• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • 1835 NOTICIAS PRENSA
    • 1928 NOTICIAS PRENSA
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

A Rianxeira coa Banda de Gaitas de Forcarei

Publicado el 05.09.16 por Codeseda.com

A canción A Rianxeira non pode faltar en ningunha celebración en honor á Virxe de Guadalupe. O 3 de septiembre de 2016, despois de celebrar a histórica procesión polo monte, diante da capilla da Grela (1748), foi interpretada  pola Banda de Gaitas de Forcarei o Coro Vales Mahía de Bandeira e o numeroso público asistente.

A Rianxeira coa Banda de Gaitas de Forcarei (extracto):

Letra (hai varias versións)

A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo,
a Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo
a barquiña que a leva
era de pao de laranxo
a barquiña que a leva
era de pao de laranxo.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias rianxeira
que te vas a marear.
(repetir)

A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira,
a Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira,
descalciña pola area
parece unha rianxeira,
descalciña pola area
parece unha rianxeira.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias rianxeira
que te vas a marear.
(repetir)

A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña,
a Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña,
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña,
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias rianxeira
que te vas a marear.
(repetir)
a-rianxeira-letra-cancion-virxe-guadalupe-rianxo

Cantando A Rianxeira na Grela coa Banda de Gaitas de Forcarei

A canción ten varias versións da letra e tamén pode variar a orden dos versos.
Esta parece ser a canción orixinal:

Moito me gustas rianxeira
que estás eiquí na Arxentina
verche cantar e bailare
coma alá na terra miña.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vás a marear.

Que guapa estabas rapaza
cando che vín na ribeira,
tiñal-a cara morena
coma a Virxe Rianxeira.

A virxe de Guadalupe
vái no iate de Baltare,
lévana os rianxeiros
a remolque polo mar.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vás a marear.

 

Agradecemos a Pepa Martínez, do grupo de Facebook Cancións e músicos rianxeiros, o envío destas outras letras:

1-A Virxe de Guadalupe ten a casiña no Campo,e chámanlle a Moreniña os bós fillos de Rianxo.
2-A Virxe de Guadalupe, velai vai pola Ribeira, en manguiñas de camisa, parece unha rianxeira
3-Moito me gustas rianxeira que estas aqui na Arxentina, verche cantar e bailare como alá na terra miña.
4-A Virxe de Guadalupe vai no iate de Baltar, lévana os rianxeiros a remolque polo mar.
5-A Virxe de Guadalupe cando veu para Rianxo, o barquiño que a trouxo era de pau de laranxo.
6-Que guapa estabas rapaza cando che vin na Ribeira, tíñala cara morena como a Virxe rianxeira
7-A virxen de Guadalupe quen a puxo moreniña,foi un raiño de sol que entrou pola ventaniña
8-A virxen de Guadalupe ten uns zapatiños blancos,que llos regalou o cura para pasear o campo
9-A virxen de Guadalupe,esa si quee era boiña,por ser boa rianxeira,ai fichou polo celtiña.
10-A virxen de guadalupe do ceo baixouna un anxo, baixouna para quedar,quedar pra sempre en Rianxo.
11-Mariñeiro de Rianxo,seas probe ou seas rico, levalle á nosa señora,nun caraveliño un bico
12-A Virxe de Guadalupe,sempre a levo comigo,Acompañame por sempre,como un bo e fiel amigo
13-A Virxe de Guadalupe disque é miña madriña, que sorte a de miña nai, que boa comadre tiña
14-A Virxen de Guadalupe,xa non quere ir para Jalisco, quere kedar en Rianxo para comer bó marisco
15-A Virxe de Guadalupe foi a Arxentina e volveu,foi a ver a Castelao, foi a ver a Castelao que alá moi lonxe morreu.
16-A Virxe de Guadalupe non hai Virxe coma ela igual navega por mar que peregrina por terra
17-A Virxe de Gudalupe ten uns zapatiños brancos, que llos regalou o cura para pasear o Campo.
18-Na festa de Guadalupe non me quixeches bailar, tes moito arroallo, nena, pero ainda che ha pesar.
19-A Virxe de Guadalupe,ten uns sapatiños brancos,que llos regalou o cura para pasear no Campo.
20-A Virxe de Guadalupe,ten un tellado de pedra,ben o podía ter de ouro se o cura non llo ..odera.
21-Vindo pola Ría de Arousa,o vento rifoume a vela, a Virxe de Guadalupe deume os cartos para ela.

Categorias: Ano 2016, Celebraciones

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Campamento de Verán de julio a septiembre 26/05/2022
  • Open de Pesca a Mosca en el río Umia 23/05/2022
  • Entrega premios Abadesa Mariana 05/05/2022

Temas

  • _Últimas noticias (12)
  • Ano 2002 (14)
  • Ano 2003 (24)
  • Ano 2004 (21)
  • Ano 2005 (20)
  • Ano 2006 (36)
  • Año 2007 (10)
  • Año 2008 (31)
  • Ano 2009 (34)
  • Ano 2010 (10)
  • Ano 2011 (16)
  • Ano 2012 (15)
  • Ano 2013 (18)
  • Año 2014 (15)
  • Ano 2015 (24)
  • Ano 2016 (53)
  • Ano 2017 (43)
  • Ano 2018 (48)
  • Ano 2019 (41)
  • Ano 2020 (23)
  • Ano 2021 (40)
  • Asoc. de Mulleres (5)
  • Camino peregrinos (76)
  • Celebraciones (118)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (45)
  • Concentración parcelaria (24)
  • Iglesia y antiguo monasterio (16)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (18)
  • Obras (73)
  • Prehistoria (9)
  • Ruta Senderismo (32)
  • Sector agrario (24)
  • Sucesos y notificaciones (78)
  • Traída de agua (37)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR