ANUNCIO do 14 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican resolucións dos recursos de alzada interpostos contra o acordo de concentración parcelaria de Codeseda (A Estrada-Pontevedra).
DOG Núm. 246 do martes, 27 de decembro de 2016, páxina 56098
De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións sen que se puidesen efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, os interesados poderán comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Interesados:
Mª del Carmen Barreiro Álvarez
José Miguel Canitrot Andión
Carlos Conde Costoya
Mª Isabel Vicente Rivas
Manuel Picallo Nodar
Mª Cruz Canitrot Andión
Eulalia Rivas Picallo
Concepción Isabel Ferreira Fraiz
Mª Elsira Balado Ventín
Manuel Balado Ventín
Francisco Fraiz Gutiérrez
Mª del Pilar Barreiro Álvarez