• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • JUANA VEIGA
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • BANCO DAS FERRADURAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • IDADE DO BRONCE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
    • AGUAS MEDICINAIS EN BARRO
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Autobuses antigos de Codeseda

EMPRESA FERRO, LIÑA CODESEDA A PONTEVEDRA

Autores: Luis Ferro e JL Rubianes

foille ca fiabilidade da máquina non era a dos tempos de hoxe e, poren, no agromar do ano
1921 ficoulles parado e non dou servizo nun par de días. As máquinas teñenlles tamen as
suas teimas.
Mais logo, o empresario comezou cas primeiras xestións e no ano 1925 consegue amañar
que aquel primeiro ómnibus trocarase nunha liña regular de viaxeiros de Codeseda a
Pontevedra baixo o alcume comercial de “EMPRESA FERRO”. E así podese ler na Gaceta
de Madrid nº 279 de 1925: “Habiendo sido otorgada definitivamente la concesión, con
exclusiva, para el transporte del correo y viajeros y mercancías en la línea de Pontevedra a
Codeseda, a favor de D. Jesús Ferro Rey, vecino de Campo Lameiro, la que comenzará a
regir desde el día 1 de octubre próximo. Se hace público por medio del presente anuncio
cumplimentando lo dispuesto en el artículo 50 del Reglamento de aplicación del Real
decreto de 4 de julio de 1924. Pontevedra 26 de septiembre de 1925. El Secretario- Antonio
Romero.”
O traxecto fornecido po-la compañía descrebese a seguir: Codeseda – Souto – Cequeril –
Campo Lameiro (onde facíase unha parada duns vinte minutos) – Fraguas – Xeve –
Pontevedra.
Este home vertolán tiña moi boa sona entre a veciñanza, pois, ao conseguir unir os pobos do
interior entre Codeseda e Pontevedra, fixo que os habitantes dos lugares non se sentiran
abandoallados, o ter a dispor un medio de transporte por moi pouco diñeiro. E non só
consegue transportar as persoas, senón que tamén estaba autorizado a levar o correo e tiña a
concesión das mercadorías.
O empresario do Campo Lameiro, Jesús Ferro Rey, finou no ano 1928, exercendo o
honorable cargo de Xuíz de Paz do xulgado do Campo Lameiro.
Da compañía “Empresa Ferro” pasaronse facer cargo o seus fillos, José, Jesús e Honorio
Ferro Cerviño deica remata-los anos coarenta. E foi o mais novo dos irmáns, Honorio, quen
ficou ca sociedade cando no agromar dos anos cincoenta os seus irmáns venderonlle-las
suas participacions.
Pasado un tempo Honorio solicita ao concello da Estrada permiso para que a liña salga da
vila. Esta liña seguiu estando operativa con este nome ata o ano 1953, no que a Empresa
Ferro pasa a mans da compañía Auto Industrial con arraigo ourensán. Eis que mudou a
empresa mais non o eito, xa que esta liña regular de viaxeiros segue na actualidade, pois no
ano 1955 a Empresa Cuiña mercou esta liña e consigue que a saída se faga desde a súa base
en Bandeira (Silleda). O seu percurso, na actualidade, é o seguinte: Bandeira – Chapa –
Rellas – S. Sebastián – Foxo – Outeiro – Callobre – A Estrada – Guimarei – Consolación –
Nigoi – Codeseda – Souto – Cequeril – Campo Lameiro – Fraguas – Xeve – Pontevedra.
Deste xeito e grazas a espreita de futuro e a capacidade de desenvolve-lo proxecto que tiña
Jesús Ferro Rey, todos os siareiros das parroquias destes pobos teñen unha comodidade para
os seus desprazamentos deica a capital da Provincia sen necesidade de ter vehículo propio
ou depender doutras persoas.
Unha lembraza merecente para un industrial afouto que contribuiu, como outros de tantos
esquencidos, cos seus azos e folgos ao desenvolvemento da Galicia interior.

Jesús Ferro Rey, era un home culto e estudiado para a época. Fora nado na parroquia de
Lamas (Moraña) no nadal do ano 1867 e a idade de 22 anos, no 1889, casou con Flora
Cerviño Crestar, muller que fora nada en Campo Lameiro, no colo dun casal con forte
vencello na Arxentina.
A parella, con azos de progreso, coida das poucas oportunidades que naquel tempo a
Galicia tiña e ao gallo diso, deciden emigrar cara Arxentina; opción lóxica por mor de ser
un país de fala española, onde había e hai milleiros de galegos, e os Cerviño de Campo
Lameiro alicerce xa tiñan, e mais algúns Ferro adiantaranselles tamén.
Decidense ficar na capital onde xa vivían dous tíos de Jesús e montan unha pensión para
acoller a veciños e paisanos no número 906 da Rúa Bolívar, na capital Bos Aires.
Co decorrer dos anos e dempois de arrecadar algo de prata, deciden de voltar para súa
querida Galicia.
A querencia que ao lugar teñenlle, no que viñeran ao mundo, failles mercar unha casa en
Campo Lameiro, no lugar da Lagoa, onde abren unha casa de comidas.
Neste mesmo lugar, no ano 1909, o Jesús aparece exercendo o cargo de axente executivo da
Axencia do Campo Lameiro, como rexengo das contribucións, arrecadando impostos.
Dinos a Gaceta de Madrid 228 de agosto de 1909, na súa páx. 415: “D. Jesús Ferro Rey,
sita en la parroquia del Campo Lameiro, lugar de Lagoa, donde se halla establecida la
Agencia……”
O casal tivo unha decena de fillos e, como era adoito na época, os homes cursaron estudos
superiores, pola contra as mulleres non, mais casaron ben.
Un dos fillos, chamado José Ferro Cerviño, fixera maxisterio en Pontevedra e, en xaneiro de
1916, fora destinado como mestre, con praza en propiedade, á escola de Codeseda e, alén
diso, axudaba moito a seu pai, tanto no negocio familiar como noutras funcións. Naquel
tempo, logo da capital do Concello, Codeseda era a parroquia mais poboada da Estrada, e a
sua feira abranguia xentes dos veciños concellos de Forcarei, Cerdedo Cuntis e Silleda etc.
Tal foi a forza que Codeseda daquela tiña, que mesmo dispuña de servicio de teléfono.
O devandito José Ferro Cerviño casou cunha boa moza da veciña das Quintas, chamada
Generosa Cortes Otero, en Codeseda, onde achegase toda a familia que procedía de Moraña
e tamén de Campo Lameiro para celebralo.
Co paso dos anos, seu pai, vendo a distancia que había de Campo Lameiro a Codeseda,
como bo empresario, baralla, proxecta e mais arxela o estabelecemento dunha liña regular
de autobuses de viaxeiros para fornecer as poboacións dende Codeseda deica Pontevedra.
Xa no ano de 1920 funcionaba a empresa inda que non de xeito regular, e prestabase dun
Renault modelo 12/22 HP e matrícula PO-3977. O vehículo era daquel mesmo ano de 1920,
carrozado como omnibus e que daquela foi un vehículo comercial clásico do tempo de
entreguerras. Alicerzabase nos chasis de potencia fiscal de 12 a 22 cabalos da marca
francesa, amañados para transporte público lixero ou mesmo servicio de correo. A cousa foille ca fiabilidade da máquina non era a dos tempos de hoxe e, poren, no agromar do ano
1921 ficoulles parado e non dou servizo nun par de días. As máquinas teñenlles tamen as
suas teimas.
Mais logo, o empresario comezou cas primeiras xestións e no ano 1925 consegue amañar
que aquel primeiro ómnibus trocarase nunha liña regular de viaxeiros de Codeseda a
Pontevedra baixo o alcume comercial de “EMPRESA FERRO”. E así podese ler na Gaceta
de Madrid nº 279 de 1925: “Habiendo sido otorgada definitivamente la concesión, con
exclusiva, para el transporte del correo y viajeros y mercancías en la línea de Pontevedra a
Codeseda, a favor de D. Jesús Ferro Rey, vecino de Campo Lameiro, la que comenzará a
regir desde el día 1 de octubre próximo. Se hace público por medio del presente anuncio
cumplimentando lo dispuesto en el artículo 50 del Reglamento de aplicación del Real
decreto de 4 de julio de 1924. Pontevedra 26 de septiembre de 1925. El Secretario- Antonio
Romero.”
O traxecto fornecido po-la compañía descrebese a seguir: Codeseda – Souto – Cequeril –
Campo Lameiro (onde facíase unha parada duns vinte minutos) – Fraguas – Xeve –
Pontevedra.
Este home vertolán tiña moi boa sona entre a veciñanza, pois, ao conseguir unir os pobos do
interior entre Codeseda e Pontevedra, fixo que os habitantes dos lugares non se sentiran
abandoallados, o ter a dispor un medio de transporte por moi pouco diñeiro. E non só
consegue transportar as persoas, senón que tamén estaba autorizado a levar o correo e tiña a
concesión das mercadorías.
O empresario do Campo Lameiro, Jesús Ferro Rey, finou no ano 1928, exercendo o
honorable cargo de Xuíz de Paz do xulgado do Campo Lameiro.
Da compañía “Empresa Ferro” pasaronse facer cargo o seus fillos, José, Jesús e Honorio
Ferro Cerviño deica remata-los anos coarenta. E foi o mais novo dos irmáns, Honorio, quen
ficou ca sociedade cando no agromar dos anos cincoenta os seus irmáns venderonlle-las
suas participacions.
Pasado un tempo Honorio solicita ao concello da Estrada permiso para que a liña salga da
vila. Esta liña seguiu estando operativa con este nome ata o ano 1953, no que a Empresa
Ferro pasa a mans da compañía Auto Industrial con arraigo ourensán. Eis que mudou a
empresa mais non o eito, xa que esta liña regular de viaxeiros segue na actualidade, pois no
ano 1955 a Empresa Cuiña mercou esta liña e consigue que a saída se faga desde a súa base
en Bandeira (Silleda). O seu percurso, na actualidade, é o seguinte: Bandeira – Chapa –
Rellas – S. Sebastián – Foxo – Outeiro – Callobre – A Estrada – Guimarei – Consolación –
Nigoi – Codeseda – Souto – Cequeril – Campo Lameiro – Fraguas – Xeve – Pontevedra.
Deste xeito e grazas a espreita de futuro e a capacidade de desenvolve-lo proxecto que tiña
Jesús Ferro Rey, todos os siareiros das parroquias destes pobos teñen unha comodidade para
os seus desprazamentos deica a capital da Provincia sen necesidade de ter vehículo propio
ou depender doutras persoas.
Unha lembraza merecente para un industrial afouto que contribuiu, como outros de tantos
esquencidos, cos seus azos e folgos ao desenvolvemento da Galicia interior.

