A nosa campaña de apoio ós gandeiros para que poidan obter un precio xusto polo leite que producen nas súas explotacións, alcanza un gran éxito de difusión.
A imaxe foi publicada no Facebook ó 12 de agosto e en 15 días foi vista por mais de 130.000 personas, compartida 2.533 veces e acadou 4.609 Me Gusta.
Sin duda da mostra do gran apoio que ten o sector leiteiro entre a sociedade galega que, ainda que esté disposta a pagar uns céntimos mais por mercar leite galego, ten moi difícil identificalo nas tendas.
Son moitos os envoltorios que recollen referencias a Galicia como orixe do leite ou poñen que foi envasado aquí, pero non parece que eso sexa garantía algunha.
Tal vez un distintivo protexido de maneira similar ós das denominacións de orixe do viño permitise ó consumidor estar mellor informado e poder elexir a calidade do leite galego.
A vaca da imaxe é un animal real dunha explotación gandeira de Codeseda. O efecto visual de aparecer por «encima» do horizonte, marcado ó fondo da foto pola silueta da Serra de Arca, débese a que está subida nunha das acumulacións de terra que quedaron ó abrir as novas pistas da parcelaria. O lugar onde foi sacada son os prados de debaixo de Barro, xa cerca das casas do carballiño.
A comunidade virtual en Facebook de Codeseda.com, xestionada pola Asociación Codeseda Viva, ainda que pequena, é moi activa, como demostra que a partir dos 1.439 fans que ten na páxina a información superou ampliamente as 100.000 persoas de alcance.
Actualización de estadísticas a 31 de agosto de 2015:
143.531 persoas de alcance.
2.738 veces compartida.
5.110 Me Gusta obtidos.