Despois de 50 anos sin celebrar esta procesión en honor á Virxe de Guadalupe, o sábado día 5 esta antiga tradición foi recuperada.
Con un éxito total de participación de veciños e visitantes, sobre as seis da tarde as imaxes do santos iniciaron camiño desde a iglesia parroquial para encontrarse na cima do monte ca imaxe da Virxen de Guadalupe, á que lle fixeron as correspondentes reverencias.
Tras un pequeno acto, con lectura de poesías sobre o acontecemento e a súa historia, foi depositado un ramo de flores en recordo de todas as persoas devotas desta Virxe xa fallecidas.
Despois as imaxes relixiosas foron trasladadas á capilla da Grela para estar presentes no resto de actos da celebración.
A Asociación Codeseda Viva fixo unha amplia reportaxe fotográfica do evento, que foi publicada na súa páxina de Facebook.