«Quibén de Codeseda»

No Faro de Vigo temos presentado varias liñas de transporte, tanto de viaxeiros como de mercadorías, que durante a primeira metade do século XX deron resposta ás necesidades dos veciños de Codeseda e bisbarra, como as liñas de transporte Ferro ou Plus-Ultra. Outra empresa que funcionou nesa época foi a que pertencía a José Quibén, baixo o nome de Quibén de Codeseda.

José Quibén Vázquez naceu en Murillas (Campo Lameiro) o 1 de decembro de 1904, fillo de Manuel Quibén Quibén e de María Vázquez Piñeiro. Contraeu matrimonio canónico na igrexa parroquial de San Xurxo de Codeseda o 9 de xullo do ano 1932 con Dolores Fraíz Rodríguez, filla de Francisco Fraíz Garrido e Isolina Rodríguez Barreiro. A casa onde casou José Quibén era unha das mellores do lugar de Xubrei na parroquia de Codeseda. Ofrecía servizo de taberna, casa de comidas e pensión. Do abastecemento da adega do viño do ribeiro encargábase José, que o ía buscar a Ourense nun remolque que tiña para o ómnibus. Este home traballaba de chofer, exercía de mecánico e empeñouse en facer un garaxe a carón da casa para os vehículos.

Aló polo ano 1929 José estaba a traballar como chofer para o seú cuñado José Álvarez, quen tiña un pequeno ómnibus de transporte de viaxeiros chamado Plus Ultra.

