• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • BANCO DAS FERRADURAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

O cine «Progreso» de Codeseda

Este é un dos escasos programas de man que se conservan onde se fai referencia ao Cine Progreso de Codeseda

O 14 de xaneiro de 1953, Manuel Constenla Magán presenta un documento no Concello da Estrada, solicitando montar un cine no lugar de Sagrada na parroquia de Codeseda: “Que es propósito del exponente, instalar en la parroquia de Codeseda de este municipio, un local dedicado a CINE en un edificio que en el lugar de Sagrada de la misma parroquia posee D. Jesús Valladares Salgado, y necesitando para ello la correspondiente licencia municipal…”
Despois de ler todo o expediente comprobamos que logo de aprobarse os trámites necesarios, un auxiliar da oficina de Recadación do Concello comparece e acredita que o cine é denominado “Progreso”. Consta de 18 filas de asentos corridos cunha capacidade de 8 persoas en cada banco, resultando, por tanto, unha capacidade aproximada de 144 espectadores. No expediente aparece unha nota a lapis indicando que “empezou a actuación o 15 marzo 1953”. Con todo, non parece que esa sexa a data da primeira proxección, xa que hai un parte de proxeccións enviado polo delegado local do Ministerio de Información e Turismo, Jaime Aguilar Polo ao delegado provincial con data de 28 de febreiro de 1953, onde xa aparece recollido este cine: Tengo el honor de remitir adjunto, con los prospectos correspondientes, los partes de proyecciones habidas durante el mes de la fecha en el “Salón Novedades” y “Teatro Principal”de esta localidad y en el cine “Progreso” de la parroquia de Codeseda de este término municipal. Se reparamos no feito de que as películas en Codeseda proxectábanse os domingos, sería lóxico pensar que a inauguración e primeira proxección foi o 22 de febreiro de 1953.

Documento do ano 1953 e foto de Manuel Constenla e Cayetano Parada

Manuel Constenla era un empresario na Estrada, home moi emprendedor, que decidiu embarcarse na aventura de montar un cine en Codeseda porque naqueles días era unha vila con moitísima vida e o seu cuñado, o carteiro Cayetano Parada propúxollo como negocio con potencial. Así crearon entre os dous unha sociedade de palabra. Os bancos de madeira da sala encargáronllos a Pepe das Caixas, o carpinteiro de Codeseda. En canto ao proxector, mercáronllo de segunda man ao cinema Tamberlick de Vigo. Os inicios foron moi duros. Manuel ía e viña todos os días de proxección en bicicleta desde A Estrada a Codeseda, de tal forma que, a maioría das veces, cando regresaba a casa eran as tres da madrugada. Co paso do tempo, puido comprar unha furgoneta que lle facilitou os desprazamentos. En canto ao traballo, facían de todo.
De feito, Manuel encargouse do despacho de billetes e Cayetano exercía as funcións de porteiro. Tamén lle presentaba semanalmente a listaxe das proxeccións ao delegado local de Información e Turismo, Jaime Aguilar.

Pouco tempo despois, contratan como operador de cinematógrafo ao fillo de Manuel, Gonzalo Constenla Sangiao. Este traballara como axudante no cinema Salón Novedades da Estrada. Gonzalo presentouse ás oposicións para operador, que se convocaban cada cinco anos, e realizou o exame no cinema Tamberlick, en Vigo. Diante do tribunal había máis de 70 opositores e el conseguiu o número 1 da súa promoción. Co carné na man, púxose a traballar no cinema Progreso de Codeseda. En canto ao cadro de persoal, pedindo desculpas de antemán por posibles esquecementos, podemos nomear a:

  • Dono e xerente: Manuel Constenla Magán e Cayetano Parada
  • Proxeccionista: José Parada Sangiao – Gonzalo Constenla Sangiao
  • Axudante de cabina: Miguel Sieiro Salgado
  • Encargados do despacho de billetes: Manuela Parada , José Carracedo Garrido, Sofía Sangiao
  • Acomodador: Manuel Carracedo Garrido

Os irmáns Carracedo, eran uns adolescentes nesa época. Manuel lembra que facían todo tipo de traballos tales como varrer a beirarrúa (á noite antes porque lles daba vergoña), repartir os programas de man á saída da igrexa, facer de acomodadores, mesmo axudar nalgunha proxección. Manuel lembra que tiñan a habitación da súa casa chea dos carteis das películas, pero por desgraza non conserva ningún. A entrada
ao cinema custaba 3 pesetas. Entre as anécdotas, cóntame unha coa que rimos especialmente. Resulta que o público estaba afeito ás películas españolas, que finalizaban coa palabra FIN a toda pantalla. Pero en certa ocasión puxeron un filme americano que, loxicamente, acabou coa frase THE END. Alí non se movía ninguén, así é que tivo que ir correndo a abrir as portas, berrando: Acabou!!!

