• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Reloxo de torre na igrexa

Foto do ano 1931

No frontispicio da igrexa parroquial de San Xurxo de Codeseda, e baixo unha cuncha de vieira, ábrese un oco circular onde chama a nosa atención a esfera dun reloxo de torre, con numeración romana. Baixo este atópase unha placa de mármore de cor branca, que leva gravado en letras maiúsculas a seguinte inscrición:

RELOJ DONADO
POR JUAN RODRÍGUEZ BERGUEIRO
Y SU ESPOSA
AÑO 1931

A donación

Don Juan Rodríguez Bergueiro, dinos a súa partida de bautismo, foi bautizado na igrexa parroquial de San Xurxo de Codeseda o día 2 de novembro de 1862: naceu ás seis da tarde do día 1, fillo de José María Rodríguez Pena e de Manuela Bergueiro Eirín. Avós paternos Manuel Rodríguez, natural de Codeseda, e Manuela da Pena (esta natural de Souto e veciños da Abragán). Avós maternos Juan Bergueiro e María Josefa Eirín, veciños do lugar da Abragán, que foron os padriños de bautismo.

A través das redes sociais, correo electrónico e Whatsapp, manteño contacto desde fai anos con don Carlos A. Rodríguez, natural e veciño de Bos Aires. Quen me facilíta información sobre o seu tío avó don Juan Rodríguez Bergueiro, confirmando que finou en Buenos Aires- Argentina no mes de agosto de 1928, que estaba casado con  Dolores López, esta natural de San Román no concello de Vivero-Lugo. Ademais de aportar o documento onde se convocan a todos aqueles que crean poidan ter dereito sobre os bens deixados por Juan Rodríguez Bergueiro.

No Boletín Oficial da República de Argentina, dinos o edicto:

“El Juez Nicolas González Iramain, ha dispuesto se cite, llame y emplace por el término de treinta días, a todos los que se consideren con derecho a los bienes dejados por Juan Rordíguez Bergueiro, ya sean como herederos o acreedores, para que dentro de dicho término, comparezca a deducir sus acciones. Buenos Aires, abril 29 de 1931”.

Cando fixo a doazón do reloxo de torre ó pobo de Codeseda, no ano 1931, xa acontecerá o pasamento, e a doazón debeuna facer a súa muller Dolores López, en nome del, pois como queda dito mais arriba este finara no ano 1928”.

Ubicación

Para chegar ó reloxo de torre da igrexa de Codeseda, entramos por unha porta exterior que queda a dereita do edificio, que nos conduce ó campanario. Temos que subir uns 55 chanzos angostos, escuros e gastados polo paso do tempo. En cada andar unha xanela permite a entrada de luz. Baixo o campanario ábrese unha pequena porta que da acceso a un cuarto escuro e estreito onde se acubilla a maquinaria do reloxo. Esta descansa sobre unha estrutura de ladrillo.

Os detalles do reloxo

Dinos unha placa de cor vermella, posta no bastidor:

Fabrica de Reloxos Moisés Díez. Palencia. Modelo Nº 9. Construído no ano 1931. Nº 618.

Se observamos con detenemento podemos apreciar, que o bastidor ten as mesmas filigranas, o péndulo e igual e a maioría das pezas da maquinaria pertencen a un reloxo da marca francesa terraillom-Petitjean.

 Moisés Díez importaba reloxos da factoría Odobey de Morez, en Francia. Polo tanto este reloxo é da marca Terraillon-Petitjean, aínda que fabricando nos talleres de Palencia as pezas que fosen precisas para a súa transformación e arranxo; e mesmo gravando na esfera o nome de  Moisés Díez-Palencia.

A torre

Sobre a maquinaria do reloxo temos o campanario, polo que debemos subir 10 chanzos máis.  E alí, no centro, atopamos unha torre de ferro da que pendura unha  campá do reloxo de grandes dimensións,  onde o antigo martelo facía soar con forza os sinais horarios, dando as badaladas das horas e das medias.

A campá do reloxo.

Dinos a inscrición da campá:

ESTA CAMPANA FUE DONADA POR DON JUAN RODRIGUEZ BERGUEIRO  Y SEÑORA.

Un selo pon:

FABRICADA POR OCAMPO EN ARCOS DE LA CONDESA.  AÑO 1932

Os detalles

O estado do reloxo digamos que é regular: pódese recuperar, pero precisa dunha limpeza e engrase xerais.

Mercé á inestimable colaboración do señor cura párroco don Rubén Diéguez Gutiérrez (que nos permite consultar o Libro de Fábrica) podemos facer unha breve aínda que intensa investigación sobre os arranxos no reloxo.