No ano 1931 comezou a traballar xunto con Manuel Barros Eirín no transporte de viaxeiros con dous vellos ómnibus das marcas Chevrolet, matrícula PO-2133 con 15 cabalos de potencia. E un Studebarker matrícula PO-2832 con unha forza de 23 cabalos de potencia e 25 asientos.

Porén pronto tivo o seu propio automóbil de turismo que mercou no ano 1932, un coche americano Nasch matrícula SE 13288 cun motor de 6 e 8 cilindros, 21 CV de potencia e 7 asentos, para uso particular.

E ese mesmo ano adquire xunto a Manuel Barros un ómnibus modelo Chevrolet, matrícula PO-4428, con 20 cabalos de potencia e con autorización para 20 pasaxeiros. Este será vendido no ano 1933.

Chega o ano 1936 e José Quiben toma a determinación de desligarse da unión que o vencellaba a Manuel Barros, e decide mercar un novo ómnibus e comezar de novo, así con data 14 de febreiro de 1936 en Fuente Maior de Canedo (Ourense) Quiben merca a Manuel González Rodríguez, industrial de venda de coches e pezas usadas, un novo automóbil por 1.228 pesetas e 80 céntimos. A nova adquisición era un ómnibus marca Chevrolet, matrícula OR-1199, con número motor 170.488 de 20 cabalos de potencia e 20 asentos.

Con este ómnibus circula mais de 20 anos, e no ano 1958 merca un motor usado para adaptar no chasis e carroceria do novo ómnibus.

Dinos a documentación sobre ese mecanismo; «Procedente de la Junta Liquidadora del Material del Ministerio del Aire, según certificación nº 1239 fecha 6 de abril 1.954. El motor procede del vehículo PO-6708. Este automóvil ha sido inscripto por D. José Quiben Vázquez» Na parte baixa do documento, dinos; Matricula PO – 12.728. Documento con data de 24 de marzo de 1958.

E a súa tarxeta de transporte do ano 1963 dános máis datos: «matrícula PO-12728, año 1963, autobús, plazas 29»

A súa tarxeta de circulación amósanos que, saíndo da vella cocheira de Xubrei en Codeseda, podía circular de Codeseda ata A Estrada, os días 7, 16 e derradeiro do mes; A Santiago os xoves e a Pontevedra o día 1 e 15 de cada mes, pois eses eran os días das feiras naquela época.

Cando a feira era importante incorporáballe un remolque para transportar o gando. O vehículo tiña na parte frontal superior un letreiro onde se anunciaba en letras maiúsculas «FERIAS Y FIESTA» e nos laterais «QUIBEN DE CODESEDA».

Ademais de levar aos veciños dos pobos por onde tiña a ruta das feiras, tamén os levaba en excursións, moitas delas polas Rias Baixas, así como a romarías e festas patronais, sobre todo as da contorna. Carrexaba igualmente aos músicos e, como non, acudía a moitas vodas levando e traendo os convidados.

José Quibén circulaba sempre paseniño, é dicir, bastante máis amodo que os seus competidores, pero el non tiña présa e sempre ía á mesma velocidade, segundo podemos saber por familiares. Seica lle poñía unha cuña debaixo do acelerador para non excederse na velocidade. Isto aproveitabámolo os rapaces para ir colgados na escaleira da parte traseira desde Codeseda ata á curva do Agüeiro nas Quintas. Nesta curva o señor Quibén minoraba un chisco a velocidade para darnos tempo a descolgarnos.

O pasamento de José Quibén Vázquez aconteceu en Codeseda o 23 de febreiro de 1968 e foi soterrado no cemiterio de Codeseda. O seu recordo segue vivo en nós.

Luís Ferro / José Manuel Bértolo(Oct 2026)

Cando Codeseda tiña liña con Marín

Pepe de Manolo, como se coñecía a José María Álvarez Gómez, foi un ourensán de nacemento afincado en Codeseda que a finais dos anos 20 de século fundou a empresa de transporte de viaxeiros Ómnibus Plus-Ultra. Durante anos operou conectando a parroquia estradense con Marín, ata que a Guerra Civil cambiou o rumbo do seu negocio

Codeseda a principios do século XX era a parroquia estradense con máis habitantes e cun gran pulo económico grazas ás dúas feiras que tiña cada mes, pois eran máis importantes que as da propia vila. Para facernos unha idea de como era Codeseda, basta dicir que chegou a ter ata tres empresas de ómnibus de viaxeiros e mercadorías, mentres que ata ese momento para desprazarse ata a Estrada ou a outro lugar había que ir a pé, a cabalo ou no carromato de Mato tirado por cabalos.

