Estes libros, que rondan as 90 páxinas cada un, conteñen parte do contido desta web e outro de nova creación. A idea xurdíu da solicitude de xente maior que prefire ler en papel en vez de empregar un ordenador. Ata o momento publicáronse 3 volumes que se poden mercar mediante Amazon ou en establecementos colaboradores coma a tenda O Regengo de Codeseda.
O banco das ferraduras

O banco das ferraduras está situado a 776 metros de altitude da Serra de Cabanelas (parroquia de Liripio) nun mirador dende o que se pode ver a ría de Arousa e un amplo territorio das catro provincias galegas.
A presa de Leira

A Presa de Leira é unha condución duns 3 km construída no século XVIII para regar os prados e cultivos da zona de Parada. O seu acueduto sobre o río Umia convértea en algo único, podendo ser o máis antigo que se conserva en funcionamento en Galicia.
Temos tres castros
O Castro das Cercas en As Quintas, o Castro de Marcenlos e o Castro de Trocastello están en terras de Codeseda, ainda que este último casi no límite con Ribela e Parada. Todos eles son lugares máxicos que seguro gardan moitos segredos por descubrir (imaxe é un montaxe dixital).
Colaboración co proxecto de investigación sobre a antiga ruta de peregrinación con inicio en Portugal e paso por Salvaterra de Miño, Ponteareas, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Quireza.
O tramo galego ten 130 km e xa foi percorrido por máis de 200 peregrinos.
O proxecto de recuperación e promoción do Camiño de Ignacio Taverneiro está subvencionado por:

Proxecto de investigación e recuperación dun Camiño de Santiago desenrolado dende o ano 2004, acadándose a Certificación polo Cabido da Catedral e Oficina do Peregrino en marzo de 2019. En abril de 2021, tras ser percorrido por máis de mil peregrinos, a asociación Codeseda Viva entrégalle o proxecto ó Concello da Estrada para que intente lograr o único paso que falta: a oficialización por parte da Xunta de Galicia.
Fotos antigas (Codeseda Galicia)
Invitámoste a velo noso arquivo de fotos antigas, que se converteu nun referente a nivel galego e aparece nas primeiras posicións de Google ó buscar "fotos antiguas de Galicia"
Páxina web dedicada ó pobo de Codeseda (A Estrada, Galicia), xestionada pola asociación Codeseda Viva (G94055472)
Últimas entradas
- Unha palloza en Currelos
- Picos de consumo elevados activan unha inspección na traída pública de agua
- La Rapa das Bestas y el Camiño da Geira hermanan A Estrada y Braga
- Codeseda cabalga polo monte
- Bloqueados pola parcelaria
- Anuncio DOG sobre construcción instalación eléctrica
- O Camiño da Geira despunta en peregrinos
- Éxito da Feira da Primavera
- Alberto Gómez vence en el Open de Pesca a Mosca
- Excursión da Asociación de Mulleres Rurais ás Medulas
- Goteo constante de peregrinos polo Camiño da Geira
- El colegio celebra el día de la Actividad Física en la Calle
- Codeseda Viva entrega los Abadesa Mariana
- O Camiño da Geira e dos Arrieiros aluma os seus primeiros fillos literarios
- O colexio rexistra un bó número de matrículas
- Ruta dende Codeseda ata o banco da Boa Sorte na serra de Cabanelas
- A Estrada recibió a más de 1.200 peregrinos en el 2024 gracias al Camiño da Geira
Para cualquer aclaración ou suxerencia, contáctanos neste correo:

Esta páxina web está online gracias á colaboración do:
