Nas últimas semanas estivéronse levando a cabo desbroces pola zona do río Umia. Falta resinalizar a zona do monte dende Sabucedo ás Quintas, traballo que está previsto levar a cabo despois da Rapa das Bestas, e algúns pequenos detalles de sinalización e desbroces en puntos concretos.
Cóntase que para a terceira semán de xullo estea toda preparada.
Aínda así recoméndase levar o track gps no teléfono por se nalgún punto se perdeu a marcación polo paso do gando salvaxe ou de maquinaria forestal.
Gran Noite de San Xoán o 23 de xuño
A Asociación Veciñal Parroquial As 23 Aldeas de Codeseda organiza o San Xoán, unha cita que combinará gastronomía, convivencia veciñal e a maxia dunha das noites máis emblemáticas do ano.
Leer másA Sagrada contará cunha mellora dos seus espazos públicos e accesos a vivendas
O Concello da Estrada continúa coa tramitación de novas actuacións de mellora no rural, entre as que destaca un proxecto destinado á parroquia de Codeseda que permitirá acondicionar espazos públicos e optimizar os accesos a varias vivendas do núcleo. A iniciativa forma parte dos investimentos financiados a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e busca reforzar a funcionalidade e seguridade das infraestruturas locais.
Leer másO CEIP de Codeseda consolídase como unha das opcións máis demandadas para Infantil
O centro rural contará con 13 alumnos de novo ingreso, oito deles procedentes do casco urbano da Estrada
O CEIP de Codeseda volverá situarse o próximo curso entre os centros educativos con maior capacidade de atracción do municipio. Segundo as solicitudes de admisión rexistradas durante o prazo oficial, o colexio contará con 13 reservas de praza para o primeiro curso de Educación Infantil, unha cifra que o sitúa practicamente ao nivel de centros de maior tamaño e cun ámbito de influencia moito máis amplo.
Leer másUn labor de premio
Noticia de Faro de Vigo
A Asociación Codeseda Viva celebrou onte na Sala Abanca da Estrada a sétima edición dos seus Premios Abadesa Mariana, un certame que busca recoñecer o labor deses axentes que ao longo de todo o ano contribúen á recuperación e conservación do patrimonio material e inmaterial do Camiño, especialmente o da Geira e dos Arrieiros.
Leer másEntrega dos Premios Abadesa Mariana 2026
A Estrada, 18 de abril de 2026. — A Sala Abanca da Estrada acolleu este sábado a cerimonia de entrega dos Premios Abadesa Mariana 2026. Esta xornada, organizada pola asociación Codeseda Viva, estivo dedicada a poñer en valor o patrimonio e a hospitalidade vencellada ás rutas de peregrinación.
Leer más23 Aldeas, el renacer vecinal de Codeseda
Nace una nueva agrupación de vecinos en esta parroquia estradense con el objetivo de dinamizar la vida social y mejorar sus espacios, especialmente ante la creciente exposición turística por el Camiño da Geira
Leer más