• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • BANCO DAS FERRADURAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Luis Ferro, pregoneiro e premiado na Festa do Salmón

Publicado el 19.05.24 por Codeseda.com

“Este, para min, é o pregón de ouro. É unha gran alegría e unha gran responsabilidade”

“A Festa do Salmón significa moitísimo na Estrada. Ogallá en 50 anos siga existindo”

Entrevista a Luis Ferro publicada no Faro de Vigo coa autoría de Ana Cela

Di Luis Ferro que, dende este domingo, cada terceiro fin de semana do mes de maio, e sempre que a axenda e a ocasión conviden a vestir chaqueta, levará na solapa o seu Salmón de Ouro. Ten previsto lucilo con orgullo, sabendo que é un recoñecemento que se reserva só a uns poucos. No seu caso, loce con motivo dobre, xa que Ferro, colaborador habitual de FARO DE VIGO, foi elixido este ano para dar un dos pregóns máis senlleiros e tradicionais da Estrada: o da Festa do Salmón. E non en calquera ano. Nas vodas de ouro do certame.

–Este domingo asume o papel de pregoar a Festa do Salmón da Estrada, seguramente consciente de que é o pregón con máis pouso do municipio…

–Este para min é o cuarto pregón que dou. Empecei no ano 2017, na Festa do Año ao Espeto de Loimil; despois no 2019 en San Miguel de Arca e o ano pasado, en agosto, en Cabanelas, en Liripio. Este é o máximo que pode haber para un pregoeiro, que o chamen para unha festa coma esta nas súas vodas de ouro. Para min foi unha grande alegría, pero tamén unha grande responsabilidade, unha cousa leva á outra. Este para min é o pregón de ouro.

–E como afronta o reto nunha edición tan emblemática da festa?

–En primeiro lugar pensei en ler todos os pregóns que están feitos, porque hai un libro publicado, pero despois descarteino porque pensei que, se os lía, despois, quixera ou non, ía coller algo dun e algo doutro. Así que decidín facelo á miña maneira, sen basearme en ningún dos pregóns que están dados. Loxicamente despois pode haber coincidencias, pero vai ser un pregón moi sinxelo. Xa sabes como están os ríos, como está a pesca… Falar un pouco de que hai que coidar os nosos ríos. Por suposto quero felicitar tamén a Simón Couceiro e a Argentinos Burguer, que serán Salmóns de Ouro.

–Vostede que está acostumado a pescudar nos arquivos e na historia local, por que cre que ten tanta tradición a figura do pregoeiro do Salmón?

–O pregoeiro do Salmón na Estrada, salvo este ano que lle toca a un xuntaletras coma min [risas], foi sempre importante. Xente de renome. Este ano me escolleron a min e téñome que esforzar, xa non digo para estar á altura, pero para non baixar o listón tampouco. Levo días barrenando en como facer o pregón, aínda que estes días estiven de viaxe. Teño que conseguir unha cousa sinxeliña pero que quede ben.

–Foron xa moitos os escollidos para este papel. Hai algún pregón que lembre con máis admiración?

–A min os pregóns que cando saes dalí a xente di: vaia coñazo, por moi ben que estea o pregón formado historicamente, documentado, non me gustan. Non podes estar media hora cansando á xente. Prefiro un pregón de 15 minutos e dicir o que queres dicir, que a xente non teña que distraerse co móbil. Gustoume moito o de Valentín García.

–Sen avanzar moito do que dirá o domingo, que coida que é a Festa do Salmón para A Estrada?

–A Festa do Salmón para A Estrada significa moitísimo. Non é para catro restaurantes. É moito máis. Ti mira todo o abano de cousas que xiran arredor da Festa do Salmón, tanto actividades deportivas como culturais. É moi importante e ogallá en 50 anos siga existindo esta festa, sería todo un éxito.

–Como pensa que se pode realzar? Como se poden garantir outros 50 anos?

–Coidando o río. Eu penso que a base está en coidar o río. Se o pescador chega ao río e comemos salmón do río estradense, iso ten un valor incalculable. Penso que coidar os ríos é importantísimo. Eu de pequeno ía pescar ao río e colliamos troitas. O día que mandaban limpar a presa do muíño collíanse cestas de troitas, agora iso xa non existe. Había muíños. Eu non sei se a fariña a comían as troitas e iso lle axudaba, se é porque estaba o río máis limpo… Coidar a natureza, porque falamos moito do cambio climático pero, detrás do cambio climático, sempre está a man do home. Temos que tratar ao río moito mellor.

–Río, gastronomía, paisaxe fluvial… o salmón é un motor turístico?

–Si, totalmente. Temos que seguir con iso e conseguir que o ‘rei do río’ sexa noso, que non o teñamos que importar doutro lado.

Categorias: 2020 a 2024, Personas

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Picos de consumo elevados activan unha inspección na traída pública de agua
  • La Rapa das Bestas y el Camiño da Geira hermanan A Estrada y Braga
  • Codeseda cabalga polo monte

Temas

  • 1835 a 1890 (4)
  • 1910 a 1936 (19)
  • 1970 a 1979 (1)
  • 2000 a 2009 (190)
  • 2010 a 2019 (283)
  • 2020 a 2024 (155)
  • 2025 (20)
  • Asoc. de Mulleres (6)
  • Camino peregrinos (101)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (55)
  • Concentración parcelaria (27)
  • Ferias (23)
  • Fiestas (69)
  • Iglesia y antiguo monasterio (20)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (19)
  • Obras (76)
  • Otras celebraciones (32)
  • Personas (22)
  • Prehistoria (9)
  • Premios Abadesa Mariana (6)
  • Ríos y pesca (19)
  • Ruta Senderismo (35)
  • Sector agrario (30)
  • Sucesos y notificaciones (64)
  • Traída de agua (47)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}