• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Codeseda.com
Na Internet dende o ano 2000
  • F. ANTIGAS
    • Hasta año 1930
    • Hasta año 1940
    • Hasta año 1950
    • Hasta año 1960
    • Hasta año 1970
    • Hasta año 1980
    • Colabora
  • XENTES
    • XENTE ANÓNIMA
    • TABOADA SOTELO
    • BENIGNO CORTÉS
    • FOTÓGRAFO RAMOS
    • EL MÉDICO PENA
    • CABADA VÁZQUEZ
    • MESTRE CANITROT
    • MANUEL EIRÍN CADAVID
    • ALFREDO DA QUEIXEIRA
    • PRIMO VILAS
    • VENTÍN CERVIÑO
    • ENCARNACIÓN PENELAS
    • COUCEIRO TABOADA
    • BENITO FERNÁNDEZ
    • LUIS FERRO
    • MANUEL FRAGOSO
    • MARIO OTERO
    • SUSI TAFALLA
    • IRMÁS PORTO
    • IRMÁNS CONSTENLA
  • SITIOS
    • IGLESIA PARROQUIAL
    • CAPILLA A GRELA
    • CAPILLA SAN BLAS
    • ERMITA SAN ROQUE
    • CASTRO das CERCAS
    • CASTRO de MARCENLOS
    • CASTRO de TROCASTELLO
    • PAZO DE MONTEAGUDO
    • CRUZ DE A GRELA
    • CRUCEIRO DA ANSÁN
    • RÍOS
    • FERVENZAS AS QUINTAS
    • MOLINOS
    • FUENTES
    • FÁBRICA DE LUZ
    • RELOJES DE SOL
    • CARBALLEIRA DA FEIRA
    • PRESA DE LEIRA
    • A PONTE do CASTELO
    • CRUCEIROS
  • INFORMES
    • ARTE RUPESTRE
    • OS CASTROS
    • NOTICIAS SEN DATAR
    • CRONOLOGÍA MONASTERIO
    • CAMINO DE SANTIAGO
    • CRONOLOGÍA CAMINO
    • HISTÓRICO SACERDOTES
    • 1619 REPARACIÓN IGLESIA
    • 1752 CATASTRO ENSENADA
    • 1933 SINDICATO AGRÍCOLA
    • 1951 SAN MAURO
    • 1953 O CINE PROGRESO
    • 1975 ROMÁNICO (Saa Bravo)
    • AS CAMPÁS
    • ROMERÍA A GRELA
    • EL CULTO A LAS FUENTES
    • LOS VIEJOS AUTOBUSES
    • CANTARES POPULARES
    • 1948-1968 EL CUARTEL
    • A RAPA DAS BESTAS
    • IMPACTO PARCELARIA
    • EVOLUCIÓN POBLACIÓN
    • A FEIRA DOS CANS
    • O Ceibo
    • O MENHIR DA CASADEABAIXO
    • DATOS DE LA PARROQUIA
  • MÁIS DATOS
    • RUTA SENDERISMO
    • MAPA TURÍSTICO
    • FIESTAS
    • FERIAS
    • Asoc. de MULLERES
    • PARCELARIA
    • PXOM – PLAN XERAL
    • FAUNA
    • CULEBRAS E VÍBORAS
    • COTO DE PESCA
    • PUNTO LIMPIO
    • TELÉFONOS INTERÉS
    • LIBRO Y FORO
    • BIBLIOGRAFÍA
    • COLABORAN
  • NOTICIAS

Abadesas do mosteiro de Codeseda

Publicado el 10.03.21 por Codeseda.com

As primeiras noticias que temos sobre o mosteiro feminino datan do ano 914, nun documento de Sisnando I, Obispo de Iria.

En maio de 1124 o Rei de Galiza don Alfonso Raimúndez, que contaba 19 anos, foi armado cabaleiro polo arcebispo Xelmírez bendecindo as armas perante o altar de Santiago da catedral de Compostela. Tras esta cerimonia o Rei armou cabaleiros a varios nobres, entre eles a Munio Pérez Tacón, a quen seis días despois fai doazón do mosteiro de San Xurxo de Augas Santas ou de Codeseda.

Existe moi pouca documentación sobre este mosteiro feminino de Codeseda, porén, temos citas das abadesas en bulas, privilexios reais e no inventario do mosteiro confeccionado no ano 1419. Así por exemplo, temos noticia de Urraca Múñiz, que vivía en Codeseda coa súa nai no ano 1170. Tamén de Sancha Pérez, Mayor Ibáñez e María Alfonso, que foi abadesa despois do ano 1377. E por último temos o nome da última abadesa deste mosteiro, que foi Teresa Ares, citada na bula do pontífice Bieito XIII, expedida en marzo de 1411, na que se confirma a anexión deste mosteiro ao cabido de Compostela. A incorporación fíxose necesaria pois tan só permanecían no mosteiro a monxa Inés Rodríguez e Teresa Ares como abadesa, que –segundo se di– por incuria e neglixencia dilapidaron os bens monásticos.

iglesia-romanico-abside

A partir desta data o cabido da catedral de Santiago forma unha tenencia coas parroquias de San Xurxo de Codeseda, San Xoán de Liripio e San Lourenzo de Sabucedo. Un personaxe que levou esta tenencia consta nunha inscrición que hai no muro da igrexa de Codeseda –atopada por Jorge Fernández e Carlos da Barreira, membros da asociación Codeseda Viva– e de quen tamén temos un documento cun contrato co mestre canteiro Gregorio de Matalobos para obras de consolidación e reparación de dita igrexa. Trátase do cóengo Juan Rodríguez de Ponte, considerado erroneamente en moitos estudios como devanceiro do liberador Simón Bolívar.

Epígrafe gravado

O motivo que nos leva á publicación deste artigo é unha abadesa, que a pesar de non figurar en ningún documento, si o está (ou estaba) nun epígrafe gravado en dúas pedras do moi antigo e desaparecido mosteiro de Codeseda pertencente á orde beneditina. Para iso contamos coa interpretación do cardeal Jerónimo del Hoyo do ano 1607 no seu informe Memorias del Arzobispado de Santiago, no que di sobre a igrexa de Codeseda:

“(…) haber sido esta iglesia monasterio de monjas por unas letras que están escritas en dos piedras, junto a la puerta colateral de la Epístola, que dicen así:

ABBADESSA MA RIANA. FERN: NOTA. BOCABAR. MUNIO. EST. QUE. LAPIS. ISTE. MICHI. InRUIE. DEUM.COLIE DAT FERNAM. ERA M.CC.II.ZQD: VII: kls:IVNII:…”.

Por esta inscrición podemos deducir que Mariana Fernández era abadesa no ano 1164, sendo así a primeira abadesa que con nome e apelido aparece citada como rexedora do mosteiro de Aguas Santas de San Jorge de Codeseda. A igrexa foi rehabilitada en varias ocasións e estas dúas pedras polo de agora non están localizadas. Hai máis pedras con epígrafes que fan referencia ao antigo mosteiro feminino de Codeseda e que hoxe se atopan espalladas compoñendo distintos muros da igrexa de San Xurxo de Codeseda. A asociación Codeseda Viva está a recuperalas, para un mellor coñecemento deste monumento histórico.

Texto de Luís Ferro

Categorias: Ano 2021, Camino peregrinos, Iglesia y antiguo monasterio, Investigación histórica

sidebar

Blog Sidebar

Noticias recientes

  • Denuncian el abandono del Camiño da Geira e dos Arrieiros por parte del Concello de Forcarei
  • Un peregrino contra viento y marea
  • Templarios da Geira no Obradoiro

Temas

  • _Últimas noticias (29)
  • 1835 a 1864 (3)
  • 1928 a 1936 (16)
  • Ano 2002 (14)
  • Ano 2003 (24)
  • Ano 2004 (21)
  • Ano 2005 (20)
  • Ano 2006 (36)
  • Año 2007 (10)
  • Año 2008 (31)
  • Ano 2009 (34)
  • Ano 2010 (10)
  • Ano 2011 (16)
  • Ano 2012 (15)
  • Ano 2013 (18)
  • Año 2014 (15)
  • Ano 2015 (24)
  • Ano 2016 (53)
  • Ano 2017 (43)
  • Ano 2018 (48)
  • Ano 2019 (41)
  • Ano 2020 (23)
  • Ano 2021 (40)
  • Ano 2022 (35)
  • Asoc. de Mulleres (5)
  • Camino peregrinos (91)
  • Celebraciones (135)
  • Centro Médico (15)
  • Colegio (51)
  • Concentración parcelaria (25)
  • Iglesia y antiguo monasterio (16)
  • Internet (12)
  • Investigación histórica (19)
  • Obras (74)
  • Prehistoria (9)
  • Ruta Senderismo (33)
  • Sector agrario (26)
  • Sucesos y notificaciones (81)
  • Traída de agua (40)
banner-960x90

 Páxina xestionada pola Asociación Codeseda Viva

Aviso Legal

  • Sitios para visitar
  • FOTOS ANTIGUAS
  • RUTA Senderismo
  • CONTACTO

 Asociación Codeseda Viva - A Estrada - Pontevedra - Galicia -----------------

Este sitio usa cookies para mejorar la experiencia de usuario.
Al continuar navegando por esta web aceptas el uso de cookies. Aceptar Leer más
Privacidad & Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR