Diario Oficial de Galicia xoves, 1 de febreiro de 2007
Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.
Enderezo: Pza. da Constitución, 1, CP 36680
Obxecto: limpeza do colexio e polideportivo en Codeseda e O Foxo.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
Nº de expediente: 31.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
Orzamento base de licitación: 36.179,19 euros anuais, correspondentes a Codeseda e polideportivo 17.950,47 A e Colexio do Foxo e polideportivo 18.228,72.
Garantías: fianza provisoria: 723,58 A. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
Empresas licitadoras: persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e xustifiquen a solvencia económica e financeira e demais requisitos establecidos no prego de condicións. Documentación que hai que presentar: 2 sobres. Sobre A: coa documentación; sobre B: oferta económica. Clasificación do contratista: non se exixe.
Presentación de propostas: no rexistro xeral das 9.00 ás 14.00 horas durante o prazo de 15 días naturais contados a partir da última publicación do anuncio no DOG ou EOP.
Data límite para solicitar documentación: ata o día anterior ao último de presentación de plicas.
Apertura de plicas: terá lugar ás 10.30 horas do terceiro día hábil seguinte ao remate do prazo sinalado para a presentación de plicas.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Información: pregos íntegros en www.aestrada.com> O CONCELLO > Atención ao cidadán > Contratacións e pregos de condicións, ou na secretaría xeral do concello. Prego de prescricións técnicas, ver en secretaría ou preguntar para copias no teléfono do concello.
A Estrada, 4 de xaneiro de 2007.
Ramón Campos Durán
Alcalde