Así mesmo Codeseda era a única parroquia do concello estradense que contaba con cuartel da Garda Civil, ademais de médicos e farmacia, así como doutros servicios esenciais. A Codeseda chegaban xentes de moitos lugares para facerse un traxe, pois había xastres con prestixio, ou mesmo para facerse unhas fotografías, pois era algo que non era posible noutras parroquias.

Nesta época trasladouse a Codeseda a familia de José María Álvarez Gómez, nado o día 15 de xullo de 1892, fillo de Manuel Álvarez Rodríguez e de Camila Gómez Cid, naturais de San Xosé da Carballeira no concello ourensán de Nogueira de Ramuín.

José María, que en Codeseda era coñecido por Pepe de Manolo, contraeu matrimonio canónico na igrexa parroquial de San Xurxo de o 1 de decembro de 1928 con Manuela Fraíz Rodríguez, filla de Francisco Fraiz Garrido e de Isolina Rodríguez Barreiro. Como regalo de vodas recibiu do seu cuñado Cachafeiro un coche De Dion Bouton, fabricado en Chavín, moi preto de Viveiro (Lugo) na factoría de José Barro, que tiña licencia exclusiva da marca francesa para a venta de turismos, ómnibus e camións. Estes turismos portaban un motor fiable e de longa duración, cun chasis reforzado de moi boa calidade.

Pepe de Manolo estreou o seu turismo na súa lúa de mel, viaxando no seu vehículo De Dion Bouton xunto a súa recente esposa ata Madrid, máis concretamente ata O Pardo.

Do seu permiso de conducir extraemos os seguintes datos: o titular tiña como profesión a de mecánico e tiña «Permiso de Primeira Clase» e «Permiso para conducir por todas las vías públicas de España, vehículos de motor mecánico de 2º y 3ª categoría», según o Regulamento de circulación de vehículos de 16 xuño 1926.

Pepe de Manolo, que estaba en posesión do permiso de conducir bastante antes de casar e traballaba como chofer para a empresa de ómnibus La Estradense, con domicilio social na capital da vila da Estrada, era un home emprendedor e de moitos recursos. Co paso dos anos deixou este traballo para formar a súa propia empresa, mercando un pequeno ómnibus que o deu en chamar PLUS- ULTRA.

Naqueles tempos o de conseguir pezas para armar un ómnibus era toda unha proeza. Mercábase o motor por unha banda, o chasis por outra e igualmente a carrocería, logo ensamblábase todo. As carrocerías eran de madeira forradas no exterior con chapa. O seu primeiro ómnibus tiña unhas 20 prazas, rodas de radios, bucina de aire sobre a porta do chofer, escaleira no lateral para poder chegar ao teito, onde ían equipaxes e roda de reposto. Tiña un frontal espectacular cun gran radiador e dous focos a cada lado sobre as aletas ou gardalamas, e ademais da porta do condutor tiña outras dúas polo outro lado, unha na parte da diante e outra na da atrás. No lateral do ómnibus sobresaía o letreiro PLUS-ULTRA

Comezou a funcionar como ómnibus de viaxeiros a finais dos anos vinte do século pasado, facendo a liña de Codeseda a Marín unha vez á semana. José María contratou como choferes a José Sieiro, José Quibén e a Manuel Barros. Os dous primeiros, Sieiro e Quibén, co paso dos anos non tardan en montar as súas propias empresas de ómnibus en Codeseda.

Tras varios anos transportando a viaxeiros ata Marín, a comezos da guerra civil española, é requisado o ómnibus PLUS-ULTRA e levado para Pontevedra. Ao finalizar a contenda devólvenlle o ómnibus, que ven acompañado dunha relación de todos os servizos prestados durante a loita fratricida.

Tras anos perdidos polo secuestro do ómnibus PLUS-ULTRA e ter que dedicarse a outras tarefas como o comercio, o seu propietario decide vender o ómnibus. E deste xeito Codeseda perde unha pequena empresa de transporte de viaxeiros e mercadorías, o que propicia a apertura doutras, as de Quibén e Sieiro.

