Asociación de Mulleres Rurais Codeseda (A Estrada)
Comezou a súa andaina no ano 1994 cun grupo formado por vinte mulleres rurais con inquedanzas socioculturais, tales como:
- Defender os intereses das mulleres do rural.
- Proporcionarlles ás mulleres do medio rural formación profesional e cultural, contribuíndo á súa total realización laboral e persoal.
- Mellorar o medio rural mediante un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles, que lles permita ás mulleres unhas axeitadas condicións de vida.
- Fomentar e mellorar as relacións entre as persoas da localidade.
Con estes ideais, a asociación comezou a realizar formación para ampliar os coñecementos en campos tales como restauración e tapizado de mobles, informática, manualidades, cociña, pintura, decoración de interiores e agricultura, así como a organizar charlas, conferencias e excursións.
Desde hai unha década prestámoslle unha especial atención á recuperación da artesanía galega, a través da formación e investigación en deseño e encaixe de palillos, vainicas antigas, tecido en tear manual e confección de tapices, alfombras e encaixes.
Cando poden, abren as portas do seu centro ao público para que a xente poida achegarse a estes saberes tradicionais das mulleres, facer prácticas de manexo dun tear, levar unha pequena mostra do que cada quen elaborou ou mesmo adquirir os obxectos feitos nos talleres da asociación. Toalas, mantóns, panos, abanos e flores, todos eles feitos no tear ou adornados con encaixe de palillos, son unha mostra dos traballos artesanais realizados desde la séculos polas mulleres de Codeseda.
Exposición de traballos 25/09/2016: