O Club de Cans de Familia ‘Só lles falta falar’ de Santiago veu a recorrer parte da ruta de sendeirismo o domingo 29 de xaneiro.
O día de forte choiva que lles tocou seguro que fixo que algún dono o pensara dúas veces antes de botarse a andar. Por parte dos cans estamos seguros que ningún o dudou moito.
O Club de cans de familia “Só lles falta falar” xa leva máis de 8 anos de actividade e o seu obxetivo é fomentar a tenza responsable de cans e a súa plena integración na sociedade.
Habitualmente organiza diversas actividades: andainas cos cans, charlas formativas e visitas a centros nos que os cans desenvolven unha función de soporte terapeútico.
“Só lles falta falar” móstrase partidario de que os cans que estean debidamente socializados poidan ser distinguidos co «disco verde», e poidan desfrutar de certos privilexios como acceso aos edificios públicos ou ós medios de transporte.
No seu recorrido por Codeseda sairon de A Sagrada polo trazado da ruta de sendeirismo e foron en dirección a As Quintas. Pasaron pola fervenza, que para estas alturas do ano ainda leva moi pouco caudal, e despois foron polas pistas da parcelaria ata a Ponte de Campos, onde voltaron a enlazar co #reto.
Pola beira do regato de Fontefría foron ata Fragoso e logo hacia Souto, baixando cara a zona da Zapateira, xa no río Umia. Despois subiron varios kilómetros polo río pasando polo refuxio de Abragán, A Sieira e Filgueiras. Na zona da Ponte da Pedra abandonaron o río e voltaron ó punto de inicio por Filgueiras e Fontenlo.
Para tod@s @s que queiran descubrir un pouco máis as interesantes actividades do clube, poden visitar a súa web en https://sollesfaltafalar.wordpress.com/