O colexio Cabada Vázquez de Codeseda, a pesares de estar nunha zona rural e de poboación envellecida, está logrando manter uns bós rexistros de novas matriculacións de alumnos; mérito da directiva e equipo docente que goza de gran reputación entre os pais.
Para o ano que ven o colexio recibiu 9 matrículas en total. Seis foron para nenos de 3 anos e tres delas foron para nenos de 4 anos. Este curso son 83 alumnos no colexio, doce en 3 años e cinco en 6º de Primaria.
Os números son pouco relevantes se se comparan coas cifras da maioría das escolas situadas nas cidades, pero son moi significativas para unha zona rural como a nosa, e incluso igualan ás de escolas de capitais municipais próximas, como Forcarei, que conta con 81 estudantes matriculados e recibiu tamén 6 matrículas de 3 anos para o curso que ven.
