• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

As campás de Codeseda

As igrexas católicas antigas érguense cun  eixo que vai de Levante a Poñente. Á ábsida orientada a Oriente (Este), mentres a porta principal ou pórtico mira cara a Occidente (Oeste). Moitos destes templos católicos rematan con espadanas ou torres campanarios.

Igrexa parroquial

O templo parroquial de Codeseda reconstruíuse por derradeira vez no ano 1900, con dúas grandes torres, causando un efecto de aparencia de grandiosidade. Entre o pórtico e as torres atópase o campanario con catro campás.

A campá grande que se atopa pendurada baixo a torre que dá ao Austral (Sur), ten a inscrición: JHS María y José ano de 1911 /Melchor Ocampo me hizo en Arcos de la Condesa.

As dúas campás de mediano tamaño que se atopan acubilladas baixo a torre Boreal (Norte), dinos; IHS María y José ano de 1864 / Palacio y Liste en Orazo,  e a outra, JHS María y José ano de 1902 / Estas se hicieron siendo cura párroco D. Agustín Salgado Bouzas / Melchor Ocampo me hizo en Arcos de la Condesa.

No centro do campanario érguese unha torre de fundición, onde pendura unha gran campana do reloxo. Dinos a súa inscrición; JHS María y José Ano de 1932 / Esta campana fue donada por don Juan Rodríguez  Bergueiro y Señora. O sinete (marca de fábrica) pon: Fabricada por Ocampo en Arcos da Condesa.

Apuntar que a inscrición IHS é o anagrama de Xesús en grego. O anagrama de Xesús, que deberon escribir «IHΣ», corresponde á abreviatura de IHΣUΣ, e escríbese usualmente como IHS. Outra variante JHS procedería do latín, aínda que a segunda letra é o “Eta” ou “E” longa grega. Ao parecer, foi introducido como devoción por San Bernardino de Siena. O seu significado é polivalente: para uns é o inicio do nome de Xesús en grego, para outros son as siglas latinas de IESVS HOMO SALVATOR (XESÚS SALVADOR DO HOME).

Santuario Nosa Señora De Guadalupe

Nesta parroquia atópase o famoso santuario en honra da Virxe de Guadalupe, no lugar da Grela. Este templo está orientado ó revés das construcións católicas antigas, velaí que o presbiterio está mirando a Poñente (Oeste), mentres o pórtico esta orientado ó Levante (este). Ten unha soa torre, baixo ela está o campanario con tres campás, a máis grande que mira a Oriente (Este), fundida no ano 1849 por Antonio Blanco Paz en Arcos da Condesa, a mediana que está mirando cara o Boreal (Norte), é do ano 1808 fundida por Juan Manuel de la Vega en Orazo.

Campana do lado Norte
Campá do Este

A campá máis pequena é a que mira a Poñente (Oeste), fundida polos Ocampo en Arcos da Condesa no ano 1902.

Campá do Oeste.

Sobre a campá do ano 1849 temos un apunte no Libro de Fábrica do Santuario da Virxe de Guadalupe. Nas contas  do ano 1850 infórmanos dos gastos que conleva a instalación da campá, dinos o vicario; O campaneiro don Antonio Blanco pola campá maior do santuario 1.638 reais, o ferreiro Francisco Morgade pola fundición do badalo e composición das ferraxes do cepo 50 reais. A persoa que foi buscar e levar unha cabalería para subir a campá 20 reais, polo ferro para a composición do badalo 24 reais e 28 maravedies, o carpinteiro que asentou todas as ferraxes no cepo da campá 6 reais.

Capela de San Blas (anteriormente de San Antón de Padua)

Esta ermida situada no lugar de Monteagudo, está orientada coas normas antigas da igrexa católica, Cabeceira a Levante e Porta a Poñente. Sobre a porta e rematando o tellado, érguese unha pequena espadana na que pendura unha pequena campá, fundida polos Ocampo en Arcos de la Condesa, Caldas de Reis,  no ano 1944.

Capela de San Roque (desaparecida)

(Hoxe desaparecida) No lugar das Quintas, quedan os restos dos muros da capela desaparecida de San Roque, formando parte da extinguida arquitectura relixiosa. A campá está na casa dunha veciña do lugar. Foi fundida por Juan Liste en Orazo, A Estrada, no ano 1890.

Como ollamos, as campás foron elaboradas polos mestres fundidores artesáns de Orazo na Estrada, Juan Manuel de la Vega e polos Liste da mesma parroquia pero en distinta época. As que non foron fundidas en Orazo foron fundidas moi preto, concretamente en Arcos da Condesa, Caldas de Reis, polos mestres fundidores artesáns como Antonio Blanco Paz, Melchor  Ocampo Baliñas ou Juan Ocampo Barreiro, este asinaba co seu nome ou ben coa marca xenérica de “Fabrica por Ocampo en Arcos da Condesa”.

Artigo de Luís Ferro Pego e Xosé Troiano Carril

sidebar

INFORMES

  • ARTE RUPESTRE
  • OS CASTROS
  • NOTICIAS SEN DATAR
  • CRONOLOGÍA DEL MONASTERIO
  • CAMINO DE SANTIAGO
  • CRONOLOGÍA DEL CAMINO
  • 16xx-2021 HISTÓRICO SACERDOTES
  • 1619 CONTRATO REP. IGLESIA
  • 1752 CATASTRO ENSENADA
  • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
  • 1902 – 1966 O TELEFONO
  • 1931 RELOXO DA IGREXA
  • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA AÑO
  • 1951 CARTEL SAN MAURO
  • 1953 CINE PROGRESO
  • 1948-1968 HISTORIA DEL CUARTEL
  • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
  • ROMERÍA Y PROCESIÓN DE A GRELA
  • EL CULTO A LAS FUENTES
  • LOS VIEJOS AUTOBUSES
  • CANTARES POPULARES
  • RAPA DAS BESTAS
  • IMPACTO RED CAMINOS PARCELARIA
  • EVOLUCIÓN DE LA POBLACIÓN
  • A FEIRA DOS CANS
  • O CEIBO
  • O MENHIR DA CASADEABAIXO
  • DATOS DE LA PARROQUIA
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}