De xaneiro a maio pasaron moitos peregrinos polo Camiño da Geira e dos Arrieiros (CGA), dos que 311 deles foron á Oficina do Peregrino e quedaron contabilizados nas estadísticas oficiais.

Os números son especialmente relevantes se se comparan coas do Camiño de Inverno, que triplican ás do CGA (Camiño da Geira e Arrieiros), pero trátase dun camiño oficial, moi consolidado, e no que hai colectivos que fan unha gran labor de apoio ao peregrino.
Comparando as cifras co resto de Neocaminos (camiños que a Xunta de Galicia ten en análise para ver se os fai oficiais) os datos do CGA superan á suma dos outros sete candidatos.
Datos do 1 de xaneiro ó fin de maio dos Neocamiños:
- Camiño da Geira e dos Arrieiros: 311
- Muros e Noia 134
- Camiño do Mar: 59
- San Rosendo: 22
- Miñoto Ribeiro: 16
- Vía Kunning: 0
- Por Brandomil: 0
- Mariñán: 0
O CGA contabilizou 311 peregrinos e a suma do resto: 231 peregrinos.
O mérito do CGA é ser un camiño promovido, mantido e promocionado por asociacións culturais e peregrinos, con orzamento cero (por non ter, non ten nin páxina web propia), sen contar cos grandes presupostos doutras rutas promovidas por asociacións de concellos que invirten neles grandes cantidades de cartos públicos.
Nos meses de verán é probable que estes números den a volta nalgúns casos, xa que os datos do CGA son dun goteo constante de peregrinos tradicionais e no verán é frecuente que os concellos que promoven Neocamiños organicen ou contraten excursións de grandes grupos que enchen varios autobuses de cada vez.