A carballeira da feira recibe este nome por celebrarse nela, ata hai 40 anos, a tradicional feira dos cans da parroquia de Codeseda.
Ten unha superficie aproximada de 4000 metros cadrados e alí conviven casi medio cento de exemplares de carballos, moitos deles con unhas dimensións e uns fustes extraordinarios, así como un Plataneiro híbrido , que existe no final do camiño que leva a igrexa.
Pero no derradeiro ano, dous exemplares desta carballeira, foron derribados polo vento. Trátase de dous exemplares de Freixo que estaban pegados a pista asfaltada que vai a igrexa, o último derribado no mes de Outono do 2004.
Unha vez no chan, púdose comprobar o seu estado de sequedade , víctima dalgunha enfermidade ou da acción mecanica das máquinas o raspar o solo para o asfaltado da pista. Ahora da igual as causas que provocaran a desaparición destes exemplares, o mais preocupante é o estado no que están moitos dos 48 que todavia quedan nesta carballeira.
Moitos deles presentan importantes danos, como podredumes e falta de ramas, estanse quedando ocos por dentro, e todo isto necesita de coidados especiales para garantir a sua conservación. Sen olvidarse de que a carballeira necesitase ir renovando, co que seria interesante ir introducindo exemplares xa de un tamaño axeitado, para os ocos que van quedando libres. Tamén se podería falar da necesidade de reconstrucción dos seus muros de pedra , así como de outros moitos traballos que se podrían realizar para mellorar o aspecto desta zona. Todas estas medidas son necesarias reclamalas dende as entidades veciñais existentes na parroquia ás administracións públicas para garantir o futuro deste patrimonio natural de Codeseda.
Por último decir que no Plan Xeral do Ordenación Municipal (PXOM), actualmente en fases de exposición e alegacións, ven contemplado este terreno como o ESPACIO LIBRE / ZONA VERDE (ELZV) do concello de A Estrada, que son zonas que poden estar suxeitas a futuras expropiacións.
¡¡¡¡ Ó mellor é un primeiro paso moi importante para a conservación da Carballeira da Feira!!!!!
Texto en gallego elaborado por Nacho (Noviembre 2004)