Acontece o pasamento do señor Pepe de Manolo en Codeseda, o día 6 de setembro de 1967.

Artigo de Luis Ferro en Faro de Vigo 24 SEPT 2026


Los viejos autobuses de Codeseda

A principios del siglo XX, los carruajes de Mato, tirados por caballos, constituían la única posibilidad de los vecinos de Codeseda para viajar por las carreteras de A Estrada para llegar a municipios limítrofes y hasta Santiago. Cuando llegaron los primeros autobuses, esta parroquia, que siempre fue la más poblada del municipio, fue pionera en la creación de pequeñas empresas de transporte de viajeros. En el último número de la revista cultural Tabeirós-Terra, Luis Porto explica, en un pequeño reportaje, parte de la historia de aquellas iniciativas, de sus empresas, autobuses, líneas y chóferes.

La primera empresa de transporte público de viajeros que surgió en Codeseda lo hizo de la mano de José Álvarez Gómez. Hasta entonces, los carruajes realizaban servicios discrecionales trasladando a las gentes, y sus mercancías, a las localidades cercanas y a sus ferias.

José Álvarez dejó su trabajo de chofer en La Estradense, para crear su propia empresa, que denominó Plus Ultra, tras hacerse con un pequeño autobús. Tuvo que adquirir el chasis y el motor, como era habitual en aquellos años, y después carrozarlo para el uso que deseaba. Este hombre contaba con un carnet de primera, que le habilitaba para conducir todo tipo de vehículos.

La empresa acabó contratando a varios chóferes, como Manuel Quibén, Manolo de Lino y José Sieiro, personajes que quedaron ligados posteriormente a la memoria de Codeseda y de sus autobuses, incluso con empresas y líneas que se salían del ámbito parroquial y municipal.

La empresa Quibén y, posteriormente, la de Sieiro tomaron el relevo en los años y en las décadas siguientes, ampliando los recorridos y ajustando su oferta a una creciente demanda de viajeros en una época de esplendor para aquellos viejos autobuses.

En los sesenta, la competencia ya se hizo más insoportable para estas pequeñas empresas locales, que acabaron desapareciendo en esa década. En sus últimos años, las empresas subsistieron gracias a viajes que se organizaban para acudir a las ferias, recorridos hasta la capitalidad y excursiones que se organizaban tanto en Codeseda como en las parroquias limítrofes. Luis Porto aporta también detalles de la vitalidad y vida social de Codeseda en los años veinte.

En relación también a esta parroquia, resaltar que el alcalde ya solicitó el ensanche de la carretera de Campo Lameiro con zahorra bien compactada en los arcenes.

Luis Porto
La Voz de Galicia 16-12-03

sidebar

INFORMES

  • ARTE RUPESTRE
  • IDADE DO BRONCE
  • OS CASTROS
  • NOTICIAS SEN DATAR
  • CRONOLOGÍA DEL MONASTERIO
  • CAMINO DE SANTIAGO
  • CRONOLOGÍA DEL CAMINO
  • 16xx-2021 HISTÓRICO SACERDOTES
  • 1619 CONTRATO REP. IGLESIA
  • 1752 CATASTRO ENSENADA
  • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
  • 1902 – 1966 O TELEFONO
  • 1931 RELOXO DA IGREXA
  • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA AÑO
  • 1951 CARTEL SAN MAURO
  • 1953 CINE PROGRESO
  • 1948-1968 HISTORIA DEL CUARTEL
  • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
  • ROMERÍA Y PROCESIÓN DE A GRELA
  • EL CULTO A LAS FUENTES
  • LOS VIEJOS AUTOBUSES
  • CANTARES POPULARES
  • RAPA DAS BESTAS
  • IMPACTO RED CAMINOS PARCELARIA
  • EVOLUCIÓN DE LA POBLACIÓN
  • A FEIRA DOS CANS
  • O CEIBO
  • O MENHIR DA CASADEABAIXO
  • DATOS DE LA PARROQUIA
  • AGUAS MEDICINAIS EN BARRO
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal Transparencia

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}