Isabel Parada

Isabel Parada lembra que o cartel coas letras Cine Progreso, pintadas a man, era unha táboa de madeira colocada sobre a porta de entrada. Tampouco é que fixese falta moito máis, pois todo o mundo coñecía a súa localización na alameda de Codeseda. Alí non houbo teatro nin espectáculos,
soamente cinema. As proxeccións eran os domingos e festivos ás 18.00 h. Isabel era a filla de Cayetano e Sofía. Na época da inauguración do cine andaba polos dez anos e por tanto non contaban con ela para axudar no negocio. Malia todo, tiña unha función que demostra o moito que cambiaron os tempos desde aquela. Cóntame que as películas chegaban a Codeseda os xoves ou venres, co cal había tempo dabondo para revisalas, pero algunhas veces atrasábanse ata o sábado pola tarde ou mesmo o domingo pola mañá. Cando isto ocorría, cos seus escasos 10 anos, dábanlle os partes de censura e subíana o autobús para que viñese ata A Estrada. Ela soa achegábase ata a oficina/vivenda do censor, Jaime Aguilar Polo, para que este asinase os papeis e lle dese o permiso de proxección, para volver a coller La Estradense e regresar con tempo a Codeseda para que a película puidese proxectarse.
Isabel tamén lembra que, tras as primeiras proxeccións, tiveron que retirar as dúas primeiras filas de asentos e pasar os bancos ao final do local, xa que algunhas persoas estaban tan preto da pantalla que chegaron a marearse. A cabina de proxección estaba ao nivel do chan, ao fondo do local. Era moi pequena e só tiña unha mínima abertura por onde saía a lente do proxector. Finalmente confírmame, coma todos os entrevistados, o gusto especial que había en Codeseda polas películas españolas musicais. As súas favoritas eran as de Lola Flores, Carmen Sevilla, Luís Mariano ou calquera outra estrela da canción.
Son moitos os que lembran en Codeseda que á saída de misa escoitábanse os altofalantes con música e o anuncio das películas que podían ver (normalmente só había películas os domingos) e tamén á señora Sofía Sangiao carrexando a saca cos rolos de película. Tamén recordan aquelas tardes estupendas de domingo con gran cantidade de xente gozando da alameda, as mozas e mozos de ganchete, paseando, conversando uns e outros, preparándose para ir o salón de baile ou esperando a hora para entrar no cine. Despois, a saída da sesión, viñan os comentarios sobre o ben ou mal que estivera a película e as cantarelas cando o filme era dos de “cante”.

No lateral esquerdo da alameda de Codeseda atópase o edificio onde estaba situado o cine Progreso.
Ocupaba o baixo onde vemos o portal. Antes de ser cine, foi reloxería e ao deixar a actividade
cinematográfica reconverteuse en tenda de teas.

A primeira película desta sala de cine foi Agustina de Aragón (1950) con Aurora Bautista. O éxito foi tan rotundo que por petición do público puxérona sete días seguidos a función diaria. Gonzalo Constenla cóntame que, ademais, ían polas aldeas próximas a Codeseda cun altofalante e música anunciando as películas. Os cheos eran case continuos. Lembra o gusto polas españoladas de cante, as de Cantinflas, as de Tarzán e o exitazo coas do cantante Jorge Negrete. Deberon botar oito ou nove películas deste artista mexicano, repetindo varias funcións de ¡Así se quiere en Jalisco! (1942).

Ramón Beiro outro veciño que naqueles anos vivía en Codeseda cóntame que o cura de entón era D. Ignacio Trillanes e levounos ao cinema nalgunha ocasión como parte das actividades do catecismo. Alí viu, por exemplo, Balarrasa (1951) protagonizada por Fernando Fernán Gómez ou La mies es mucha (1948) de José Luis Sáenz de Heredia. Ambas as dúas de temática moi clerical e moi do gusto do cura. Entre os seus recordos está a nota censora na porta da igrexa coa clasificación moral aínda que nunca houbo películas que puidesen cualificarse de “maiores”.
Segundo un informe da Garda Civil o cine Progreso pechou a súa actividade en 1958.
Os recordos de Gonzalo Constenla parecen indicar que a máquina de cine vendeuse ao cinematógrafo de Vila de Cruces.
En 1959, desde a Xefatura Provincial de Administración de Pontevedra pídeselles a todos os Concellos da provincia que remitan informe sobre as taxas recadadas polo concepto de representacións cinematográficas en cada localidade. No escrito de contestación asinado polo alcalde da Estrada, deixa claro que só existen dous cinemas na vila, o Salón Novedades e o Teatro Principal. Por tanto parece claro que en 1959 xa non existía o cine Progreso de Codeseda.

Texto e imaxes cedidas por J. Pedro Pérez Pérez

sidebar

INFORMES

  • ARTE RUPESTRE
  • OS CASTROS
  • NOTICIAS SEN DATAR
  • CRONOLOGÍA DEL MONASTERIO
  • CAMINO DE SANTIAGO
  • CRONOLOGÍA DEL CAMINO
  • 16xx-2021 HISTÓRICO SACERDOTES
  • 1619 CONTRATO REP. IGLESIA
  • 1752 CATASTRO ENSENADA
  • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
  • 1902 – 1966 O TELEFONO
  • 1931 RELOXO DA IGREXA
  • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA AÑO
  • 1951 CARTEL SAN MAURO
  • 1953 CINE PROGRESO
  • 1948-1968 HISTORIA DEL CUARTEL
  • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
  • ROMERÍA Y PROCESIÓN DE A GRELA
  • EL CULTO A LAS FUENTES
  • LOS VIEJOS AUTOBUSES
  • CANTARES POPULARES
  • RAPA DAS BESTAS
  • IMPACTO RED CAMINOS PARCELARIA
  • EVOLUCIÓN DE LA POBLACIÓN
  • A FEIRA DOS CANS
  • O CEIBO
  • O MENHIR DA CASADEABAIXO
  • DATOS DE LA PARROQUIA
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}