Segundo o anunciado pola Xunta de Galicia a partir do mes de setembro e durante o prazo dun ano procederáse a retirar cordóns de terras procedentes da apertura de camiños, construiranse ramplas de acceso en 212 parcelas, reformaranse alguns camiños existentes e dotaranse de capa de rodaxe con tripla rega asfáltica e formigonados en zonas con forte pendente. En canto á instalación de marcos, colocaranse 175 novas unidades.
