• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • 1835 NOTICIAS PRENSA
    • 1928 NOTICIAS PRENSA
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

A Rapa das Bestas de Sabucedo é ecoloxía

Publicado el 17.06.16 por Codeseda.com

Estamos moi próximos á gran festa da «Rapa das Bestas» de Sabucedo, que este ano se celebra os días, 1, 2, 3 e 4 de xullo. Esta festa de interese turístico internacional atrae a miles de persoas todos os anos, pero moi poucas coñecen de verdade o amor, paixón e entrega a estes animais de parte dos veciños de Sabucedo. Que sería das greas sen o sacrificio en tempo e traballo destes veciños.

Baixa da Rapa das Bestas de Sabucedo

Baixa da Rapa das Bestas de Sabucedo

A comezos dos anos 70 as manadas de cabalos estaban por distintos motivos condenadas a desaparecer, pois cada vez quedaban menos cabalos e ao ser poucos quedaban expostos aos caíños dos lobos e á actuación dalgúns ladróns sen escrúpulos. Foi a fe e a entrega de todo o pobo de Sabucedo o que fixo que durante todo o ano os cabalos puidesen estar no rueiro ao amparo dos veciños e alimentados todos os días co que estes lle aportaban, para así facer que medrara a grea e puidese defenderse de todos os seus inimigos naturais e humanos.

Asistimos hoxe en día a un abandono do campo que leva a que as veigas de labranza xa non se traballen e as herbeiras estean invadidas de xestas, toxos e silvas. Que vos vou a contar do monte, onde o toxo, que noutro tempo se rozaba para estrar as cortes ou poñelo en moreas de estrume ou mesmo para quentar un forno de pan, medra ao seu antollo. Fentos que xa non se recollen para chamuscar os porcos ou mesmo para estrar cortes, silvas que empolican polos toxos e polos arbustos convertendo o monte nun territorio impenetrable, son no verán un caldo de cultivo para os incendios forestais, a maioría provocados de forma intencionada por intereses de diversa índole, algúns iniciados por pirómanos e poucos de forma fortuíta. Estes lumes provocan unhas perdas económicas e danos de incalculable valor no noso ecosistema. De feito as especies cinexéticas de caza menor que habitaba nos nosos montes desapareceron e hoxe xa non quedan lebres, coellos, perdices, paspallás… mentres que aparecen outros animais que non proliferaban na nosa contorna, como o porco bravo e cérvidos, que causan graves danos en árbores, prados, leiras de millo, patacas e mesmo provocan graves e custosos accidentes de circulación.

Se tamén desaparecesen as bestas do monte, o perigo sería maior, xa que estas aliméntanse de toxos e demais herbas, polo que coa súa desaparición os montes se converterían en auténticas selvas, onde acubillarían os xabarís e lobos que sen comida no monte baixarían preto das casas para comer nas hortas ou atacar as ovellas, cabras ou xatos para saciar a fame.

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo é consciente disto, por iso mantén a un equipo de persoas coidando todo ano as greas, estando a carón das bestas a diario, facendo un estudo do seu percorrido, ocupándose das bestas preñadas e as crías, e observando os danos que poidan causar as bestas cando entran en fincas particulares. Ademais esta asociación ten contratado un seguro para os danos ou accidentes que poidan causar.

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo solicita cada ano a Medio Ambiente a queima controlada de montes, que están a realizar os axentes forestais da Estrada. Este ano fixéronse queimas en montes de Quireza e Sabucedo, o que vai permitir controlar o risco de incendios e a procura de pastos para a fauna en xeral.

Se alguén ten interese en coidar o gando cabalar é a Asociación «Rapa das Bestas» que por darlle repouso as bestas mesmo cambiou o día da baixa. Antes facíase o sábado e nese mesmo día había curro, o que provocaba certo canso e estrés nos animais, pero a Asociación no ano 2011, tras un debate e posterior votación, decidiu cambiar o día da baixa, pasando para o venres, deixando as bestas nun monte cerrado moi preto de Sabucedo coñecido como «O Peche do Castelo», para que os «bichos» e bestas atopen os seus conxéneres e descansen ata o medio día do sábado en que desde este punto son conducidas ao «Peche do Curuto» en Sabucedo.

Sobre o coidado que se ten coas crías temos testemuña en documentais e reportaxes fotográficos sobre o día da baixa, onde os aloitadores portan a ombros, como un ben moi prezado, algún poldro recén nacido ou ferido que padecía ao camiñar. Por iso, no curro, antes de dar comezo a rapa, sepáranse os poldros do resto da manada e así evitar que sufran danos.

Valorar pois a Rapa das Bestas de Sabucedo é coidar do noso entorno, dos nosos montes e vales, da nosa flora e fauna, coidar do mundo en que vivimos, do que Sabucedo é un edén.

Texto de J.M. Bértolo e Luís Ferro publicado tamén en Faro de Vigo o 15/06/2016

Categorias: Ano 2016, Celebraciones

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Codeseda acoge la sexta edición del Concurso de Pesca a Mosca 30/05/2022
  • “La inspiración es una cuestión relativa, lo importante es materializar las ideas” 27/05/2022
  • Campamento de Verán de julio a septiembre 26/05/2022

Temas

  • _Últimas noticias (14)
  • Ano 2002 (14)
  • Ano 2003 (24)
  • Ano 2004 (21)
  • Ano 2005 (20)
  • Ano 2006 (36)
  • Año 2007 (10)
  • Año 2008 (31)
  • Ano 2009 (34)
  • Ano 2010 (10)
  • Ano 2011 (16)
  • Ano 2012 (15)
  • Ano 2013 (18)
  • Año 2014 (15)
  • Ano 2015 (24)
  • Ano 2016 (53)
  • Ano 2017 (43)
  • Ano 2018 (48)
  • Ano 2019 (41)
  • Ano 2020 (23)
  • Ano 2021 (40)
  • Asoc. de Mulleres (5)
  • Camino peregrinos (76)
  • Celebraciones (119)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (45)
  • Concentración parcelaria (24)
  • Iglesia y antiguo monasterio (16)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (18)
  • Obras (73)
  • Prehistoria (9)
  • Ruta Senderismo (32)
  • Sector agrario (24)
  • Sucesos y notificaciones (78)
  • Traída de agua (37)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR