Membros da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do colexio Cabada Vázquez de Codeseda (A Estrada) estiveron durante o pasado sábado coidando das instalacións do colexio público.
Unha das accións máis vistosas foi a colocación dun cierre de madeira arredor da horta na que os rapaces teñen a oportunidade de cultivar varias plantas típicas da horta galega.

Cierre da hora do colexio Cabada Vázquez (A Estrada)
Este é o primeiro paso para, según vaia mellorando o tempo, ir dándolle continuidade a esta interesante actividade que xa leva varios anos desenrolándose baixo o proxecto Voz Natura.
Con este cierre a colleita xa quedará bastante máis protexida dos ataques dos «xabaríns escolares» que, en forma de pelotas de fútbol, teñen feito varias desfeitas en ocasións anteriores.

Limpeza das instalacións exteriores.
Outra tarea levada a cabo foi a limpeza de varias zonas comúns, que lle permitirá ós cativos xogar nun entorno aínda máis coidado.