O ceibo é unha árbore orixinaria de América, da zona subtropical.
O exemplar que está plantado ó lado da fonte vella de Codeseda foi doada por Dona Manuela Castro, veciña de Fontenlo, de esta parroquia de Codeseda, á Asociación de Veciños de A Sagrada e Codesal. Foi transplantada a este lugar em novembro do ano 2004.
A súa presenza en parques e xardíns pon unha nota de cor. O admirador evita arranca-las súas flores debido a que as súas ramas posúen unha especie de espiñas. A flor do ceibo, foi declarada flor nacional arxentina por Decreto do Poder Executivo da Nación no 138474/42 con data do 23 de dezembro de 1942.
Descripción botánica:
Pertence á familia das leguminosas. O seu nome científico é Erythrina Cristagalli.
Planta arbórea que pode alcanzar 20 m. de altura e 1 m. de diámetro no tronco, de flores vermellas con cinco pétalos que nacen antes que as follas e fruto en vaiñas de unhos 15 cm. de lonxitude e de 2 a 3,5 cm. de ancho donde se aloxan de 2 a 6 sementes de forma arriñonada de color castaño escuro.
A súa cortiza é suberosa, resquebraxada, persistente. Tronco gordo e copa extensa provista de aguillóns. Follaxe caduco de inverno.
Enlaces externos:
Información sobre el ceibo en la página Tierra de Gauchos.
Información cedida por Ángel Manteiga, autor tamén da escultura que se ve columna da fonte.