente pechado á luz que só tiña unha lampariña de alcohol que producía unha luz moi feble, que precisaba para os seus traballos.

Nun maletín de coiro negro, levaba os clichés, que son soportes das placas de cristal, que dependendo de como fora de tamaño a foto, así tiña que cortalas á escuras no famoso cuarto, o que por certo sempre se lle chamou “o cuarto escuro”.

Cando aparecía un cliente, e despois de preguntarlle para que era a foto, colocábao sentado ou de pé, diante dunha parede que estaba pintada e noutros tempos tivera un toldo tamén pintado, e alí de pé o fotógrafo enfocaba a máquina cara o cliente, e despois cando todo estaba axeitado dicíalle “agora non se mova” e de súpeto, ouvíase un clik do mecanismo que pechaba o obxetivo.

Tomados os datos, subía ó piso de arriba e metido naquel cuarto escuro, sacaba a placa e introducíaa no ácido revelador. Axiña aparecía a imaxe, que logo tiña que ser lavada en auga e pasaría uns minutos no líquido fixador para lavala de segunda e poñela a secar colgada dunha pinza da roupa cun gancho nun aramio que había na sala.

Ó dia seguinte, secada a placa, ás veces tiña que retocalas por si había imperfecións: puntiños blancos, e despois, entraba outra vez no cuarto escuro e agora faría a foto en papel. Para eso, nun cadriño de madeira poñía a placa seca, e enriba un papel fotográfico. Dáballe uns segundos de luz na lampariña (previamente fixera unha proba) e de seguido sacaba o papel e metíao na cubeta do ácido, e coma na placa, a imaxe saía paseniñamente ata quedar perfecta. Despois de lavala con auga pasabaa ó fixador e de novo mais auga, pero agora a foto ía metida nun caixón de madeira, que o fotógrafo fixera, con moitos buracos para que lle entrara e saíra a auga. Este caixón colocábase debaixo do picho da fonte ou no estanque; pechado e todo, cando había fotos de algunha boda a xente abría o caixón, miraba sen permiso e ata chegaron a roubar algunhas fotos.

Foto_antigua_Ramos_FotografoMoitas foron as fotos que fixo Xosé Ramos. Non se poden clasificar fácilmente, pero para que vos deades unha idea, as placas que empregou perante a súa vida encheron unha habitación da casa, e cando non chegou o espacio, tiveron que mételas nun carro e levalas para unha leira.

Polas terras de A Estrada, Forcarei, Cerdedo, Moraña e Cuntis e ainda mais lonxe, pódense ver cadros con fotos do fotógrafo Ramos, que se distinguen polo corte en serra dos lados, ou polo decorado detrás das persoas coma si fora un escenario dun teatro ou por un pequeno sinal á dereita no fondo gravado que di: J.Ramos.

Hai fotos de festas da Grela, das igresias de Codeseda e A Grela, e de algunhas bodas, enterros, pero sobre todo eran de persoas solas ou en grupos e tamén de bebés, que menudo traballo daban para sacarllelas. Enriba dunha mesa de mármore, poñían unha manta e collendo ó neno coas mans por debaixo dela, a mamá case que sempre suxetaba ó bebé, agachada e así na foto só salía o neno e non a outra persoa.

Cando o fotógrafo non tiña moito traballo, tamén se adicaba a arranxar os reloxos e mesmo a facerllelas caixas de madeira ós chamados “reloxos de parede”.

Os anos non pasaban en balde, e o corazón deulle un aviso, o que foi suficiente para afastarse da actividade que tanto disfrutara e agora pasaba as horas vendo ese invento da televisión que lle regalara o seu fillo maior, ainda que non deixaba de ler o xornal El Pueblo Gallego, ó que estaba suscrito, ou algunha revista, porque a lectura tamén formaba parte do seu lecer.

Na tarde do dia 10 de xuño do ano 1967 o seu corazón deixou de latir e parou esa vida que dou vida a catro fillos, dúas mulleres e dous homes sendo precisamente o último home o que mediante este escrito, quere facer lembranza de seu pai, Xosé Ramos coñecido como “o fotógrafo Ramos de Codeseda”.

Texto de Xavier Ramos coa colaboración de Luís Ferro

sidebar

XENTES

  • XENTE ANÓNIMA
  • TABOADA SOTELO
  • BENIGNO CORTÉS
  • EL FOTÓGRAFO RAMOS
  • EL MÉDICO PENA
  • CABADA VÁZQUEZ
  • O MESTRE CANITROT
  • MANUEL EIRÍN CADAVID
  • ALFREDO DA QUEIXEIRA
  • PRIMO VILAS
  • VENTÍN CERVIÑO
  • ENCARNACIÓN PENELAS
  • COUCEIRO TABOADA
  • BENITO FERNÁNDEZ
  • LUIS FERRO
  • MANUEL FRAGOSO
  • MARIO OTERO ANDIÓN
  • SUSI TAFALLA
  • IRMÁS PORTO
  • IRMÁNS CONSTENLA
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR