Estes libros, que rondan as 90 páxinas cada un, conteñen parte do contido desta web e outro de nova creación. A idea xurdíu da solicitude de xente maior que prefire ler en papel en vez de empregar un ordenador. Ata o momento publicáronse 3 volumes que se poden mercar mediante Amazon ou en establecementos colaboradores coma a tenda O Regengo de Codeseda.
Proxecto de investigación e recuperación dun Camiño de Santiago desenrolado dende o ano 2004, acadándose a Certificación polo Cabido da Catedral e Oficina do Peregrino en marzo de 2019. En abril de 2021, tras ser percorrido por máis de mil peregrinos, a asociación Codeseda Viva entrégalle o proxecto ó Concello da Estrada para que intente lograr o único paso que falta: a oficialización por parte da Xunta de Galicia.
Temos tres castros
O Castro das Cercas en As Quintas, o Castro de Marcenlos e o Castro de Trocastello están en terras de Codeseda, ainda que este último casi no límite con Ribela e Parada. Todos eles son lugares máxicos que seguro gardan moitos segredos por descubrir (imaxe é un montaxe dixital).
Páxina web dedicada ó pobo de Codeseda (A Estrada, Galicia), xestionada pola asociación Codeseda Viva (G94055472)
Para cualquer aclaración ou suxerencia, contáctanos neste correo:
Colaboración co proxecto de investigación sobre a antiga ruta de peregrinación con inicio en Portugal e paso por Salvaterra de Miño, Ponteareas, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Quireza.
O tramo galego ten 130 km e xa foi percorrido por máis de 200 peregrinos.
O proxecto de recuperación e promoción do Camiño de Ignacio Taverneiro está subvencionado por:
Fotos antigas (Codeseda Galicia)
Invitámoste a velo noso arquivo de fotos antigas, que se converteu nun referente a nivel galego e aparece nas primeiras posicións de Google ó buscar "fotos antiguas de Galicia"
A presa de Leira
A Presa de Leira é unha condución duns 3 km construída no século XVIII para regar os prados e cultivos da zona de Parada. O seu acueduto sobre o río Umia convértea en algo único, podendo ser o máis antigo que se conserva en funcionamento en Galicia.
Últimas entradas
- Concesión de aguas
- Cabaleiros de Codeseda sortea un ternero de rubia gallega
- Un sacerdote de Camerún atenderá desde octubre la iglesia de Codeseda
- El Camino de A Geira es el segundo más transitado de los que parten de Braga
- El Concello estudia construir un albergue para peregrinos en Codeseda
- El consumo de la traída de A Sagarada se moderó tras la advertencia del Concello
- Una procesión con olor a mar surcando el monte de A Grela
- Rodaje de película en Abragán
- Rexistran un consumo de auga tres veces maior do normal na traída da Sagrada
- El histórico Encontro na Cruz da Grela volverá a celebrarse el sábado 31
- Falla la cobertura de Movistar en Codeseda
- Los depósitos de la traída municipal caen a la mitad por un pico de consumo en plena ola de calor
- ANUNCIO notificando audiencia a varios propietarios por la parcelaria
- Codeseda acoge su primera ruta cabalar el 15 de junio
- La Geira suma más peregrinos que las demás rutas sin homologar juntas
- Multitudinaria despedida al sacerdote Rubén Diéguez en A Grela
- Codeseda y seis parroquias más quedan desde el domingo a la espera de cura