• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • 1835 NOTICIAS PRENSA
    • 1928 NOTICIAS PRENSA
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Cousas da capela da Grela de Codeseda

Publicado el 21.03.16 por Codeseda.com

Os roubos nas igrexas son nos últimos tempos noticia moi habitual, o que supón unha perda de patrimonio non só para o párroco senón tamén para todos os veciños. Mesmo ás veces o roubo dunha imaxe pode levar á desaparición do culto nunha ermida, como ten pasado por exemplo na ermida do Pego de Folgoso en Terra de Montes.

Pero xa en séculos pasados, nos que a relixiosidade da xente era máis manifesta, se daban casos de roubo nas igrexas. Na capela da Virxe de Guadalupe na Grela (Codeseda) roubaron o 17 de decembro de 1797 unha lámpada de prata que fora doada como ofrenda por un veciño da parroquia de Moraña oito anos antes.

Coroa-prata-Virxe-Grela

Coroa de prata da Virxe de Guadalupe

Don Antonio de Soto, que así se chamaba o devoto veciño, entregara una lámpada de 465 onzas de peso toda de prata, por un voto que fixo o 7 de setembro de 1770 «por hallarme en un riesgo de perder la vida en la mar navegando para Indias en dicho día, y en la fragata nombrada de Nónima Derecha, con el más de quinientos hombres; y tal fue el riesgo que el barco o fragata dicha se recostó para sumergirse cinco minutos por la gran tempestad que entonces había, y entonces hizo la oferta de dicha alhaja, con tal que la Madre de Dios le librase de aquel peligro, que al instante se sedó la tempestad, y el barco en viaje», segundo lemos no «Libro de Fábrica» da capela.

En dito libro tamén nos dá conta doutras cousas. Foi a familia Cabada quen fundou no ano 1748 unha pequena capela, e poñendo nela a actual imaxe da Virxe de Guadalupe. Porén o cura, vendo que dita familia non cumpría con todas as obrigacións, deixa escrita a súa crítica aos padroeiros: «Don Domingo Cabada costeo sólo la imagen por el beneficio de tener capilla para decir misa junto a su casa». Pero foron tantos e tan importantes os donativos recollidos, que poucos anos despois se erguía o actual santuario.

Nas contas da Confraría de dita capela xustifícase que en 1850 se procedeu a «recomponer y pintar la Virgen en Santiago por 160 reales» e ademáis mercouse unha campá de 23 arrobas a Don Antonio Blanco por 1.638 reais.

Na capela existen dúas representacións da Virxe de Guadalupe. Unha é o relevo do retablo, que fai referencia á Virxe de Guadalupe mexicana xa que representa a aparición da Virxe ao indio Juan Diego, mentres que a outra é unha imaxe exenta -a que se saca en procesión-, que representa a María coroada como raíña dos ceos co seu fillo no colo, ao xeito da Virxe estremeña, e sobre unhas nubes con dous anxos, que evocan as imaxes da Purísima Concepción, da que é debedora esta advocación.

Porta a Virxe unha coroa labrada en prata como raíña do ceo, decorada con flores de lis, floróns, pedras preciosas, etc., motivos que se utilizan nos brasóns dos reis e raíñas do mundo terreal. O deseño data do ano 1929 e foi obra de Camilo Díaz Baliño, o pai de Isaac Díaz Pardo, segundo nos conta Manuel Cabada Castro nun artigo publicado na «Miscelánea Cultural de A Estrada»: «atópase, ademais entre os papeis de Cabada Vázquez un bosquexo de Díaz Baliño para unha coroa da Virxe da Grela, lugar pertencente a Codeseda, parroquia natal de Cabada Vázquez.

Baixo o bosquexo lese o seguinte texto:

«Coroa real galega para a Nosa Señora da Grela.
Este dibuxo está basado na coroa de un escudo dun pendón de unha alarma, pol-o tanto é enteiramente galego e netamente patriótico.
Ninguén que non sexa a Virgen da Grela, poderá usar esta coroa pois a ela vai adicado este dibuxo. Camilo Díaz Baliño.»

Aínda que nos dispoñemos polo momento do bosquexo orixinal, os debuxos que aparecen no Vagalumes, libro de versos galegos do noso admirado José Manuel Cabada Vázquez, son de Camilo Díaz Baliño, e nun deses debuxos aparece a Virxe da Grela cunha coroa semellante ao do bosquexo, ilustrando un verso que o noso brado dedicou a Virxe da Grela.

O deseño móntase a partir dun círculo de prata enriquecido con relevos a modo de pedrería, imitando a catro rubís tallados en ovalo, intercalados de catro esmeraldas talladas en rombo, e entre cada pedra, unha perla, cun total de oito perlas. Sobre este círculo outro recuberto dunha rama de palma, do que arrancan catro flores de lis, adornadas de dúas follas de carballo, unha a cada lado, intercaladas de follas de acanto. Das flores de lis, saen catro diademas, cada unha cun florón cunha perla no centro, que converxen na parte superior da coroa con catro follas de acanto que sosteñen un orbe -a Virxe é raíña do mundo-, timbrado dunha cruz trevoada.

Texto de J.M.Bértolo e Luis Ferro publicado tamén no Faro de Vigo do 20/03/2016

Categorias: Ano 2016, Celebraciones

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Codeseda acoge la sexta edición del Concurso de Pesca a Mosca 30/05/2022
  • “La inspiración es una cuestión relativa, lo importante es materializar las ideas” 27/05/2022
  • Campamento de Verán de julio a septiembre 26/05/2022

Temas

  • _Últimas noticias (14)
  • Ano 2002 (14)
  • Ano 2003 (24)
  • Ano 2004 (21)
  • Ano 2005 (20)
  • Ano 2006 (36)
  • Año 2007 (10)
  • Año 2008 (31)
  • Ano 2009 (34)
  • Ano 2010 (10)
  • Ano 2011 (16)
  • Ano 2012 (15)
  • Ano 2013 (18)
  • Año 2014 (15)
  • Ano 2015 (24)
  • Ano 2016 (53)
  • Ano 2017 (43)
  • Ano 2018 (48)
  • Ano 2019 (41)
  • Ano 2020 (23)
  • Ano 2021 (40)
  • Asoc. de Mulleres (5)
  • Camino peregrinos (76)
  • Celebraciones (119)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (45)
  • Concentración parcelaria (24)
  • Iglesia y antiguo monasterio (16)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (18)
  • Obras (73)
  • Prehistoria (9)
  • Ruta Senderismo (32)
  • Sector agrario (24)
  • Sucesos y notificaciones (78)
  • Traída de agua (37)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR