• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Os Premios San Martiño, todo un fito no camiño

Publicado el 15.11.17 por Codeseda.com

Codeseda Viva, Mario Franco e Carme Pérez reciben os galardóns á Normalización Lingüística que outorga O Brado

Os tres galardoados pola Asociación O Brado cos Premios San Martiño de Normalización Lingüística teñen sobradamente acreditado o seu compromiso co idioma. Son merecentes deste fito por ollar o futuro sen esquecer a historia. Se esta revive nas obras do escritor afincado en Rubín Mario Franco e tamén grazas a Carmen Pérez, integrante da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e de Galeguizar Galicia, a historia de Codeseda e ata do Camiño da Geira e dos Arrieiros está máis viva que nunca grazas a Codeseda Viva. Para este ente, máis que para ninguén, este premio é todo un fito… no Camiño.

Codeseda Viva, Mario Franco e Carme Pérez recibiron onte no Teatro Principal da Estrada os Premios San Martiño de Normalización Lingüística que recoñecen o compromiso co idioma. Para os tres galardoados pola Asociación Cultural O Brado da Estrada na 27ª edición dos galardóns San Martiño, este recoñecemento constitúe todo un fito no camiño.

 Os tres son merecentes del porque traballan a prol da lingua galega mentres ollan o futuro sen esquecer a historia. Esta e a lingua camiñan collidas da man polas páxinas das obras do escritor Mario Franco, galardoado na modalidade de toda unha vida de defensa do idioma. Tras unha vida «moi aventureira», este antigo mariñeiro reconvertido en escritor aos 72 anos e veciño de Rubín, ten 15 libros escritos dos que catro xa foron publicados. Promete seguir traballando, incansable, na mesma liña para seguir facendo o que mellor sabe: contar historias.

Tamén a gañadora do premio de Galicia Enteira, a funcionaria natural de Tomiño Carme Pérez Vaquero, promete seguir traballando arreo pola normalización lingüística, á que leva moitos anos vencellada a través de colectivos como a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ou Galeguizar Galicia.

Pola súa banda, a Asociación Codeseda Viva -que onte recibiu o premio e fixo público o seu agradecemento a través do arquitecto Marcos Pérez Cachafeiro- ten neste galardón un fito no seu camiño e ata no Camiño da Geira e dos Arrieiros, que une Braga (Portugal) con Santiago pasando por zonas desta comarca como Codeseda ou A Estrada. Pretende que sexa recoñecido como Camiño Cultural Preferente primeiro e como Camiño Xacobeo despois. Dous dos homes que máis se teñen implicado nesta loita e noutros importantes proxectos do ente -como a ruta de sendeirismo Codeseda-Sabucedo, o inventario de petroglifos e mámoas da parroquia ou a recollida de fotos antigas, documentos e toponimia parroquial- son Carlos da Barreira e Jorge Fernández. Onte preferiron que fora Marcos Pérez quen o recollera o premio, recoñecendo así o seu importante labor de investigación sobre o vello mosteiro de Codeseda. Foi un bo xeito de seguir facendo Camiño. Todos a unha polo futuro de Codeseda, da Estrada e de Tabeirós-Montes.

Texto de Silvia Pampín, foto de Bernabé/Ana Agra publicados en Faro de Vigo o 15/11/2017

Categorias: Ano 2017, Otras celebraciones

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Goteo constante de peregrinos polo Camiño da Geira
  • El colegio celebra el día de la Actividad Física en la Calle
  • Codeseda Viva entrega los Abadesa Mariana

Temas

  • _Últimas noticias (11)
  • 1835 a 1890 (4)
  • 1910 a 1936 (19)
  • 1970 a 1980 (1)
  • Ano 2002 (14)
  • Ano 2003 (24)
  • Ano 2004 (21)
  • Ano 2005 (20)
  • Ano 2006 (36)
  • Año 2007 (10)
  • Año 2008 (31)
  • Ano 2009 (34)
  • Ano 2010 (10)
  • Ano 2011 (16)
  • Ano 2012 (15)
  • Ano 2013 (18)
  • Año 2014 (15)
  • Ano 2015 (24)
  • Ano 2016 (53)
  • Ano 2017 (43)
  • Ano 2018 (48)
  • Ano 2019 (41)
  • Ano 2020 (23)
  • Ano 2021 (40)
  • Ano 2022 (35)
  • Ano 2023 (22)
  • Ano 2024 (35)
  • Asoc. de Mulleres (5)
  • Camino peregrinos (99)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (55)
  • Concentración parcelaria (26)
  • Ferias (22)
  • Fiestas (68)
  • Iglesia y antiguo monasterio (20)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (19)
  • Obras (75)
  • Otras celebraciones (32)
  • Personas (22)
  • Prehistoria (9)
  • Premios Abadesa Mariana (6)
  • Ríos y pesca (18)
  • Ruta Senderismo (35)
  • Sector agrario (30)
  • Sucesos y notificaciones (64)
  • Traída de agua (47)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}