D. Andrés Antonio Canitrot Alonso «O Mestre Canitrot» – (Sanxenxo, 1906 – Pontevedra, 1987)
(Texto en gallego)
Traemos ata estas páxinas, a un personaxe que exerceu de mestre no lugar da Grela, casando con unha veciña de este lugar, donde naceron os seus fillos. Sendo admirado e querido por os veciños de Codeseda e moi en particular por os da Grela, deixando una profunda impronta no corazón dos seus alumnos. Por a súas connotación e peculiarismo desexamos que o Mestre Canitrot se atope entre os personaxes de Codeseda.
Don Andrés Antonio Canitrot Alonso, naceu na parroquia de Bordóns, no concello de Sanxenxo o día 23 de febreiro de 1906, fillo de don Miguel Canitrot Martínez e da súa muller dona Elvira Alonso Sueiro, naturais e veciños de Sanxenxo, e neto por liña paterna de don Manuel Canitrot Rodríguez e de dona Matilde Martínez Méndez , naturais de Sanxenxo e por a materna de don Manuel Alonso Sueiro e de dona Juana Sueiro Lores, naturais e veciños do concello de Sanxenxo.
Realiza os estudos de bacharel e o maxisterio en Pontevedra, baixo a tutela do seu tío don Antonio Canitrot reitor da parroquia de Agudelo-Barro.
Co paso dos anos don Andrés Antonio finaliza a súa carreira de mestre que o trae hasta o lugar da Grela pertencente á pedanía de Codeseda. Sendo nomeado en virtude da orde de 10 de setembro de 1934, publicado na Gaceta de Madrid (11/14-9-1934), tomou posesión de mestre propietario da escola nacional mixta da Grela na casa do concello da Estrada ante a secretaria do consello local de primeira ensinanza o día primeiro de outono de 1934.
O lugar de a Grela por o ano 1926 mantiña unha abundante poboación sobre todo escolar, por o gran número de fillos que se tiñan nese momento, por o que a escola contaba con nutrido grupo de rapazas e rapaces, xa que esta escola era mixta e englobaba as poboacións, Bouzas 10 habitantes, Bugalleira con 33, Coto con 16 e a Grela con 178 habitantes.
Por esta data o réxime político en España era a república, gozando das liberdades que hoxe desfrutamos, mais o estalar a guerra civil, (18 xuño 1936) pérdense as garantías da democracia, sendo perseguidas, represaliadas e asasinadas, moitas persoas, e o seu único crime, era pensar de forma destinta, ter pertencido algún sindicato ou partido político.
Don Andrés Antonio, soia pasear o remate da xornada escolar, por as corredoiras que partían do lugar ata as fermosas carballeiras que rodeaban a aldea, e esquecese do tempo facendo lectura preto do santuario de Nosa Señora de Guadalupe, virxe que se venera neste fermoso lugar. Nos seus percorridos, percátase de unha fermosa moza nove anos mais xoven que él, chamada Isaura da que se namora perdidamente e que chegará a ser a nai dos seus fillos, quen o acompañará durante o resto da súa vida.
Don Andrés Canitrot, pertencía á federación de traballadores da ensinanza, do que nunca se arrepentiu, pero que lle trouxo fortes quebracabezas. Co inicio do Alzamento Nacional foi “represaliado” a pesar dos informes favorables de conduta moral e profesional. Con data de 30 de agosto de 1936 o gobernador civil da provincia sancionouno con tres meses de suspensión de emprego e soldo, sanción que apoiou o señor reitor da Universidade de Santiago e maila Xunta de Decanos de dita universidade. Retornou á escola da Grela o 7 de nadal de 1936.
Sempre se atopou o mestre Canitrot, rodeado de un nutrido grupo de amigos, como o médico don José Pena Eirin e a súa muller Manolita Chicharro, o xefe de falanxe, don José Pego Castro, quen emitía os informes favorables. Os mestres don José Ferro Cerviño, don Lisardo Castro Picallo e a sua muller doña Dolores Aguado Martínez, o boticario e mestre don Francisco Eirín Torres e a sua muller Lola. Os cregos, don Constante, don Severino, don Manuel Troitiño, don Jesús e don Ernesto. Poderiamos encher un largo rol con un cento de follas co nome de todos los amigos.
