Codeseda celebrará o vindeiro luns, día 15, a súa tradicional feira de verán, na contorna da carballeira da Sagrada. Será durante a xornada de mañá. Haberá un mercadillo con postos de venda de todo tipo e tamén servizo de pulpería e churrasquería, para os que se queiran quedar a xantar na localidade.