Cando Codeseda tiña liña con Marín
Pepe de Manolo, como se coñecía a José María Álvarez Gómez, foi un ourensán de nacemento afincado en Codeseda que a finais dos anos 20 de século fundou a empresa de transporte de viaxeiros Ómnibus Plus-Ultra. Durante anos operou conectando a parroquia estradense con Marín, ata que a Guerra Civil cambiou o rumbo do seu negocio
Codeseda a principios do século XX era a parroquia estradense con máis habitantes e cun gran pulo económico grazas ás dúas feiras que tiña cada mes, pois eran máis importantes que as da propia vila. Para facernos unha idea de como era Codeseda, basta dicir que chegou a ter ata tres empresas de ómnibus de viaxeiros e mercadorías, mentres que ata ese momento para desprazarse ata a Estrada ou a outro lugar había que ir a pé, a cabalo ou no carromato de Mato tirado por cabalos.

Así mesmo Codeseda era a única parroquia do concello estradense que contaba con cuartel da Garda Civil, ademais de médicos e farmacia, así como doutros servicios esenciais. A Codeseda chegaban xentes de moitos lugares para facerse un traxe, pois había xastres con prestixio, ou mesmo para facerse unhas fotografías, pois era algo que non era posible noutras parroquias.
Nesta época trasladouse a Codeseda a familia de José María Álvarez Gómez, nado o día 15 de xullo de 1892, fillo de Manuel Álvarez Rodríguez e de Camila Gómez Cid, naturais de San Xosé da Carballeira no concello ourensán de Nogueira de Ramuín.
José María, que en Codeseda era coñecido por Pepe de Manolo, contraeu matrimonio canónico na igrexa parroquial de San Xurxo de o 1 de decembro de 1928 con Manuela Fraíz Rodríguez, filla de Francisco Fraiz Garrido e de Isolina Rodríguez Barreiro. Como regalo de vodas recibiu do seu cuñado Cachafeiro un coche De Dion Bouton, fabricado en Chavín, moi preto de Viveiro (Lugo) na factoría de José Barro, que tiña licencia exclusiva da marca francesa para a venta de turismos, ómnibus e camións. Estes turismos portaban un motor fiable e de longa duración, cun chasis reforzado de moi boa calidade.

Pepe de Manolo estreou o seu turismo na súa lúa de mel, viaxando no seu vehículo De Dion Bouton xunto a súa recente esposa ata Madrid, máis concretamente ata O Pardo.
Do seu permiso de conducir extraemos os seguintes datos: o titular tiña como profesión a de mecánico e tiña «Permiso de Primeira Clase» e «Permiso para conducir por todas las vías públicas de España, vehículos de motor mecánico de 2º y 3ª categoría», según o Regulamento de circulación de vehículos de 16 xuño 1926.
Pepe de Manolo, que estaba en posesión do permiso de conducir bastante antes de casar e traballaba como chofer para a empresa de ómnibus La Estradense, con domicilio social na capital da vila da Estrada, era un home emprendedor e de moitos recursos. Co paso dos anos deixou este traballo para formar a súa propia empresa, mercando un pequeno ómnibus que o deu en chamar PLUS- ULTRA.
Naqueles tempos o de conseguir pezas para armar un ómnibus era toda unha proeza. Mercábase o motor por unha banda, o chasis por outra e igualmente a carrocería, logo ensamblábase todo. As carrocerías eran de madeira forradas no exterior con chapa. O seu primeiro ómnibus tiña unhas 20 prazas, rodas de radios, bucina de aire sobre a porta do chofer, escaleira no lateral para poder chegar ao teito, onde ían equipaxes e roda de reposto. Tiña un frontal espectacular cun gran radiador e dous focos a cada lado sobre as aletas ou gardalamas, e ademais da porta do condutor tiña outras dúas polo outro lado, unha na parte da diante e outra na da atrás. No lateral do ómnibus sobresaía o letreiro PLUS-ULTRA
Comezou a funcionar como ómnibus de viaxeiros a finais dos anos vinte do século pasado, facendo a liña de Codeseda a Marín unha vez á semana. José María contratou como choferes a José Sieiro, José Quibén e a Manuel Barros. Os dous primeiros, Sieiro e Quibén, co paso dos anos non tardan en montar as súas propias empresas de ómnibus en Codeseda.
Tras varios anos transportando a viaxeiros ata Marín, a comezos da guerra civil española, é requisado o ómnibus PLUS-ULTRA e levado para Pontevedra. Ao finalizar a contenda devólvenlle o ómnibus, que ven acompañado dunha relación de todos os servizos prestados durante a loita fratricida.
Tras anos perdidos polo secuestro do ómnibus PLUS-ULTRA e ter que dedicarse a outras tarefas como o comercio, o seu propietario decide vender o ómnibus. E deste xeito Codeseda perde unha pequena empresa de transporte de viaxeiros e mercadorías, o que propicia a apertura doutras, as de Quibén e Sieiro.
Acontece o pasamento do señor Pepe de Manolo en Codeseda, o día 6 de setembro de 1967.
Artigo de Luis Ferro en Faro de Vigo 24 SEPT 2026
Los viejos autobuses de Codeseda
A principios del siglo XX, los carruajes de Mato, tirados por caballos, constituían la única posibilidad de los vecinos de Codeseda para viajar por las carreteras de A Estrada para llegar a municipios limítrofes y hasta Santiago. Cuando llegaron los primeros autobuses, esta parroquia, que siempre fue la más poblada del municipio, fue pionera en la creación de pequeñas empresas de transporte de viajeros. En el último número de la revista cultural Tabeirós-Terra, Luis Porto explica, en un pequeño reportaje, parte de la historia de aquellas iniciativas, de sus empresas, autobuses, líneas y chóferes.
La primera empresa de transporte público de viajeros que surgió en Codeseda lo hizo de la mano de José Álvarez Gómez. Hasta entonces, los carruajes realizaban servicios discrecionales trasladando a las gentes, y sus mercancías, a las localidades cercanas y a sus ferias.
José Álvarez dejó su trabajo de chofer en La Estradense, para crear su propia empresa, que denominó Plus Ultra, tras hacerse con un pequeño autobús. Tuvo que adquirir el chasis y el motor, como era habitual en aquellos años, y después carrozarlo para el uso que deseaba. Este hombre contaba con un carnet de primera, que le habilitaba para conducir todo tipo de vehículos.
La empresa acabó contratando a varios chóferes, como Manuel Quibén, Manolo de Lino y José Sieiro, personajes que quedaron ligados posteriormente a la memoria de Codeseda y de sus autobuses, incluso con empresas y líneas que se salían del ámbito parroquial y municipal.
La empresa Quibén y, posteriormente, la de Sieiro tomaron el relevo en los años y en las décadas siguientes, ampliando los recorridos y ajustando su oferta a una creciente demanda de viajeros en una época de esplendor para aquellos viejos autobuses.
En los sesenta, la competencia ya se hizo más insoportable para estas pequeñas empresas locales, que acabaron desapareciendo en esa década. En sus últimos años, las empresas subsistieron gracias a viajes que se organizaban para acudir a las ferias, recorridos hasta la capitalidad y excursiones que se organizaban tanto en Codeseda como en las parroquias limítrofes. Luis Porto aporta también detalles de la vitalidad y vida social de Codeseda en los años veinte.
En relación también a esta parroquia, resaltar que el alcalde ya solicitó el ensanche de la carretera de Campo Lameiro con zahorra bien compactada en los arcenes.
Luis Porto
La Voz de Galicia 16-12-03