• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • 1835 NOTICIAS PRENSA
    • 1928 NOTICIAS PRENSA
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

O Camiño da Geira presenta máis de 900 peregrinos como aval para a oficialidade

Publicado el 23.01.22 por Codeseda.com

Máis de 900 persoas fixeron en 2021 o Camiño da Geira e dos Arrieiros. O itinerario a Santiago de Compostela foi recuperado hai só uns anos e en 2017 foi recoñecido pola Igrexa, que xa entrega a compostelana aos peregrinos que completan o itinerario que conecta a cidade portuguesa de Braga coa catedral de Santiago cun percorrido que pasa polo interior da provincia de Pontevedra.

Dous peregrinos polo tramo da Geira (Terras de Bouro, PT)

Deste xeito, o Camiño da Geira e dos Arrieiros parte de Braga e atravesa a serra do Xurés (Gerês), o Sur da provincia de Ourense e o interior de Pontevedra, pasando por concellos como Soutelo de Montes, Forcarei ou A Estrada.

«Este é un camiño que existía e que facían os arrieiros dende a zona do Ribeiro para levar o viño e outros produtos a Santiago. Estaba olvidado, déuselle máis protagonismo ao Camiño Portugués ou ao da Costa, pero hai uns anos un grupo de mozos atoparon información sobre o tema e propuxéronse recuperalo», apunta Fran Liste, integrante da asociación Codeseda Viva e un dos impulsores do proxecto.

O camiño quedou documentado en textos antigos que acreditan a súa existencia como ruta xacobea. «Hai moito peregrino que vén de Portugal porque alí é o comezo do camiño, por iso entre os portugueses é máis popular«, indica Liste.

Pero os peregrinos que fan este itinerario veñen de moitos outros países. Entre os 904 camiñantes de 2021 había xente dos Países Baixos, Estados Unidos, Reino Unido, Australia, Polonia, Italia ou España.

«Comezamos a recuperar este itinerario en 2017, pero coa pandemia tivemos un parón de peregrinos, o bo é que en 2021 recuperamos o nivel que tiñamos antes da covid, o que demostra que a xente ten interese por este itinerario», conta Fran Liste.

Sobre as características desta ruta a Santiago, destaca o seu valor paisaxístico, ao atravesar un enclave como a Serra do Xurés. O valor cultural deste camiño está ligado á vida rural e á natureza, así como á forma de vida das poboacións fronteirizas.

«Aínda que pase por zonas de montaña non é un camiño especialmente duro, de feito este ano viu unha muller de 82 anos dende os Países Baixos para facer o percorrido ela soa. Podes organizarte e tardar máis ou menos días en facer o camiño, en función do que esteas disposto a camiñar cada día», conta Liste.

Un dos obxectivos dos impulsores da recuperación do camiño da Geira e dos Arrieiros é que sexa declarado oficial. Aínda que a Igrexa xa o recoñece, o apoio da Xunta a este itinerario sería determinante para mellorar o seu estado e a sinalización.

«Agora mesmo somos un grupo de persoas traballando como voluntarias para publicitar este camiño nas redes e ter unha páxina web, pero é necesario o recoñecemento e respaldo da Xunta para apoiar este proxecto e que poida medrar«, conta.

Por outra banda, Liste sinala que o descoñecemento desta ruta convértea nun camiño con encanto ao non estar masificado, pero tamén é preciso dotalo de servizos. «Dependendo da zona pola que pasen os peregrinos custa máis ou menos atopar un lugar onde durmir ou comer, pero tamén é certo que os veciños das vilas polas que transcorre o camiño son moi amables e están dispostos a prestar a axuda precisa aos peregrinos», explica.

Os impulsores desta ruta xacobea xa se reuniron en decembro co conselleiro de Cultura para buscar o recoñecemento da mesma por parte da Xunta, que se comprometeu a estudar este e outros itinerarios a Santiago.

Para crear un sistema que examine esta cuestión co máximo rigor e garantías, o Goberno autonómico conta coa colaboración do CSIC, a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, situado en Santiago, que desenvolverá os requisitos documentais e históricos que se deben cumprir para que o Camiño da Geira e dos Arrieiros sexa oficial.

HÉLDER CARVALHO: «ESTA É A RUTA MÁIS PURA E XENUINA DAS TRES QUE FIXEN»

Hélder Carvalho foi un dos peregrinos que en 2021 realizaron o Camiño da Geira e dos Arrieiros. «Eu xa fixera o Camiño Portugués e o da Costa e, como son de Braga, decidín probar un novo e facer este en setembro de 2021″, indica.

Fíxoo xunto a un amigo e recoñece que o itinerario ten tramos máis difíciles ao atravesar o Xurés. «Eu tiña unhas expectativas altas porque é un camiño con moita carga natural, e de todos os que fixen este foi o máis puro e xenuíno«, apunta o peregrino.

Carvalho valora a vertente rural do camiño, un ámbito que se está a perder, xa que pasa por aldeas e vilas pequenas sen atravesar grandes cidades. «Teño claro que volverei facelo, non sei se este ano ou o seguinte, porque non se consegue ver todo o que che gustaría só unha vez», conta.

Do mesmo xeito, sinala que cómpre mellorar sinalización e servizos para os peregrinos, aos que ás veces lles custa atopar lugares onde durmir ou comer. «As institucións deben apoiar este itinerario un pouco máis para dotalo de máis servizos, aínda que así tamén teña o seu encanto», reclama.

Noticia de Diario de Pontevedra

Categorias: _Últimas noticias, Camino peregrinos

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Campamento de Verán de julio a septiembre 26/05/2022
  • Open de Pesca a Mosca en el río Umia 23/05/2022
  • Entrega premios Abadesa Mariana 05/05/2022

Temas

  • _Últimas noticias (12)
  • Ano 2002 (14)
  • Ano 2003 (24)
  • Ano 2004 (21)
  • Ano 2005 (20)
  • Ano 2006 (36)
  • Año 2007 (10)
  • Año 2008 (31)
  • Ano 2009 (34)
  • Ano 2010 (10)
  • Ano 2011 (16)
  • Ano 2012 (15)
  • Ano 2013 (18)
  • Año 2014 (15)
  • Ano 2015 (24)
  • Ano 2016 (53)
  • Ano 2017 (43)
  • Ano 2018 (48)
  • Ano 2019 (41)
  • Ano 2020 (23)
  • Ano 2021 (40)
  • Asoc. de Mulleres (5)
  • Camino peregrinos (76)
  • Celebraciones (118)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (45)
  • Concentración parcelaria (24)
  • Iglesia y antiguo monasterio (16)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (18)
  • Obras (73)
  • Prehistoria (9)
  • Ruta Senderismo (32)
  • Sector agrario (24)
  • Sucesos y notificaciones (78)
  • Traída de agua (37)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR