• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • BANCO DAS FERRADURAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Solicitud para que a Carballeira da Feira quede a nome do Concello

Publicado el 13.07.16 por Codeseda.com

Varios veciños da parroquia, xunto coa asociación Codeseda Viva, solicitan que a parcela 924 do polígono de masas nº 5, coñecida tradicionalmente como A Carballeira da Feira deixe de ter a catalogación de masa común e quede baixo a titularidade do Concello de A Estrada no proceso de concentración parcelaria.

A Lei de concentración parcelaria de Galicia di que, se hai necesidade ou é convinte dispoñer de determinadas superficies para equipamientos colectivos ou outros fins de interés xeral, pódese proponer esta utilización con cargo ó fondo.

Masa común

parcelaria-carballeira-feira-a-estrada

Carballeira da Feira – parcela 924 da parcelaria

Na actualidade estes terrenos están catalogados como masa común. Esto é o que dí a Lei sobre elas:

La finalidad de la masa común de tierras será la corrección de errores manifiestos de los que se deriven perjuicios para las personas afectadas por la concentración.
Transcurrido 
un año desde que el acuerdo de concentración fuera firme, los fondos restantes pasarán a integrar el Banco de Tierras de Galicia, sin perjuicio de la adjudicación de fincas integrantes del mismo que se realice por decisión del órgano competente en materia de agricultura, a consecuencia de actas complementarias o de rectificación de la de reorganización de la propiedad.

Como se pode ver, esta clasificación deixa no aire o destino final da carballeira, que tanto podería quedar para o Bantegal, como ser otorgada a un propietario particular.

Propiedade do Concello

Quedando como propiedade do Concello garantízase que todos os veciños poderán facer uso dela sin depender da vontade dun propietario particular. A posibilidade de que, en lugar de quedar a nome do Concello, quedase a nome da parroquia de Codeseda tamén foi posta sobre a mesa, pero non resulta posible por tratarse soamente dunha división administrativa e non ter personalidade xurídica.

En canto ós usos futuros solicitados hai diversas opinións entre os veciños, así que na proposta tratouse de recoller os de todos eles e reflexar os xa consolidados nas últimas décadas:

  • Zona verde: xustificada porque a maioría dos carballos que a compoñen teñen máis de cen anos.
  • Recreativo: xustificado porque sempre foi un lugar típico onde xogaron os rapaces e se celebraron dende sempre feiras e festas.
  • Relixioso: xustificado por ser o recorrido tradicional das procesións relixiosas e ubicarse nela un cruceiro de finais do século XVIII.
  • Aparcamento: xustificado por ser, especialmente nos laterais este e oeste, lugar típico de aparcamento en ocasións de gran concurrencia de xente como bodas ou entierros ou para servizo das vivendas.

Proceso

Esta iniciativa foille proposta a principios de mes a José López, Alcalde de A Estrada, que a recibiu con interés e mostrouse disposto a, tras os trámites e consultas legais, intentar levala a cabo.

O Servizo de Infraestructuras Agrarias da Xunta de Galicia informa de que, dependendo do sistema organizativo e de delegación de competencias que teña establecido o Concello, será necesario aprobar a solicitude no Pleno, na Xunta de Goberno ou no órgano correspondente, pero a solicitude é totalmente viable.

Todos de acordo

Tendo en conta que, poñer a todos os veciños totalmente de acordo sobre este ou calquer outro asunto é unha tarea case imposible, a intención dos promotores da iniciativa é que polo menos a gran maioría queden satisfeitos co resultado.

Para eso iniciouse unha ronda de consultas con moitos das persoas que viven ou pasan máis tempo cerca da referida carballeira que manifestaron a súa conformidade asinando a solicitude.

Paralelamente tamén se consultou a todos os grupos políticos con representación no Pleno do Concello de A Estrada, obtendo en todos os casos unha resposta positiva.

En vista dos apoios recibidos a iniciativa segue adiante e espérase que pronto se obteñan os resultados.

Extracto da Acta do Pleno do Concello

ACTA DA SESIÓN CELEBRADA POLO PLENO DESTE CONCELLO O 4 DE AGOSTO DE 2016

SEÑORES/AS ASISTENTES:
GRUPO P.P.
D. JUAN MANUEL CONSTENLA CARBÓN Concelleiro
D. ALBERTO MANUEL BLANCO CARRACEDO Concelleiro
DNA. AMALIA GOLDAR CORA Concelleira
D. ÓSCAR ALEJANDRO DURÁN BARROS Concelleiro do PP
D. MARÍA ÁNGELES PAIS CARBIA Concelleira
D. MIGUEL ÓSCAR RANCAÑO BRAÑANOVA Concelleiro
DNA. MARÍA DEL CARMEN DURÁN LEA Concelleira
D. JOSÉ ISMAEL PENA VILLAMOR Concelleiro
DNA. LUCÍA SEOANE ROSENDE Concelleira
D. NEMESIO IGNACIO REY PAZOS Concelleiro
GRUPO PsdeG-PSOE
DNA. BELÉN LOUZAO VIEITES Concelleira
D. ROMÁN SUÁREZ PORTO Concelleiro do PSdeG-PSOE
DNA. Mª MONTSERRAT MACEIRAS VICENTE Concelleira
DNA. ANA ASOREY BREA Concelleira do PSdeG-PSOE
D. LUIS RENDO ARAUJO Concelleiro
D. MANUEL FERNÁNDEZ CERDEIRA Concelleiro
D. EDUARDO JOSÉ DAVILA RODRÍGUEZ Concelleiro
DNA. SILVIA NEIRA IGLESIAS Concelleira
GRUPO MÓVETE
DNA. MARÍA DEL MAR BLANCO CASAIS Concelleira
GRUPO BNG
SECRETARIA DNA. Mª JESUSA FERNÁNDEZ BASCUAS
FALTAN Á SESIÓN
D. JOSÉ LÓPEZ CAMPOS Alcalde-Presidente
D. XOSÉ MAGARIÑOS MACEIRAS Concelleiro do BNG

ORDE DO DÍA
***************
1º.- DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE
RELATIVO Á MOCIÓN CONXUNTA DE TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS RELATIVA Á
CARBALLEIRA DA FEIRA DE A SAGRADA (CODESEDA).
O Sr. Alcalde en funcións da letura a este punto dicindo que se trata dunha moción conxunta de todos os grupos políticos municipais sobre a Carballeira da Feira de A Sagrada, sita en Codeseda, e que foi tratada previamente na Comisión Informativa de Medio Rural e Medio Ambiente. Continúa explicando que, con motivo do proceso de concentración parcelaria de Codeseda, atópase clasificada como masa común a Carballeira de A Sagrada, un lugar de reunión social para a celebración de eventos religiosos ou festivos, ademáis de zona de xogos para os máis cativos, sen esquecer que nese predio atópase ubicado un cruceiro do século XVIII; polo anterior, considera que é importante que dito predio pase a ser propiedade do Concello da Estrada, co fin de seguer mantendo o uso que se lle está dando na actualidade, polo que, nesta moción, se propón solicitar á Consellería de Medio Rural que esta parcela deixa de ter a catalogación de masa común e quede baixo a titularidade do Concello da Estrada.
Intervén a Concelleira de PSdeG-PSOE, Dna. Belén Louzao, para dicir que esa moción conxunta vai co compromiso do Concello de garantír que os veciños poidan seguer disfrutando da nomeada Carballeira na mesma medida que estaban a facer ata de agora, e, en base a ese compromiso, o seu grupo apoia e asina esta moción conxunta, sobre todo tendo en conta que se trata dun ben patrimonial e, como tal, debe de coidarse e administrarse a súa utilización sempre en beneficio dos veciños.
Pide a palabra a Concelleira de MÓVETE, Dna. Mar Blanco, manifestando que o seu grupo político está a favor desta Moción conxunta, xa que vai en defensa do ben común, garantindo o uso veciñal deste espazo. Por último, agradece a
iniciativa dos veciños de Codeseda.
Toma a palabra o Sr. Alcalde en funcións para aclarar que esta moción é produto dunha previa solicitude dos veciños de Codeseda, sendo de lei apoiar esta iniciativa así como loitar por o mantemento destes espazos, sendo o organismos máis adecuado para elo o propio Concello.
Non habendo máis intervencións procedese á votación, adoptándose, por unanimidade, o seguinte ACORDO:
Visto o ecrito presentado con data 22/07/2016 (RE nº 9654) pola Asociación “Codeseda Viva” e outros particulares asinantes, solicitando que a parcela número 924 do polígono de masas nº 5, coñecida tradicionalmente como A Carballeira da Feira, deixa de ter a catalogación de masa común e quede baixo a titularidade do Concello da Estrada no proceso de concentración parcelaria, de sorte que os usos futuros a quedar recoñecidos serían:
 Zona verde: xustificada, porque a maioría dos carballos que a compoñen teñen máis de cen anos.
 Recreativo: xustificado, porque sempre foi un lugar típico onde xogaron os rapaces e se celebraron dende sempre feiras e festas.
 Relixioso: xustificado, por ser o recorrido tradicional das procesións relixiosas e ubicarse nela un cruceiro de finais do século XVIII.
 Aparcamento: xustificado, por ser, especialmente nos laterais este e oeste, lugar típico de aparcamento en ocasión de gran concurrencia de xente como bodas ou enterros ou para servizo das vivendas.
Vista a moción conxunta que sobre o respecto perfilan/presentan todos os grupos políticos municipais con data 28/07/2016 que se transcribe de seguido:
“Os grupos políticos integrantes do Pleno municipal do Concello da Estrada, de acordo co establecido nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, sexa presentada para o seu debate a aprobación polo Pleno unha MOCIÓN relativa a TITULARIDADE DA PARCELA NO 924 POLÍGONO 5 DA Z.C.P. DE CODESEDA.
EXPOSICIÓNS DE MOTIVOS
Na actualidade, estase a levar a cabo o proceso de zona de concentración parcelaria da parroquia de Codeseda.
Entre as fincas de reemprazo atópase a Finca nº 924 do Polígono nº 5, coñecida tradicionalmente como A Carballeira da Feira, sita no lugar da Sagrada, punto de encontro de gran actividade lúdico-comercial, sendo esta unha zona usada polos veciños como zona verde, zona de xogos para os máis cativos, como zona de aparcamento para todos aqueles que se achegan, …
Non se pode esquecer, que neste predio se atopa un cruceiro de finais do século XVIII. e na parcela colindante radica a igrexa de Codeseda, feito que nas festas relixiosas se leve a cabo unha procesión dende o templo ao cruceiro a través desta parcela.
Polo exposto, someter ao PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL a adopción do seguinte acordo:
Solicitar á Consellería do Medio Rural, que a Finca nº 924 do Polígono nº 5, da ZCP de Codeseda – A Estrada, pase a titularidade municipal, en lugar de masa común, por ser unha parcela da que están a disfrutar non só os veciños de Codeseda, senón todos aqueles visitantes que se achegan á Sagrada para desfrutar dunha zona verde, e cómo non en época das festas, dun lugar tradicionalmente festivo-relixioso ”.
Visto o Ditame acadado pola Comisión Informativa de Medio Rural e Medio Ambiente en sesión do 28/07/2016.
ACORDAMOS:
Solicitar á Consellería do Medio Rural que a finca núm. 924 do Polígono 5 da ZCP de Codeseda – A Estrada, pase a titularidade municipal, en lugar de masa común, debido por unha parte, a que o Concello é o mellor garante dos usos relacionados e, por outra banda, por ser unha parcela da que están a disfrutar non só os veciños de Codeseda, senón todos aqueles visitantes que se achegan á Sagrada para desfrutar dunha zona verde, e cómo non, en época das festas, dun lugar tradicionalmente festivo-relixioso .

Categorias: 2010 a 2019, Concentración parcelaria

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Anuncio en DOG nº 120 sobre a parcelaria
  • Unha palloza en Currelos
  • Picos de consumo elevados activan unha inspección na traída pública de agua

Temas

  • 1835 a 1890 (4)
  • 1910 a 1936 (19)
  • 1970 a 1979 (1)
  • 2000 a 2009 (190)
  • 2010 a 2019 (283)
  • 2020 a 2024 (155)
  • 2025 (22)
  • Asoc. de Mulleres (6)
  • Camino peregrinos (101)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (55)
  • Concentración parcelaria (28)
  • Ferias (23)
  • Fiestas (69)
  • Iglesia y antiguo monasterio (20)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (19)
  • Obras (76)
  • Otras celebraciones (32)
  • Personas (22)
  • Prehistoria (10)
  • Premios Abadesa Mariana (6)
  • Ríos y pesca (19)
  • Ruta Senderismo (35)
  • Sector agrario (30)
  • Sucesos y notificaciones (64)
  • Traída de agua (47)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}