• Saltar a la navegación principal
  • Saltar al contenido principal
  • Saltar a la barra lateral principal

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • BANCO DAS FERRADURAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1808 – 1944 AS CAMPÁS
    • 1902 – 1966 O TELEFONO
    • 1931 RELOXO DA IGREXA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Un consumo disparado esgota, por vez primeira este ano, a auga da traída

Publicado el 31.05.20 por Codeseda.com

Os problemas de subministración detectáronse na mañá do luns e o servizo quedou restablecido onte – A demanda chegou nun día aos 60m3, fronte a media de entre 10 e 15

Codeseda xa viviu o primeiro corte do ano na súa rede municipal de abastecemento de auga. A situación detectouse á primeira hora da mañá do luns, cando comezou a percibirse nalgúns fogares falta de presión de auga. Chegada a tarde, as billas quedaron sen pinga, algo que non sucedía desde xullo de 2019. A situación prolongouse durante horas, comezando a recuperarse o servizo na mañá de onte.Desde o Concello ofreceuse unha resposta a esta situación, grazas ao contador instalado nos novos puntos de depósito. Segundo apuntou o primeiro tenente de alcalde, Juan Constenla, a parroquia rexistrou o fin de semana un alto consumo de auga, tanto que case quintuplicó a media diaria que viña mantendo. Precisou que habitualmente se consomen cada día entre 10 e 15 metros cúbicos de auga, aínda que en só una das últimas xornadas rexistrouse un consumo de 60 metros cúbicos, baixando despois a 27 e volvendo subir a 41.

Constenla non quixo ofrecer as hipóteses que se barallan para explicar este repentino incremento do consumo. O titular estradense de Medio Ambiente limitouse a recomendar aos veciños un uso racional e responsable da auga, subliñando que é un ben «para consumo humano». Apuntou que o primeiro que descartou o Concello foi que a falta de auga nos fogares puidese estar relacionada cunha fuga na rede. «A subministración estaba a responder e estaba garantido. Houbo un consumo disparado, que se pode comprobar desde que se puxo o contador cara ao depósito», dixo. Apuntou que antes se carecía desta medida de control e puntualizou que se podería pensar nunha fuga «se fose un consumo constante», situación que non se produciu.

Os depósitos municipais de Codeseda quedaron completamente baleiros, de maneira que o Concello tivo que recorrer ao seu abastecemento externo para poder recuperar o servizo. Deste xeito, na mañá de onte os puntos de almacenaxe de auga para esta traída -o antigo e o que acaba de estrearse- xa estaban cheos. «Agora haberá que controlar o consumo», apuntou o edil. Indicou que os veciños comezaron a chamar ao mediodía do luns ao Concello e que a situación non puido liquidarse ata a mañá de onte. Recoñeceu que as obras para mellorar esta situación tiveron que suspenderse pola crise sanitaria aínda que confía en que poidan completarse para este verán.

O edil de Móvete Iván Sanmartín, lamentou onte a falta de auga e subliñou o prexuízo que iso ocasiona para os negocios da parroquia no seu momento xa de seu complicado. Este grupo urxiu que se liquide esta problemática.

Noticia de Ana Cela publicada en Faro de Vigo o 27.05.2020

Categorias: 2020 a 2024, Traída de agua

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Anuncio en DOG nº 120 sobre a parcelaria
  • Unha palloza en Currelos
  • Picos de consumo elevados activan unha inspección na traída pública de agua

Temas

  • 1835 a 1890 (4)
  • 1910 a 1936 (19)
  • 1970 a 1979 (1)
  • 2000 a 2009 (190)
  • 2010 a 2019 (283)
  • 2020 a 2024 (155)
  • 2025 (22)
  • Asoc. de Mulleres (6)
  • Camino peregrinos (101)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (55)
  • Concentración parcelaria (28)
  • Ferias (23)
  • Fiestas (69)
  • Iglesia y antiguo monasterio (20)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (19)
  • Obras (76)
  • Otras celebraciones (32)
  • Personas (22)
  • Prehistoria (10)
  • Premios Abadesa Mariana (6)
  • Ríos y pesca (19)
  • Ruta Senderismo (35)
  • Sector agrario (30)
  • Sucesos y notificaciones (64)
  • Traída de agua (47)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • FOTOS ANTIGUAS
  • Camiño de Ignacio Taverneiro
  • A Cruz da Grela
    • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}