
O banco da ferraduras está feito con 110 «zapatos» dos cabalos que completaron varios camiños de Santiago, entre eles o da Geira e dos Arrieiros e o de Ignacio Taverneiro. A iniciativa foi de Vicente Pereiras, un amante dos cabalos, membro da asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo e veciño da Portela (Codeseda).

Un banco e mirador a 776 metros de altitude
A obra está situada no punto máis alto da Serra de Cabanelas (parroquia de Liripio, A Estrada), unha espectacular dorsal granítica dende a que hai unhas fermosas vistas panorámicas espectaculares e se alcanza a ver o mar da zona da Pobra do Caramiñal, na Ría de Arousa.

A zona é coñecida como o Miradoiro do Outeiro Grande e nela instalouse un pórtico, un amarradoiro para os cabalos, un gran mástil e o propio banco, que ten para darlle máis interese, permite xirar 360 grados.

Como chegar
Para visitar o miradoiro hai que aproximarse pola carretera que vai dende A Estrada a Forcarei e despois camiñar 1 Km ata a cima da serra. A ruta a seguir pódese descargar do Wikiloc: