Fai xa bastantes anos da mellora do vial que une A Estrada e Forcarei. Estas obras supuxeron un gran avance para a comunicación de Codeseda que, especialmente na dirección cara A Estrada, permiten recorrer os dez quilómetros de distancia en poucos minutos e moi comodamente.
Esta mellora supuxo a eliminación do trazado que atravesaba o núcleo de A Sagrada, desviando o tráfico desde a zona do Codesal directamente cara a cima de Barro. Con esta modificación os habitantes da zona ganaron en seguridade e tranquilidade, pero os negocios viron como o seu número de clientes potenciais tamén disminuíu en gran medida.
Este feito, unido á xeneralizada despoboación dos núcleos rurais, fan que a supervivencia da actividade comercial da parroquia de Codeseda estea cada vez máis ameazada.

Lona con sinalización turística e de servizos colocada no ano 2015
Para intentar contrarrestar os efectos destas dúas debilidades a asociación Codeseda Viva ten en marcha varias iniciativas. Unha delas é a sinalización na carretera xeral dos servizos e lugares interesantes para visitar da parroquia, co obxectivo de que os condutores se animen a facer unha parada na poboación.
Con esa intención, na primavera de 2015 foron instaladas dúas lonas informativas, tras terlle que pedir unha autorización específica á Deputación de Pontevedra e ter que pagar máis de 40 € en taxas.
Durante os meses seguintes leváronse a cabo varias solicitudes dirixidas á Deputación de Pontevedra, entidade propietaria e recadadora das taxas do vial, solicitando a instalación dunha sinalización fixa co mesmo cometido, pero con unha visibilidade e duración máis efectiva.

Recreación da señalización solicitada á Deputación de Pontevedra
Na imaxe móstrase a composición que acompañou a un dos escritos de solicitude que, aínda que habería que adaptar o panel á normativa vixente, da unha idea dos elementos demandados.
Ó Servizo de Mobilidade da Deputación foi ó primeiro que nos diriximos, xa que é o encargado das vías de comunicación provinciais, pero indicáronnos que, como eses paneis conteñen información que se pode considerar turística, ó departamento que lle corresponde a instalación é ó Servizo de Turismo.
Despois de ter que dar a típicas voltas, a situación actual é que,tras varias solicitudes e reunións, casi un ano despois non foi instalada ningunha sinalización.
Na última reunión mantida, o deputado delegado de Turismo da Deputación de Pontevedra alegou falta de fondos para levar a cabo está sinalización, algo que nos parece unha simple desculpa, e máis cando, nese lugar da imaxe, xa están instalados os dous postes metálicos verticais, faltando solo os elementos co texto e imaxes.