• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

A Cruz da Grela esculpida en roca natural granítica

A Cruz da Grela

A cruz coñecida en Codeseda co nome de Cruz da Grela está cargada dun gran simbolismo relixioso, moi arraigado entre os fregueses da parroquia, e atópase no alto do monte do devandito lugar, erguida sobre un penedo, facendo de vixía protectora dos romeiros e devotos que subindo polo camiño da Costa chegan aos pés da cruz, e desde esta ata o Santuario da Nosa Señora de Guadalupe que se ergue no lugar da Grela.mas_b_cruz_grela

Trátase dunha cruz latina de proporción inusual cunha altura de 129 centímetros, (tomando a mediada desde o cumio do penedo) brazos de 19 e 23 centímetros, ancho 19 centímetros e 16 de gro so. Fileteada mediante un suco en baixorrelevo en todas as súas ca ras, colocada sobre un penedo irregular cuxa parte se alisou pa ra albergar a cruz.

A falta de comprobar se algunha inscrición apunta a efemérides, recordo de falecido ou exvoto dalgún fiel, o xeito de situarse sobre a rocha pode indicar un intento de cristianizar un lugar de culto pagán, posto que a forma de dis poñer rocha e cruz recorda enormemente o típico símbolo da cruz de evanxelista. Para ser unha cruz de calvario, o pedestal debería pre sentar algún tipo de chanzo, ao modo do cruceiro.

Coa chegada da concentración parcelaria hai mais de dous lustros, (por certo que aínda non re matou), a zona onde se atopa a cruz quedou protexida, facéndoselle un acceso pola pista principal. Non foi tan afortunado o camiño da Costa que desapareceu, integrándose entre as parcelas.

A celebración da festa na honra da Nosa Señora de Guadalupe conmemorábase o día 7 do mes de setembro, a esta festividade chegaban romeiros e devotos dos concellos limítrofes, así como da costa, Vilagarcía, Cangas, Marín e demais veciños da mariña galega, que en horas de perigo nas faenas do mar, se ofrecían a Nosa Señora, e os emigrantes embarcados nos vapores cara América, pregan do en momentos de apuros a virxe de Guadalupe.

O día da festividade os mariñeiros facían cos seus remos un arco baixo el pasaba la procesión. Agora trasladouse ao fin de semana. Trátase dunha celebración relixiosa e outra pagá, a primeira comeza cunha novena, á que acoden moitos devotos, e no día grande celébranse varias misas, sendo a solemne ás 13,00 horas.

Tanto é o fervor relixioso que a xente deposita nesta Santa, que ese día non se cabe no santuario. A segunda celebración consiste nunha festa de folclore, xogos para os cativos, entretemento para maiores, gaiteiros, banda de música, orquestras á noite, e fes ta de papar polbo, empanada e churrasco, regado polos bos cal dos da nosa terra.

Non hai moitos ano despois de xantar saía de Codeseda unha procesión de costume secular, que partía da igrexa parroquial de San Xurxo de Codeseda, encabezada polo cura propio da freguesía seguido dos parroquianos, que transportaban a ombros ó patrón, San Xorxe, que encabezaba a procesión, seguido de catro imaxes (daquela a xente abondaba) e postos en fileira camiño do Santuario da Grela, pasaban pola carballeira de Codeseda, onde xiraban á dereita, ata a casa da Loureira, onde se viraba á esquerda para entrar no camiño da Costa, camiño ma lo de andar, que era pedregoso e en costa ata chegar ao alto da Cruz.

Alí acollían a comitiva relixiosa, que partira de Codeseda, os veciños da Grela que a ombros levaban a Virxe ata o alto da Cruz. A chegada da comitiva requiría unha cerimonia (o encontro da Cruz da Grela) que consistía en que o santo patrón e demais santos fixeran a reverencia á Virxe anfitriona e, mentres o sacerdote rezaba unhas oracións, os devotos axeonllábanse no chan en mostra de acatamento e veneración.

Rapazas da escola recitaban poesías en honra da Virxe da Grela. De seguido e marchando a Virxe á cabeza, poñíase en marcha a procesión ata o Santuario da Grela, onde os santos permanecían ata o domingo. Logo traíanos de volta á igrexa parroquial polos mesmos medios.

Coa chegada dun novo administrador parroquial, (o anterior, don José Barreiro contaba 90 anos) o reverendo don Rubén Diéguez que co seu saber estar, a súa espiritualidade, a xuventude e as ganas de recuperar tradicións tanto relixiosas como culturais, fai que xurda a carón deste sacerdote, unha nutrida recua de fregueses dispostos a sacrificar o seu tempo de lecer en apoio e a favor da recuperación das tradicións da parroquia baixo a súa dirección.

Texto de LUIS FERRO e JOSÉ BÉRTOLO
Publicado tamén no Faro de Vigo o 14/03/2015

cruz-da-Grela-en-pedra

A Cruz de A Grela con A Estrada y Santiago al fondo

Situados entre o túmulo de A Cruz da Grela e a necrópole de Monte Outeiro, sitúase a Cruz daGrela (GA36017R08). Esta cruz está realizada, nunha soa peza, sobre un bloque granítico insitu.
Está incluído no catálogo arqueolóxico do concello da Estrada debido ao seu emprazamento, na mesma unidade fisiográfica que o grupo tumular de Monte Outeiro, e á súa proximidade ao túmulo de A Grela, así como á súa función sinalizadora, xa que está colocada no cruce de dúas vías tradicionais, unha de dirección norte-sur, camiño Marcenlos-A Portela, e outra leste-oeste, camiño Codeseda- A Grela, polo que está funcionando como indicador da importancia que ten esta zona dende o punto de vista do tránsito, aparentemente dende épocas prehistóricas.

Extracto do Informe de Impacto Arqueolóxico da Concentración Parcelaria.

a-grela-cruz-da-cruce-caminos-cruceiro-galicia

O cruce de camiños no alto da Cruz da Grela visto nas fotos aéreas de 1956

 

Patrimonio arquelóxico catalogado no PXOM

sidebar

SITIOS

  • IGLESIA PARROQUIAL
  • CAPILLA DE A GRELA
  • CAPILLA DE SAN BLAS
  • ERMITA DE SAN ROQUE
  • CASTRO das CERCAS
  • CASTRO TROCASTELLO
  • CASTRO de MARCENLOS
  • PAZO DE MONTEAGUDO
  • CRUZ DA GRELA
  • CRUCEIRO DA ANSÁN
  • RÍOS
  • FERVENZAS AS QUINTAS
  • MOLINOS
  • FUENTES
  • FÁBRICA DE LUZ
  • RELOJES DE SOL
  • CARBALLEIRA DA FEIRA
  • PRESA DE LEIRA
  • A PONTE do CASTELO
  • CRUCEIROS
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}