A parella de noivos fartos de cortexar deciden contraer esponsais ante o xuíz municipal da Estrada as 11 horas do día 4 de setembro de 1937,dona Isaura Andión Vilaboa, naceu en Codeseda o día 23 de xuño de 1915, filla de don José Andión Fraiz e de dona Josefa Vilaboa Iglesias, ambos naturais e veciños de Codeseda, sendo neta por liña paterna de don Andrés Andión Fraiz e de dona Manuela Fraiz Garrido, naturais da pedanía de Codeseda, e por liña materna de don Antonio Vilaboa Garrido e de dona Xosefa Iglesias, naturais de Codeseda. Cando casan o pai dela tubo que darlle autorización para casar por ser menor de idade.
Un ano despois, chega a súa primeira filla, nace a media tarde no lugar do Coto o día 19 de xuno de 1938, impóndolle o nome de Isaura Elvira Matilde.
Os natalicios seguen a chegar a casa do Coto, do mestre Canitrot, e así a medía tarde do día 12 de xullo do ano de 1940, nace un novo meniño o que se lle impoñerá o nome de Antonio.
Pero as relacións da ditadura do xeneral Franco con don Andrés foron de mal en peor. Por orde da Dirección Xeral de primeira ensinanza do 14 de outono de 1940, resolveuse que don Andrés Canitrot Alonso, mestre da escola nacional da Grela, fose sancionado con traslado dentro da provincia, pasando con carácter definitivo á escola nacional de San Roque de Arbo cun soldo anual de 4.000 pesetas, polo que foi cesado da escola da Grela o día 6 de novembro de 1940.
Tras moitos rifes rafes, o xefe da oficina de Depuración de Persoal do Ministerio da Educación Nacional con data de 24 do nadal de 1941 dá conta de que o ministro firmou unha orde na que se resolveron varios expedientes de depuración en trámite de revisión, dando resolución definitiva, polo que é confirmado no seu cargo don Andrés Canitrot Alonso como mestre da Grela, pero quedando inhabilitado para o exercicio de cargos directivos e de confianza nas institucións culturais e de ensinanza. Tomou pois de novo posesión da súa apreciada e querida escola da Grela na casa consistorial da Estrada o 14 de xaneiro de 1942.
A familia atópase outra vez na Grela, cheos de felicidade pois outro meniño esta a vir o mundo no lugar da Grela, nace de noite sobre as 23 horas do día 12 de xaneiro de 1943, e impoñerase o nome de José Miguel.
Unha nova desgraza invade de cheo a familia Canitrot Andión, o seu fillo Antonio falece o ferirse de gravidade cando se atopaba xogando co estornela. Este tráxico suceso aconteceu ó día 28 de marzo de 1949.
Pero a teima das autoridades non cesou e un novo expediente contra don Andrés Canitrot sancionouno con suspensión de emprego e soldo por dous anos, sendo trasladado fóra da provincia e sen poder solicitar vacante durante cinco anos e inhabilitación para cargos directivos, polo que tivo que cesar como mestre de A Grela o 10 de novembro de 1952. Temos que pensar que esta sanción non se levou a cabo por o menos a de non poder solicitar vacante en cinco anos, pois don Andrés Canitrot xa se atopaba de novo na escola da Grela, con data de 12 xaneiro de 1954.
Unha vez mais chega un novo nacemento a casa familiar dos Canitrot Andión, nace una meniña o día 29 de xuño de 1955, a que se lle impoñerá o nome de María Cruz.
Os dous fillos maiores trasládanse a cidade de Pontevedra para continuar cos seus estudos de bacharel, o que fai que a familia Canitrot Andión teña que deixar a Grela na procura de un futuro mellor para os seus descendentes.
Remata o mestre don Andres Antonio Canitrot Alonso o seu paso por a escola da Grela, cesando de forma definitiva, esta vez a petición propia o día 31 de agosto de 1958. Concedéndolle traslado para escola de Marcón en Pontevedra.
Co paso dos anos a súa filla dona Isaura Canitrot Andión, remata a carreira de mestra, e retorna a escola da Grela, sendo nomeada mestra substituta da Grela o 14 de marzo de 1960, continuando o magnífico labor que levaba a cabo seu pai. Os outros dous irmáns don José Miguel e dona María Cruz non seguen a profesión de mestre como o seu pai, se non que optan por a mediciña.
O pasamento de don Andres Canitrot Alonso, acontece en Pontevedra cando contaba 81 anos de idade, o día 27 de maio de 1987, e o óbito da súa muller, acaeceu na mesma cidade o día 8 de outono de 2008.
Texto elaborado por Luís Manuel Ferro Pego.
Codeseda, primavera do ano 2013