O Concello de A Estrada empezou os traballos de sinalización da ruta de sendeirismo que, durante 30 kms. irá desde Codeseda hacia Souto, despois varios kilómetros río Umia arriba, Marcenlos, Trabadela, A Grela, Vilaboa, o curro da Rapa das Bestas de Sabucedo, o Monte do Peón e voltará a Codeseda baixando por As Quintas.
Os traballos estaban planificados para empezar fai unhas semanas, pero a gran cantidade de días de chuvia que tuvemos esta primavera obligaron a retrasar as labores de marcado e desbroce.
Señales homologadas pola Federación de Montaña coas que será marcado o trazado da ruta de sendeirismo Codeseda – Sabucedo Rapa das Bestas – Codeseda.
Pola súa distancia de 30 kms. en formato circular correspóndenlle as cores amarillas e blancas, por entrar na clasificación de Sendeiros de Pequeno Recorrido (PR), que son os que teñen entre 10 e 50 km e pueden ser realizados nunha ou dúas xornadas.