O Camiño da Geira e dos Arrieiros está vivindo un impulso descoñecido co final das restricións aparelladas á pandemia. Codeseda, un dos puntos centrais da ruta xacobea, recibiu a semana pasada ao peregrino número 500 que transita por esta vía. Así ata chegar aos 513 cos que iniciaron a semana na poboación estradense.
Datos excelentes que demostran o potencial da Geira, que nestes momentos supera con fartura os números do pasado verán. A estas alturas hai un ano o número de peregrinos era de 244, duplicando na actualidade eses rexistros.
Os camiñantes que romperon a barreira simbólica dos 500 foron tres ciclistas portugueses procedentes de Braga: Romeo, Jorge e Helder. Remarcan desde a asociación que, aínda que reciben a moitos peregrinos de España e Galicia, unha gran cantidade deles veñen doutros países de Europa.
Noticia de La Voz de Galicia del 05/07/2022