A Xunta de Galicia está elaborando un Catálogo das Paisaxes de Galicia. Codeseda queda integrada na Unidade de Paisaxe «Terra de Montes-Alto Lérez».
Este catálogo delimita as grandes áreas paisaxísticas de Galicia, identifica os tipos de paisaxes existentes en cada unha e as súas características diferenciais.

Catalogo da Paisaxe de Galicia – Formacións e árbores senlleiras
Dentro do apartado de formacións e árbores senlleiras, na que o Catálogo solo recolle o abeto branco de Carballal (Arca), a asociación Codeseda Viva xa solicitou a inclusión da Carballeira da Feira, en A Sagrada (Codeseda), que é un lugar moi representativo e contén numerosos carballos centenarios.
Aquí podes ver o resto do Catálogo da Paisaxe de Galicia no que se refire a Codeseda.