A primeira reseña que se fai do reloxo de torre de Codeseda aparece no Libro de Fábrica no ano 1935, sendo párroco don Antonio Rodríguez Souto: “material e instalación de luces no departamento da maquinaria do reloxo da igrexa 16 pesetas”. Logo aparecen nas contas de varios anos, gastos en aceite, engrase e pequenos arranxos do reloxo.

Sendo crego don José Barreiro Paz, que nos dará as contas desde 1958 ata ben entrado o século XXI, fainos saber nas de 1958-59-60 e 61: “Arranxo martillo reloxo torre 80 pesetas. Arranxos no reloxo 415 pesetas. Pintura para a torre de ferro e mazos das campanas e portas da igrexa 1.336 pesetas. Plancha de plomo para cubrir a maquinaria do reloxo de la torre 537 pesetas”. Acto fúnebre polo e.d. dos donantes do reloxo 450 Pesetas».

O cura párroco segue dando contas de varios anos, mais os gastos do mantemento do reloxo son de pouca relevancia. E temos que esperar ás contas  dos anos 1966-1970 para que aparezcan gastos significativos: «arranxos reloxo da torre 2.300 pesetas». E de novo nos interesan as contas de 1985 “arranxo cruz torreta e tornillos novos 10.000 pesetas». En setembro do ano 1987, os gastos ocasionados no arranxo do reloxo superan con moito as cifras que se viñan empregando ata o momento na reparación do reloxo da torre da igrexa: “restauración esfera reloxo e arranxo corda das agullas que estaban rotas e aceitado maquinaria 53.500 pesetas”. “Ó albanel que colocou o andamio de 12 metros de altura para sacar a esfera do reloxo (que se desfacía en anacos por estar a madeira completamente podrida) e logo colocala outra vez e retirar o andamio 35.000 pesetas. Ó reloxeiro por arranxo da esfera e pezas estropeadas 12.000 pesetas. Ó carpinteriro por facer a nova roda en madeira de teca da esfera 3.000 pesetas”.

O señor cura párroco segue anotando gastos do reloxo nos anos siguientes, mais son pouco significativos.

Co paso dos anos o párroco atopaba mais dificultade para subir as 55 escaleiras, e facer forza dabondo para dar corda ó reloxo. Así que no ano 1982 tomou a decisión de escoller unha persoa para facer ese canso traballo. Recaíu esta responsabilidade sobre Anuncia Lorenzo Sieiro, quen será a persoa encargada de limpar, aceitar e dar corda ó reloxo ata outubro do ano 2009, no que se instala un reloxo electrónico.

O novo reloxo

Este novo reloxo foi montado pola empresa ELEMAR-NOR. S. L. de Oleiros (A Coruña) por un coste de 4.000 euros que se abonaron dos fondos da igrexa. Este novo reloxo poemos afirmar que é propiedade da igrexa, xa que foi mercado cos fondos da mesma.

Temos que subliñar que do reloxo queda tan só a maquinaria, e as transmisións desconectadas as agullas. Poleas, pesas e cables atópanse desaparecidos desde o ano 2009.

A pudremia e o abandono cae sobre a maquinaria do reloxo esquecido non  burato baixo as torres do campanario.

sidebar

INFORMES

  • ARTE RUPESTRE
  • OS CASTROS
  • NOTICIAS SEN DATAR
  • CRONOLOGÍA DEL MONASTERIO
  • CAMINO DE SANTIAGO
  • CRONOLOGÍA DEL CAMINO
  • 16xx-2021 HISTÓRICO SACERDOTES
  • 1619 CONTRATO REP. IGLESIA
  • 1752 CATASTRO ENSENADA
  • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
  • 1902 – 1966 O TELEFONO
  • 1931 RELOXO DA IGREXA
  • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA AÑO
  • 1951 CARTEL SAN MAURO
  • 1953 CINE PROGRESO
  • 1948-1968 HISTORIA DEL CUARTEL
  • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
  • ROMERÍA Y PROCESIÓN DE A GRELA
  • EL CULTO A LAS FUENTES
  • LOS VIEJOS AUTOBUSES
  • CANTARES POPULARES
  • RAPA DAS BESTAS
  • IMPACTO RED CAMINOS PARCELARIA
  • EVOLUCIÓN DE LA POBLACIÓN
  • A FEIRA DOS CANS
  • O CEIBO
  • O MENHIR DA CASADEABAIXO
  • DATOS DE LA PARROQUIA
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}