• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Toma posesión fincas concentración parcelaria

Publicado el 01.07.17 por Codeseda.com

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia informa sobre a toma de posesión provisional das novas fincas:

1. Que é a toma de posesión provisional dos novos predios: Cando se dá a toma de posesión, os novos predios se poñen a disposición dos novos propietarios, que gozarán dende este momento, fronte a todos, dos medios de defensa establecidos nas leis, polo que o novo propietario pode e debe acceder ao novo predio con todos os dereitos. 2. A quen obriga a toma de posesión: A toma de posesión é obrigatoria para todos os propietarios e
afectados; tanto os que deben ocupar as novas fincas Como os que deben deixar as parcelas vellas.
3. Datas para tomar posesión: A data a partir da que se pode tomar posesión é:

  • 28/09/2017: para terreos de prado, pasto, monte e labradío sen colleita pendente
  • No momento no que se recollan as colleitas actuais, nos restantes predios

4. Árbores nos predios: En relación Coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre a chegante e adxudicatario.
En caso Contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas vellas ata a data límite do 28/03/2018.
Debendo Contar para iso co preceptivo permiso do Servizo de Montes. No caso de especies autóctonas protexidas, ademais deben contar co informe favorable de Servizo de Conservación da Natureza.

caminos-parcelaria

5. Comprobación da superficie dos novos predios: Os propietarios que o consideren conveniente poderán realizar a medición dos novos predios e, no caso de que a Superficie non coincida coa que se indica na documentación e a diferenza sexa Superior ao dous por cento, poderán reclamar esta falta de Superficie.
A data límite para reclamar falta de Superficie é o 28/11/2017 (sesenta días naturais dende o 28/09/2017).

Importante: os propietarios das parcelas de achega deben, en todo caso, permitir aos titulares das novas fincas o acceso a elas para que poidan proceder á súa medición dentro do prazo dos sesenta días. Aínda que teñan colleitas pendentes de recoller.

  • Debe terse en comta que:
    A falta de Superficie dunha finca non será Compensada cando exista exceso de Superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario, e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.
  • Non se admitirá reclamación no caso de que a finca obxecto desta coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.
  • A reclamación deberá acompañarse dunha medición pericial (Pode Consultarse a documentación que hai que presentar no teléfono 986 80 54 07).

6. Falta de marcos nos novos predios: No caso de predios aos que lles falte algún marco, poderá solicitarse a
colocación do dito marco por escrito, acompañado dun plano no que se sinale o marco que se reclama.
Lémbrase que a retirada dos marcos colocados por este Servizo no exercicio das súas funcións poderá supoñer o inicio dun expediente sancionador por infracción grave, sancionado con multas de 300,05 € a 1.502,53 €.
7. Se non deixan tomar posesión do novo predio: No caso de que algún propietario vexa impedida ou dificultada a toma de posesión polo antigo propietario das parcelas que lle houberan correspondido, poderá presentar unha reclamación por escrito dirixida ao Servizo de Infraestruturas Agrarias.
Esta reclamación dará lugar ao inicio dun expediente de compulsión directa sobre o antigo propietario, así como dun posible expediente sancionador por infracción moi grave, sancionada con multas de 1.502,54 € a 3.005,06 €.
8. Consultas e reclamacións: Para calquera consulta poden dirixirse a: Servizo de Infraestruturas Agrarias, na Avda. Fernández Ladreda, n.9 43, en Pontevedra (en horario de 9:00 a 14:00, preferiblemente os venres) ou no teléfono 986 806 599 e 986 805 452.

As reclamacións deberán realizarse por escrito debidamente rexistradas, dirixidas a:

“Servizo de Infraestruturas Agrarias. Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural en Pontevedra. Avda. Fernández Ladreda, n.9 43. 36071 Pontevedra”.

Os modelos de solicitude de colocación de marcos, acondicionamento de predios e da solicitude de compulsión directa están a súa disposición nas oficinas deste servizo, nas dependencias da Oficina Agraria Comarcal da Estrada (Estrada PO-841 Toedo, A Estrada) e nas oficinas do Concello da Estrada.

9. Lexislación aplicable:
O exposto anteriormente regúlase pola seguinte normativa, entre outras de aplicación:

  • Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia
  • Lei 10/1985, de 14 de agosto, de Concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de Setembro
  • Lei de reforma e desenvolvemento agrario, de 1973
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

10. Consulta de información:
Os planos do acordo (fincas novas) e das bases (parcelas vellas) de Concentración poden Consultarse na web da Consellería do Medio Rural na dirección: http://mediorural.xunta.gal
O último plano actualizado coas resolucións dos recursos de alzada contra o acordo é o que se identifica no listado de planos do acordo como Plano Xeral.

IMPORTANTE: Este documento é unha nota meramente informativa xa que a toma de posesión será notificada individualmente por correo postal.

——————————————————————————

 

Desde Codeseda.com recomendamos para calquer trámite de reclamación ou medición das fincas novas, os servizos da empresa Ingeniería forestal e agrícola Top Rural, domiciliada en Fragoso nº 20 Codeseda (A Estrada) e con teléfono 609 716 140.

medicion-parcelas-parcelaria-superficie

Medición y localización de parcelas

Categorias: Ano 2017, Concentración parcelaria

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • O Camiño da Geira é o décimo itinerario con máis peregrinos en 2023
  • El Open de Pesca a Mosca a 24 participantes en Codeseda
  • Alumnos del NS Lourdes realizan un tramo del Camiño da Geira e dos Arrieiros

Temas

  • _Últimas noticias (19)
  • 1835 a 1864 (3)
  • 1928 a 1936 (16)
  • Ano 2002 (14)
  • Ano 2003 (24)
  • Ano 2004 (21)
  • Ano 2005 (20)
  • Ano 2006 (36)
  • Año 2007 (10)
  • Año 2008 (31)
  • Ano 2009 (34)
  • Ano 2010 (10)
  • Ano 2011 (16)
  • Ano 2012 (15)
  • Ano 2013 (18)
  • Año 2014 (15)
  • Ano 2015 (24)
  • Ano 2016 (53)
  • Ano 2017 (43)
  • Ano 2018 (48)
  • Ano 2019 (41)
  • Ano 2020 (23)
  • Ano 2021 (40)
  • Ano 2022 (35)
  • Asoc. de Mulleres (5)
  • Camino peregrinos (87)
  • Celebraciones (132)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (51)
  • Concentración parcelaria (25)
  • Iglesia y antiguo monasterio (16)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (19)
  • Obras (74)
  • Prehistoria (9)
  • Ruta Senderismo (33)
  • Sector agrario (25)
  • Sucesos y notificaciones (81)
  • Traída de agua (39)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR