Natalia e Xosé Antonio Constenla Martínez
(Netos de Elia e Pepe do Codesal e residentes en Suiza).
Natalia é unha amante da fotografía e da música, ademáis das artes marciais. Dende os seis anos fixo karate ata a cintura marrón, e no ano 2011 iniciouse na práctica do Viet Vo Dao, a arte marcial do pobo vietnamita.
En marzo de 2012 logra o título de Campeona de Europa de Viet Vo Dao participando co equipo da selección suíza no campionato de París.
Xosé Antonio é un apasionado da música tradicional galega.
No ano 2011 foi recoñecido como o Mellor Intérprete da Emigración no Concurso de Gaita Constantino Bellón, que se celebrou en Ferrol os días 30 e 31 de agosto dese ano.