• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • BANCO DAS FERRADURAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Sabucedo e a Rapa das Bestas

Publicado el 19.05.16 por Codeseda.com

Falar de Sabucedo e falar da Rapa das Bestas. Esta Festa de Interese Turístico Internacional atrae todos os anos a milleiros de persoas, que xunto cos veciños de Sabucedo o venres -día da baixa-soben ao monte para xuntar as greas, colaborando de forma activa ata baixar as bestas e deixalas no Peche do Castelo, moi preto de Sabucedo.

O sábado a media mañá, as bestas son conducidas desde o Peche do Castelo, ata Sabucedo, percorrendo o pobo ata o seu encerro no monte Curuto. Aquí remata a participación de todas aquelas persoas alleas á Rapa das Bestas que participaron na baixa das bestas, e a partir deste momento gozarán dun espectáculo único, onde mulleres e homes, sen ningún aparello, enfróntanse a un animal en estado de liberdade e dicir a unha besta ou a un cabalo salvaxe.

Susi_mujer_aloitadora_rapa_bestas_SabucedoComo viña contando, as bestas son conducidas desde o monte Curuto ata o Curro, lugar onde se celebra unha ancestral maneira de rapar as bestas, da comezo coa participación dos mais cativos do lugar apartando os bichos (poldros) para que non sexan pateados ou pisados polas greas. De seguido os aloitadores en número de tres, atópanse preparados para inmobilizar a un animal. Escóllese a besta ou cabalo que se vai rapar, acto seguido un dos aloitadores lánzase sobre o lombo da besta, mentres os outros dous, un suxeita ao animal polo rabo intentando desequilibralo e outro lánzase sobre a cabeza tapándolle os ollos cos brazos, o que estaba montado descabalga e abraza á besta polo outro lado da cabeza ata que o animal se entrega canso e deixa de loitar. Así sería a rapa , pero é moi probable que o xinete sexa derribado e o seu corpo remate entre os cascos dos cabalos ou animal e aloitadores batan contra o chan intentando a besta desfacerse dos que intentan retela. Unha vez dominado o animal aparece a figura dun persoeiro, que leva unhas grandes tesoiras e comeza a cortarlle as crins do pescozo e do rabo. O curro está cheo ata a bandeira de espectadores, que aplauden ata rebentar as maos, ante o valor e destreza demostrados polos valentes aloitadores, que cheos de orgullo corresponden os espectadores con saúdos, desde a area do curro.
Sabucedo é a única parroquia do concello da Estrada formadapor un só núcleo de poboación. Ademais disto, Sabucedo é un paraíso para o camiñante, percorrendo a beira do seu regueiro unha ruta de vellos muíños, cunha fermosa ponte, baixo as polas das árbores que nos acubillan e protexen dos raios do sol.

Un paseo por Sabucedo, leva o camiñante a descubrir estreitas rúas, un fermoso reloxo de sol, casas con remates en redondo en vez de rectangulares (o que nos fala da súa antigüidade), grandes carteis fotográficos con esceas da Rapa das Bestas, a fermosa carballeira do Campo do Medio, a igrexa e, ao seu carón, o curro vello. Todo isto fai de Sabucedo un país idílico cun paisaxe bucólico. Logo non é de estrañar que a parroquia de Sabucedo esté proposta como un Ben de Interese Cultural (BIC).

A Asociación Rapa das Bestas segue con innovacións e así, xunto con Codeseda Viva, está a tramitar a homologación dunha ruta de sendeirismo de 30 quilómetros. O pasado 28 de febreiro fixeron unha mostra da mesma na que, a pesares de amencer un día de neve, participaron máis de medio cento de persoas. A saída era dende Codeseda, facendo un alto para o avituallamento no teleclube de Sabucedo, onde os camiñantes gozaron do calor dunha cheminea, xantaron algo, tomaron bebidas quentes e algún que outro chupito.

Esta asociación da Rapa das Bestas segue a traballar non novo proxecto e sacará á luz unha publicación titulada ADN Sabucedo, Rapa das Bestas, Nº I-ano 2016, na que participan autores de renome, tan prestixiosos como Cabada Castro, Manuel Rivas ou o zoólogo Felipe Bárcena Varela de Limia, entre outros, con temas de diversidade relacionados co mundo da Rapa das Bestas de Sabucedo.

Texto de Luis Ferro publicado tamén no Faro de Vigo do 17/05/2016

Categorias: 2010 a 2019, Fiestas

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • O Camiño da Geira despunta en peregrinos
  • Éxito da Feira da Primavera
  • Alberto Gómez vence en el Open de Pesca a Mosca

Temas

  • 1835 a 1890 (4)
  • 1910 a 1936 (19)
  • 1970 a 1979 (1)
  • 2000 a 2009 (190)
  • 2010 a 2019 (283)
  • 2020 a 2024 (155)
  • 2025 (15)
  • Asoc. de Mulleres (6)
  • Camino peregrinos (100)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (55)
  • Concentración parcelaria (26)
  • Ferias (23)
  • Fiestas (68)
  • Iglesia y antiguo monasterio (20)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (19)
  • Obras (75)
  • Otras celebraciones (32)
  • Personas (22)
  • Prehistoria (9)
  • Premios Abadesa Mariana (6)
  • Ríos y pesca (19)
  • Ruta Senderismo (35)
  • Sector agrario (30)
  • Sucesos y notificaciones (64)
  • Traída de agua (47)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}