Página 2

Grandes e solemnísimas festas adicará o grorioso
SAN MAURO
a villa de Codeseda nos días 14 e 15 de xaneiro de 1930
Día 14. Acretadas bandas da música e famosos gaiteiros percorrerán neste día as rúas interpretando escollidas pezas e anunciando de tal xeito o comezo das festas. Foguetes e bombas «de tres estalos» racharán o espazo; e, no antrelusco e fusco dos dous días, o adoitado fogo de lucería no que o afamado fogueteiro de Vedra señor Gaiteiro ensayará caprichosas novedás, arrancaralle á xente verbas de loubanza e de ademiración.
Pola noitiña, celebraránse na igrexa Solemnes Vísporas en honor do Santo.
Día . De mañanciña, espertará a xente o estrondar dun bó feixe de bombas de palenque. Un alongado repeniqueo de campás será a siñal pra dar comenzo as misas rezadas. polas doce, escomezará a Solemne, na que unha escolma de axeitadas voces, onde entrarán elementos vidos adrede de Santiago, interpretará a Misa de Angelis, con acompañamento do magnífico armonium-órgano, propiedade da parroquia de Codeseda.
O coñecido e loubado orador sagro doctor don Santiago Fernández García ten a seu carrego o sermón nesta grande solemnidade.
Finada a Misa, formarase a procesión que recorrerá o camiño adoitado, pra tornar e recollerse. Levará o estandarte o Presidente da comisión de festas, don Manuel Graña Gómez.
Pola tarde, verificarase a ceremonia de impór a todo-los devotos a imaxe do Santo e recolleranse, de camiño, os ex-votos e esmolas ofrecidas.
Ás catro terá lugar un concurso de bailes rexionás, onde o xurado, denantes desinado, otorgará un único premio a parexa que, a usanza rexional ataviada, millor baile a muiñeira. Despois haberá á cucañas, carreiras de sacos, de ostáculos etc., e outra mancha de cousas, que te han de agradar de sobremaneira.
Dende as oito da noite gran verbena, na que o xentío poderá ademirar a artística iluminación eléctrica, que corre a cárrego do coñecido industrial e dono da fábrica que suministra enerxía pra o alumbrado da vila e das aldeas aveiradas, D. Xoan Vilas Filloy.
Queimaráse gran cantidade de fogo de lucería e de artificio: rodas, ramas caprichos, monfates etcétera, a mais da elevación de globos de diferentes tamaños e figuras maxinarias.
A COMISIÓN
Codeseda, 1 de xaneiro de 1930.
