O Museo Manuel Reimóndez Portela da Estrada activou onte o seu novo arquivo sonoro, un fondo que pode consultarse a través da páxina web da entidade (www.museo.aestrada.com) e que xa atesoura 51 programas da emisora Radio Estrada gravados hai 20 anos e centrados no rural do municipio.
Sobre a parroquia de Codeseda fai a introducción Perfecto Sangiao e a entrevista e lectura Pepe Rodríguez. Os entrevistados foron ALFREDO SILVA como Alcalde de Barrio, JOSÉ MIGUEL PORTA como presidente da Sociedade de Cazadores e os gandeiros JOSÉ BASTEIRO e JOSÉ PORTA.
A iniciativa xurdiu de Pedro Pérez, colaborador de Radio Estrada en espazos de cinema e televisión. O xerente do museo, Juan Andrés Fernández, recoñeceu a ilusión que supón para a entidade recuperar esta parte do patrimonio inmaterial estradense, ao que o edil de Cultura, Juan Constenla, referiuse como «un documento da vida dos nosos veciños e veciñas» que quedará para a posteridade.
Na presentación deste arquivo sonoro estivo tamén presente Perfecto Sangiao, condutor no seu día de Ou Faladoiro. Explicou que el solicitou as copias en casete destas emisións para tratar de preservalas, aínda que recoñeceu que non era a súa intención destinalas ao fin divulgativo que agora alcanzan. Sangiao lembrou que o programa realizado coas 51 parroquias da Estrada propuña, a través da participación de alcaldes de barrio e outras voces representativas de cada zona, facer unha radiografía de como era cada parroquia estradense: de que vivían, que industrias tiñan, que centros culturais había; cando eran as súas festas; que entretementos había para a mocidade e os maiores, que ofrecían aos visitantes ou cales eran as súas principais necesidades.
Texto basado en noticias da Voz de Galicia e Faro de Vigo