• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Relojes de sol antiguos en Codeseda (A Estrada – Pontevedra – Galicia)

Relojes de sol antiguos en Codeseda (A Estrada – Pontevedra – Galicia)

03g_reloj_sol_Fontenlo_1Facendo un percorrido pola nosa pedanía de Codeseda, pateando os lugares que a conforman, ollando hórreos, casas, murallas, áchanse sete reloxos de sol labrados en pedra, dos denominados reloxos de sol verticais a excepción dun que se coñece como ortomeridiano.

Os reloxos de sol de Codeseda atopámolos labrados en pedra e poden ser de forma cadrada, romboide ou cúbica. Levan unha variña ou un triángulo de chapa, que se coñece co nome de gnomon. Este produce unha sombra sobre os números que rodean o reloxo, o que permite unha lectura da hora.

Para poder facer unha lectura correcta dun reloxo de sol, poñémonos fronte a el, e na parte baixa do mesmo avistamos as 12 h, a nosa esquerda quedan as horas da mañá que empezan nas 6 h e rematan nas 12 h., e a nosa dereita seguen as horas da tarde, partindo das 12  continúa a 1, logo as 2 e así ata finalizar nas 6.

Pero ao falar das horas temos que determinar diversos usos do que entendemos por hora:
Hora legal, é a hora que corresponde segundo o meridiano de Greenwich á Península Ibérica, UTC+0.
Hora oficial, é aquela hora que marcan os nosos reloxos (reloxo de pulso, peto, móbil, etc.).
No inverno unha hora por diante da UTC+0 e no verán dúas horas.
Hora solar, é a real, pois cando o sol se atopa no máis alto son as 12 h. do mediodía.

03g_reloj_sol_Fontenlo_2Comecemos, pois, a nosa andaina polo lugar de Fontenlo, onde preto da fonte e lavadoiro do lugar hai un hórreo no que se atopa labrado sobre un pináculo un reloxo de sol vertical de forma cuadrangular, chafranado nos laterais, con estilete de chapa triangular e timbrado de coroa. Propiedade dos herdeiros de Florián Iglesias.

A poucos metros deste atópase outro reloxo solar, de nova fábrica, que se ergue sobre unha columna do portal da entrada da casa das irmás Manuela e Maruja Castro. A súa forma é cadrada, con números romanos e cun gnomon feito cunha peza metálica triangular. Remata o conxunto unha bola.

03g_reloj_sol_DevesaPasamos agora ao lugar da Devesa, na gran Casa da Carballeira, na cara que mira ao sur. Sobre unha peaña érguese un fermoso reloxo de sol, de forma cuadrangular rematado en capela e gnomon triangular metálico. Propiedade de Encarnación Penelas Valladares.

No lugar de Marcenlos, avistamos un hórreo en ruínas ao que lle falta uns dos dous remates, que se atopa guindado no chan posiblemente debido a un temporal e que na súa caída rompeu unha esquina da pedra tornarratos. Trátase dun reloxo moi desgastado, que tamén perdeu o gnomon que tiña en forma de estilete. Chama a atención a súa forma labrada sobre un rombo. Propiedade da familia Garrido Paseiro.03g_reloj_sol_Marcenlos

Preto deste hórreo, atópase a casa de Graña e no seu xardín e na base dun pináculo pódese ver un bo  labrado reloxo, cuadrado, rematado en semicírculo, ao que tamén lle falta o gnomon. Propiedade de José Manuel Graña Garrido.

Collemos camiño cara ao derradeiro lugar, Quintas, no que atopamos dous reloxos de sol. Entrando no lugar na primeira casa, coñecida co nome de casa de Castro e sobre o cumio un cuadrante de forma cuadrangular e rematado en semicírculo, e cun gnomon triangular de chapa. Propiedade de  Manuel Silva Romar.

Preto deste levántase nun 03g_reloj_sol_Quintashórreo que data do ano de 1889 unha magnífica obra de arte, tallada nun bloque de granito de forma cúbica, rematado por unha cruz e sobre esta un paxaro (bubela). Trátase dun reloxo solar de forma cúbica con tres caras, denominado ortomeridiano. O frontal, orientado ao Sur, é cuadrangular, escotado na parte superior e con gnomon de chapa triangular, e os dous meridianos nos laterais orientados ao Este e Oeste, teñen un gnomon de chapa en forma de rectángulo, perpendicular á parede e que mantén unha inclinación. Propiedade da Igrexa Evanxélica.

Texto e fotos de Luís Ferro Pego. Codeseda, verán de 2013.

sidebar

SITIOS

  • IGLESIA PARROQUIAL
  • CAPILLA DE A GRELA
  • CAPILLA DE SAN BLAS
  • ERMITA DE SAN ROQUE
  • CASTRO das CERCAS
  • CASTRO TROCASTELLO
  • CASTRO de MARCENLOS
  • PAZO DE MONTEAGUDO
  • CRUZ DA GRELA
  • CRUCEIRO DA ANSÁN
  • RÍOS
  • FERVENZAS AS QUINTAS
  • MOLINOS
  • FUENTES
  • FÁBRICA DE LUZ
  • RELOJES DE SOL
  • CARBALLEIRA DA FEIRA
  • PRESA DE LEIRA
  • A PONTE do CASTELO
  • CRUCEIROS
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR