A obras realizaranse debido a que a cuberta da edificación ten forma de serra e nas partes inferiores conta con seis canalóns que actualmente están atrancados e en mal estado, o que provoca a entrada de auga ao interior.

Parque da Deputación
Na reforma substituiranse catro canlóns interiores, desprazaranse os exteriores, e substituiranse as baixantes, impermeabilizando as partes superiores das vigas da estrutura e instalando filtros de follas para evitar obstrucións. Por outra parte, e para evitar a entrada de auga ao interior polo entronque cunha plataforma de formigón anexa a un dos laterais, instalaranse unha quenlla de drenaxe no chan que permitirá a evacuación de pluviais. Finalmente, repararse un dos portais e modificarase o outro para permitir o aparcamento de camións coa maquinaria externa adaptada.
O parque de maquinaria de Codeseda, base de dúas brigadas de conservación da rede viaria provincial na zona, consta dunha edificación dunha soa planta duns 200 metros cadrados na que hai unha zona de aparcamento de camións e maquinaria, dous cuartos destinados a almacenaxe e un vestiario, ademais da parcela exterior na que se aparcan os vehículos e se dispón de maquinaria, elementos de sinalización e outros activos para o traballo de mantemento de estradas.
Texto basado en información de depo.gal e galiciasurpontevedra.es